II Festa da Sidra na Eira da Xoana

Será este sábado, a partir das 10 da mañá

Compostela, 15 de outubro de 2013.- O vindeiro sábado terá lugar en Ramil, Agolada a II Festa da Sidra, actividade que ten por obxectivo popularizar a obtención e consumo da sidra, bebida tradicional galega que pouco a pouco volta recuperar o seu espazo nas nosas mesas e celebracións, logo de anos de reclusión nunhas poucas casas e lugares do País.

ADEGA e FRUGA voltan celebrar esta xornada lúdico-formativa na que ademais de elaborar este produto haberá espazo para aprender un pouco mais sobre as nosas variedades de mazás e o seu cultivo, ademais de como ponto de encontro e de intercambio de coñecementos para todas aquelas persoas que por Galiza adiante están a elaborar sidra ou teñen interese en comezar a fecela.

Ler mais

Xornadas Técnicas da AGV: viños do Barbanza-Iria

Compostela, 30 de agosto de 2013.- A Asociación Galega de Viticultura- FRUGA presenta unha Xornada de Análise e Debate sobre os Viños do Barbanza-Iria e que forma parte dun ciclo que durante o mes de agosto e que ten tamén lugar en Chantada, Monterrei e Vilmartín de Valdeorras. Estas Xornadas abordarán as produccións de calidade diferenciada como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que os ciclos económicos impoñen, e centrandose na bisbarra arousán da IXP de Barbanza-Iria. A tradición vitícola francesa ten estendido o concepto de terroir, referido a un espazo de aptitude vitícola que xera un potencial de viños direnciado en base a unha dimensión física (xeoloxía, orientación e clima) e unha dimensión cultural (castes, prácticas e tradicións de cultivo). Esta diferenciación da un significado intanxible ás botellas de viño que viaxan polo mundo adiante como potente vector cultural dun territorio ou bisbarra, da súa identidade histórica e cultural, da súa economía, e do seu atractivo turístico.

Ler mais

Xornada de análise e debate: O valor da terra: mercado, turismo, paisaxe e patrimonio, desta volta en Valdeorras

As Xornadas Técnicas da AGV-FRUGA desplázanse a Valdeorras este xoves, seguindo o seu itinerário polas distintas bisbarras vitivinícolas da Galiza

Compostela, 21 de agosto de 2013.- A Asociación Galega de Viticultura presenta unha Xornada de Análise e Debate sobre o Valor da terra: mercado, turismo, paisaxe e patrimomio, e que forma parte dun ciclo que durante o mes de agosto e que ten tamén lugar en Chantada, Monterrei e a Pobra do Caramiñal. Estas Xornadas abordarán as produccións de calidade diferenciada como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que os ciclos económicos impoñen. A tradición vitícola francesa ten estendido o concepto de terroir, referido a un espazo de aptitude vitícola que xera un potencial de viños direnciado en base a unha dimensión física (xeoloxía, orientación e clima) e unha dimensión cultural (castes, prácticas e tradicións de cultivo). Esta diferenciación da un significado intanxible ás botellas de viño que viaxan polo mundo adiante como potente vector cultural dun territorio ou bisbarra, da súa identidade histórica e cultural, da súa economía, e do seu atractivo turístico.

Ler mais

“Proba e Saborea do Noso” en Vigo, 23 e 24 de agosto

 

PROGRAMA

DÍA 23 VENRES

Coloquio-Cata de viños no Café Bar La Negrita (Rúa Velazquez Moreno 37b)

19:30 horas Coloquio: Diálogos sobre a expansión dos nosos sabores acó e aló

Vitor Vaqueiro. Escritor
Xosé Carballido Funcionario da Consellería do Medio Rural e do Mar e membro da Asociación Galega de Catadores
Raúl Fontán Fontán. Xerente do Centro Comercial Aberto Zona Centro de Vigo
Javier Piñeiro. Xerente da Adega Eidosela en Arbo da DO Rías Baixas

Ler mais

Xornada técnica sobre viticultura: Enoturismo e desenvolvemento sostíbel

Será este o 10 de agosto en Chantada, mas terá continuidade noutras xornadas a desenvolver polo País adiante

Compostela, 8 de agosto de 2013.-  A Asociación Galega de Viticultura presenta unha Xornada de Análise e Debate sobre Enoturismo e Desenvolvemento Sostible que baixo o Epígrafe de Xornadas Técnicas de Viticultura como parte dun ciclo que, durante o mes de agosto, ten continuidade en Monterrei, A Rúa de Valdeorras e a Pobra do Caramiñal. Estas Xornadas abordarán as produccións como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que os ciclos económicos impoñen. O desenvolvemento sostible xurde como concepto teórico nos anos 90, palabras que soaban ben na percepción intranquila dunha crise ecolóxica que sumou logo unha crise económica e tamén social, se callar a mesma crise con diferentes nomes. As Denominacións de Orixe puxeron as produccións autóctonas en destaque, mais que hai detrás dunha botellas de viño ou unha peza de queixo?.. ou que hai detras dun establecemento de turismo rural?

Ler mais