FRUGA alerta da intención de realizar fumigacións aéreas con agrotóxico na comarca da Barbanza

Manuel Castro e Xose Manuel Casal, membros da Xunta Diretiva da FRUGA.

O anuncio da posibilidade de realizar este tipo de fumigacións no concello de Porto do Son puxo en alerta aos apicultores e apicultoras da comarca

Noia, 20 de abril de 2012. No día de hoxe, Xose Manuel Casal, presidente de Montegal e Manuel Castro, os dous membros da Xunta Directiva de FRUGA, celebraron unha rolda de prensa na vila de Noia para dar conta dos riscos que ocasionarían as fumigacións aéreas que contra o gurgullo do eucalipto se intentan desenvolver na comarca da Barbanza.

Sinalaron a perigosidade do produto co que se pretende fumigar por vía aérea, o flufenoxuron, de feito a previsión da UE era que a estas alturas xa estivera prohibido, mais aplicaron un ano de moratoria na súa prohibición, polo que todo parece indicar que as empresas con stocks de este agrotóxico están moi interesadas en colocalo, aínda que sexa a baixo prezo, pois cando remate a moratoria terían que levalo a un xestor autorizado e pagar por elo.

Ler mais

PRESENTADO O CONTENCIOSO CONTRA A DECLARACIÓN DA ZEPA DA LIMIA

Presentouse un extenso informe que desaconsella a declaración de Zona de Especial Proteción de Aves no emprazamento escollido pola Administración. A Xunta segue sen querer escoitar as demandas das comunidades de regantes, que ven perigar o futuro da sua actividade. Ourense, 16 de decembro de 2010.- O pasado día 3 de novembro Xurxo Álvarez Presidente … Ler mais