A instancia da Coordinadora “Eólica, así Non” a Fiscalía galega abre dilixencias de investigación polos cambios efectuados nas seccións do TSXGA.

Acorda inhibirse a favor da Fiscalía do Tribunal Supremo pola condición de aforadas das persoas denunciadas.

Galiza, luns 1 de xuño de 2026.- A Fiscalía Superior de Galiza vén de comunicar a varios membros da Coordinadora Eólica Así Non que abriu dilixencias de investigación preprocesual por presunto delicto de prevaricación diante dos cambios realizados recentemente nas Seccións do contencioso-administrativo do TSXG. Porén, tamén comunica que dá traslado das denuncias dos colectivos e da documentación á Fiscalía do Tribunal Supremo ao non poder investigar ás persoas denunciadas pola súa condición de aforadas ante a Sala Segunda do Supremo. Polo tanto, correspóndelle ao Alto tribunal do Estado continuar coa tramitación das dilixencias de investigación.

Ler mais

A Alianza Rural Galega reclama ao Consello Xeral do Poder Xudicial que inste ao T.S.X.G. a anular o traslado de xuíces do Contencioso por vulnerar os dereitos colectivos.

  • O traslado de xuíces e xuízas da Sección Terceira do Contencioso do TSXG vulnera o dereito das entidades recorrentes ao xuíz/xuíza predeterminado/a por Lei, e a doutrina do Tribunal Europeo en caso de que fose “forzoso”.
  • Un recente cambio “pola porta de atrás” das competencias da Sala do Contencioso do TSXG redunda no deterioro da imaxe pública e de imparcialidade do tribunal galego.
  • A Alianza Rural insta tamén á presidencia do TSXG a que inaplique a resolución do 12 de marzo pola que se dispón a modificación da composición da maxistratura da Sección Terceira.

Galiza, martes, 7 de abril de 2026.- A Alianza por un Rural Galego Vivo, conformada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), a Federación Rural Galega (FRUGA) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), vén de requirir á presidencia do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) que adopte as medidas que en dereito procedan para instar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a anular o traslado de maxistrados e maxistradas da Sección Terceira da Sala do Contencioso por vulnerar os dereitos das entidades recorrentes que defenden dereitos colectivos e que teñen litixios en curso en dita Sección.

Ler mais

CRISE DE PREZOS no leite galego: Se Galiza produce, somo a primeira potencia produtora do Estado español, Galiza ten de decidir.

FRUGA reclama-lle a Consellería do Medio Rural que convoque a Mesa do leite de Galiza.

Sarria, 18 de marzo de 2026. Nestes últimos días as explotacións leiteiras galegas estamos a recibir os novos contratos lácteos, que marcaran os prezos nos próximos meses. A maior parte dos contratos rematan a dia 31 de Marzo. Os novos contratos veñen cunhas condicións totalmente contraproducentes para as ganderías galegas.

Ler mais

O venres 13 de marzo tivo lugar a presentación da Plataforma Rural Galega – Foro do Sector Primaraio

Manifesto en contra da aplicación do tratado UE – MERCOSUR

A aplicación do acordo UE-MERCOSUR entraña unha gran ameaza para todo o tecido primario galego.

Os distintos sectores produtivos agropecuarios do país serán damnificados en maior ou menor medida pola implantación das diferentes cláusulas de liberalización arancelaria contempladas no acordo marco entre a UE e Arxentina, Brasil, Uruguai e Paraguai.

Ler mais

A Asociación Galega de Viticultura (AGV) apela á planificación da D.O. Rias Baixas e advirte dos riscos de ignorar a realidade do sector.

Non por producir mais se vai vender mais nen mellor”

Pontevedra, 10 de marzo de 2026.

Ante as recentes informacións sobre a posible conxelación das producións de uva na Denominación de Orixe Rías Baixas e a inquedanza que se xerou no sector, a AGV-FRUGA subliña a necesidade de basear as decisións na análise e nas estratexias a medio e longo prazo, evitando que o inmediato comprometa o futuro da Denominación de Orixe.

Ler mais