FRUGA DENÚNCIA DIANTE DA XUNTA OS CONTÍNUOS RETALLAMENTOS NAS AXUDAS AO RURAL GALEGO

 

Esta actitude da Xunta do Partido Popular pon en xaque a un grande número de explotacións, especialmente a aquelas que optaron por un modelo máis sustentábel e respeitoso co medio ambiente, e a aquelas situadas en zonas de montaña ou desfavorecidas. Estes retallamentos afectan tamén a servizos básicos para o rural, como o coidado de maiores, as escolas rurais ou as brigadas de prevención de lumes  artelladas desde as comunidades de montes.

Compostela, 4 de agosto de 2011.- Perto dun cento de gandeiros e gandeiras de distintas comarcas da Galiza, asi como distintos axentes sociais vencellados ao rural galego, deron-se cita na mañá de onte para protestar diante daXunta pola política de marxinación do rural que está levando a cabo o PP de Galiza con Feixó e Juarez à cabeza. En nome dunha suposta “austeridade” está-se a facer desaparecer ou simplemente descapitalizar distintas liñas de axuda imprescindíbeis para a pervivéncia do noso medio rural. Noutros casos, partidas xá aprovadas e mesmo comunicadas aos e às beneficiárias das mesmas son inxustificadamente reducidas, sen que a Consellaria informe de onde están indo a parar eses cartos, a sua meirande parte procedentes da UE. Ao final da concentración ,e tras a intervención do Presidente da FRUGA procedeu-se a rexistrar o escrito que a continuación reproducimos, dirixido ao Presidente da Xunta 

Ler mais

A FEDERACIÓN RURAL GALEGA-FRUGA DENUNCIA RECORTES NAS INDEMNIZACIÓNS COMPENSATORIAS (IC)

Na última campaña aprobada, as IC en zona de montaña reducíronse de media 220 euros, outras quedan totalmente excluídas   Lugo, 29 de xullo de 2011.- A Indemnización Compensatoria (IC) é unha axuda destinada a profesionais da agricultura en zonas defavoreciadas e con limitacións medioambientais específicas, teñen como obxectivo, entre outros, asegurar un uso continuado … Ler mais

FRUGA, ADEGA E A ORGANIZACIÓN GALEGA DE COMUNIDADADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAO COMUN APRESENTAN PUBLICAMENTE AS SUAS ALEGACIÓNS À LEI DE MONTES.

Os Presidentes da FRUGA e a OGCMVMC, Xurxo Álvarez e Xose Alfredo Pereira, no decorrer da rolda de prensa.

 

Pontevedra, 27 de xullo de 2011.- Na mañá de hoxe apresentou-se publicamente o documento que recolle as distintas achegas consensuadas entre propietários forestais, comuneiros e ecoloxistas ao anteproxecto de Lei que arestora está a redactar a Consellaria do Medio Rural. Podes consultar o texto íntegro a continuación.

Ler mais

A FEDERACIÓN RURAL GALEGA-FRUGA DEMANDA Á XUNTA DE GALICIA ORZAMENTO SUFICIENTE NAS AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLA FAUNA SALVAXE

Estes danos, que agravan a situación de crise que vive o sector agrario galego e dificultan a viabilidade de moitas explotacións agrarias, son este ano de especial intensidade Lugo, 18 de xullo de 2011.- Os danos da fauna salvaxe estanse a convertir nunha verdadeira lousa para as explotacións agrogandeiras galegas. De todos é sabido os … Ler mais