FRUGA E BNG REUNEN-SE PARA ANALISAR A SITUACIÓN DE “ALIMENTOS LÁCTEOS” E COINCIDEN EN DENUNCIAR A PENOSA XESTIÓN DA INICIATIVA AUSPICIADA POLO PARTIDO POPULAR.

Tareixa Paz, portavoz de agricultura do BNG, e Manuel Da Cal, Coordenador Xeral da FRUGA, na comparecéncia de prensa de hoxe

FRUGA foi a primeira organización agraria en denunciar a manobra orquestrada desde a Xunta do PP para descabezar a iniciativa liderada por FEIRACO e entregar-lle a factoria de Outeiro de Rei a Eugenio Montero, presidente de “La Arzuana” e tenente de alcalde do PP en Touro.

Alimentos Lácteos arrastraba perdas de 3,5 millons de Euros ao peche de 2010.

A 31 de decembro tiña devedas de 13 millons con proveedores/as e acreedores/as, entre os que se atopan as próprias cooperativas que fan parte do proxecto.

Compostela, 5 de outubro de 2011.- Tal e como vaticinaba FRUGA hai agora case dous anos, a manobra do Partido Popular para  descabezar a iniciativa de FEIRACO e dun número importante de cooperativas do País, e que ben poderia desembocar na criazón do Grupo Lácteo Galego, está a levar à bancarrota à pranta de Outeiro de Rei e con ela às cooperativas que ainda se resisten a abandonar o proxecto empresarial liderado polo “popular” Eugenio Montero, home de confianza de Romay Beccaria. Precisamente son as cooperativas e con elas os seus sócios e sócias produtores de leite os principais damnificados/as por unha pésima xestión que fai que se lles adeveden 13 millons de euros. 

Ler mais

REPRESENTANTES DA FEDERACIÓN RURAL GALEGA-FRUGA, CIG, ORGANIZACIÓN GALEGA DE MONTES EN MAN COMÚN E ADEGA MANIFESTAN O SEU REXEITAMENTO AO RASCUÑO DE LEI DE MONTES DE GALIZA E PARA PEDIR QUE SE CONSENSÚE O TEXTO.

Organización Galega de Montes en Man Común, Federación Rural Galega e Adega presentan conxuntamente máis de 70 alegacións a esta norma, algo que tamén fixo a CIG e 9 mancomunidades de montes ademáis de 60 comunidades de montes.

É a primeira vez que un rascuño sobre Lei de Montes recibe tantas alegacións.

 

Vigo, 30 de setembro de 2011.- O secretario confederal de Medio Ambiente da CIG, Anxo Pérez Carballo, considerou que de cara á aprobación dunha normativa sobre o monte galego, deberíase buscar o apoio da sociedade e de todos os grupos políticos parlamentarios.

Ler mais

FRUGA VEN DE PARTICIPAR NO “1º CONGRESSO EUROPEU DAS ÁREAS COMUNITÁRIAS” CELEBRADO EN VILA REAL – PORTUGAL.

Este congreso, celebrado os días 23, 24 e 25 de setembro, estivo organizado pola BALADI en colaboración coa Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Mao Común (ORGACCMM).

A BALADI é a Federación Nacional dos Baldios, que reúne 8 asociacións de Baldios do centro e norte de Portugal, por ser nesta área onde se encontran a maioria dos terreo de propiedade comunal.

Compostela, 27 de setembro de 2011.- A característica fundamental desta forma de propiedade é que esta se atribuie á comunidade veciñal (comuneiros-as na Galiza e compartes en Portugal) sen atribución de cotas. O único requsito para usufruir os direitos da propriedade comunal é ser veciño ou veciña. Este tipo de propiedade definese como de origen Germánica. Na Galiza receiben o nome de Montes Veciñais e en Portugal de Baldios. 

Ler mais

FRUGA SOLICITA ENTREVISTARSE CON JUÁREZ PARA ABORDAR A SITUACIÓN DE ALIMENTOS LÁCTEOS

Cartóns de "Deleite" ofertados en supermercados por baixo do coste de produción, situación denunciada no seu dia pola FRUGA.

O conselleiro ten que dar explicacións sobre a situación da pranta de Outeiro de Rei, logo da sua activa participación na constitución de “Alimentos Lacteos” e o apoio económico da Xunta.

Esta solicitude de entrevista é un dos acordos adoptados na Asembleia do Sector Lácteo celebrada en Silleda o pasado 26 de agosto

Lugo, 23 de setembro de 2011.- No dia de onte apresentou-se no rexistro central da Xunta a solicitude de entrevista coa que FRUGA pretende coñecer de primeira mao a situación económica real da empresa auspiciada pola Xunta, asi como as suas perspectivas de futuro. Podes ler o documento achegado ao conselleiro a continuación: 

Ler mais

FRUGA APRESENTA AS SUAS ALEGACIÓNS AO CANON DA AUGA

Coa posta en marcha deste “imposto”, o PP afonda na sua política recadadora entre as clases mais populares e  traballadoras da Galiza.

Compostela, 23 de setembro de 2011.- Desde que tivemos coñecemento e acceso à nova normativa que en materia de xestión das augas estaba a elaborar o PP, a FRUGA amosou o seu rexeitamento a un texto que contén como novidade o gravame impositivo das traidas e pozos veciñais e particulares. Podes acceder as alegacións apresentadas a continuación:

Ler mais