Esta actitude da Xunta do Partido Popular pon en xaque a un grande número de explotacións, especialmente a aquelas que optaron por un modelo máis sustentábel e respeitoso co medio ambiente, e a aquelas situadas en zonas de montaña ou desfavorecidas. Estes retallamentos afectan tamén a servizos básicos para o rural, como o coidado de maiores, as escolas rurais ou as brigadas de prevención de lumes artelladas desde as comunidades de montes.
Compostela, 4 de agosto de 2011.- Perto dun cento de gandeiros e gandeiras de distintas comarcas da Galiza, asi como distintos axentes sociais vencellados ao rural galego, deron-se cita na mañá de onte para protestar diante daXunta pola política de marxinación do rural que está levando a cabo o PP de Galiza con Feixó e Juarez à cabeza. En nome dunha suposta “austeridade” está-se a facer desaparecer ou simplemente descapitalizar distintas liñas de axuda imprescindíbeis para a pervivéncia do noso medio rural. Noutros casos, partidas xá aprovadas e mesmo comunicadas aos e às beneficiárias das mesmas son inxustificadamente reducidas, sen que a Consellaria informe de onde están indo a parar eses cartos, a sua meirande parte procedentes da UE. Ao final da concentración ,e tras a intervención do Presidente da FRUGA procedeu-se a rexistrar o escrito que a continuación reproducimos, dirixido ao Presidente da Xunta
Ler mais