Medidas estruturais e actuacións a curto prazo deben ser combinadas para baixar o censo de xabarín e poñer freo á desfeita que está facendo a fauna salvaxe no agro galego.
Lugo 2 de outubro de 2013. – Nos últimos tempos as explotacións agrarias galegas e en xeral todo o campo galego está sufrindo cada vez máis intensamente danos ocasionados pola fauna salvaxe,
Horticultura
Outono de cursos e cogumelos en Lugo

Usos alternativos e sustentabilidade, pezas fundamentais para o desenvolvimento dunha actividade agraria de futuro e con futuro
Lugo, 7 de novembro de 2012.- O mes de outubro foi especialmente prolífico no que a actividades formativas se refire na Montaña e Centro de Lugo. Con un carácter fundamentalmente prático e o obxectivo de fomentar a sustentabilidade das nosas actividades agrogandeiras, celebráronse nada menos que catro cursos con numerosa e animada presencia de homes e mulleres do rural comprometid@s con outra forma de agricultura e outros usos dos nosos montes.
A FRUGA concéntrase diante da Xunta para denunciar o veto ás nosas candidaturas no proceso de renovación dos Consellos Reguladores
No trascurso da protesta solicitouse no Rexistro da Xunta unha entrevista co Presidente da Xunta Electoral para coñecer de primeira mao o motivo da nosa exclusión
Nas portas da Xunta os candidatos e candidatas excluídos amosaron a súa indignación con unha decisión que pon en cuestión todo o proceso electoral
Compostela, 23 de maio de 2012.- O pasado dia 28 de febreiro, a Consellería do Medio Rural e do Mar, publicou a Orde de 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario.
Presentadas as candidaturas aos Consellos Reguladores de Ourense
As distintas denominación s de orixe no viño e na pataca contarán con candidatos e candidatas da FRUGA
Ourense, 8 de maio de 2012.- Nas últimas xornadas estanse a presentar as distintas candidaturas da FRUGA aos procesos electorais abertos nas distintas DOs e IXPs da Galiza. Desta volta tócalle às localizadas en Ourense. Así a FRUGA concorrerá na IXP Pataca da Galiza coa lista encabezada por Xosé Antonio Fernández Fernández, de Xunqueira de Ambia, seguido por Xosé Manuel Conde Gómez e Anxel Suárez Vázquez, ambos de Xinzo da Lima. Como suplentes figuran Urbano Diaz Quintas, de Sandiás, e Maria del Rosario Fernández Enriquez, de Xinzo de Limia.
Presentadas en Lugo as primeiras candidaturas da FRUGA aos Consellos Reguladores

Trátase dos primeiros comicios nos que participará a nosa Organización.
Os membros do Consello Regulador de “Terneira Galega” impiden a celebración de eleccións libres para a renovación do propio órgano impugnando a lista da FRUGA
Con esta impugnación en “Terneira Galega”, téntase despexar o camiño para que se repartan os asentos do consello regulador e que tampouco haxa eleccións desta vez.
Lugo, 4 de maio de 2012.– En febreiro deste ano, publicouse a convocatoria de eleccións para o mes de xuño de 2012 para a renovación dos órganos de dirección dos consellos reguladores de ámbito agroalimentario de Galiza. A Federación Rural Galega-FRUGA, como organización constituída para a defensa dos sectores productivos agrarios galegos, presentou en prazo e forma as súas propias candidaturas nos consellos reguladores máis representativos do País.