Explicarán ao consumidor que a suba do prezo que está a pagar, non repercute en beneficio do gandeiro
Santiago, 27 de novembro de 2015.- A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego quere trasladar á cidadanía que o único que conseguiu na xuntanza coa conselleira de Medio Rural foron promesas. “Ánxeles Vázquez comprometeuse a mirar pola axilización do acordo de Madrid, logo de transmitirlle a nosa preocupación por non ter obtido aínda ningún resultado práctico do citado documento. Tamén falou de facer unha comisión de seguimento do acordo, tal e como lle pedimos, que serviría como base para elaborar un plan estratéxico do sector lácteo. Pero de momento son só iso: promesas”.