Posta de largo da nova Asociación Valdolimia.

Pontevedra, 25 de marzo de 2025.

O pasado sábado, a Biblioteca de Entrimo acolleu a presentación da nova Asociación de Viticultura Valdolimia, nun acto organizado pola Asociación Galega de Viticultura (AGV). Este novo colectivo nace coa vontade de impulsar a recuperación da viticultura na comarca do Val do Limia, unha zona que, a día de hoxe, segue pendente de obter un recoñecemento oficial dentro do sector vitivinícola galego.

Ler mais

A ASOCIACIÓN GALEGA DE VITICULTURA ORGANIZA UN EVENTO DE APOIO Á NOVA ASOCIACIÓN DE VITICULTURA DO VAL DO LIMIA.

En Barro, 6 de marzo do 2025.

A viticultura na zona do Val do Limia conta cunha tradición que se remonta á Baixa Idade Media, segundo recollen os estudos de Huetz de Lemps. Aínda hoxe se conserva a actividade vitivinícola da zona, e recentemente, en xaneiro deste ano, un grupo de viticultores e viticultoras decidiu fundar a Asociación de Viticultura do Val do Limia. O seu obxectivo a curto prazo é recuperar os antigos viñedos e impulsar novas iniciativas arredor do viño, empregando as castes autóctonas da zona. A longo prazo, a asociación traballará para conseguir o recoñecemento da zona como Indicación Xeográfica Protexida (IXP).

Ler mais

A FRUGA REITERA A SUA OPOSICIÓN AO MODELO AGRO-INDUSTRIAL NA GALIZA

O recente caso destapado na Terra Cha seria a punta do iceberg.

A alfombra vermella posta a disposición oda agro-industria por parte da Xunta contrasta coa dificultade de continuar ou emprender iniciativas agraria e socialmente sustentábeis por parte dos labregos e as labregas.

Lugo, 29 de xaneiro de 2025.- Tras a recente inspección laboral e policial desenvolvida na Galiza, co resultado e tres persoas investigadas e o achádego de mais de oitenta xornaleiros e xornaleiras sometidas a explotación laboral, desde a FRUGA non podemos mais que reiterar a nosa repulsa a un fenómeno que cada vez, se non se lle pon xa couto, vai ser mais habitual na nosa terra.

Ler mais

AS AXUDAS Á CONSERVACIÓN DA PAISAXE NA RIBEIRA SACRA NON SON A SOLUCIÓN Á CRISE.

A Xunta da Galiza opta por medidas cosméticas en vez de por medidas efectivas que garantan o futuro das persoas viticultoras da Ribeira Sacra, reducindo a actividade vitícola a un decorado.

Barro, 9 de xaneiro de 2025. Se en outubro a Xunta de Galiza publicou unha Orde de Axudas para a destilación de crise, tirando polo chan o prestixio da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, o 30 de decembro publicou a tamén anunciada Orde de Axudas para a conservación do contorno paisaxístico da Ribeira Sacra. Na exposición de motivos, a Orde expresa a que lle outorga importancia a Xunta de Galiza: a que no 2026 se avalía a Ribeira Sacra para ser declarada patrimonio mundial pola UNESCO e á relevancia que ten iso para o turismo, reducindo o cultivo da vide a unha contribución “moi significativa á singularidade paisaxística desta zona”, deixando en segundo lugar a actividade vitivinícola é un sector económico fundamental, sustento da poboación que vive na zona. En resumo, e dito en poucas palabras, para a Xunta de Galiza, a Ribeira Sacra é unha paisaxe, e a actividade vitivinícola, pouco máis que un decorado.

Ler mais

A XUNTA DE GALIZA OFRECE AXUDAS QUE VAN EN CONTRA DA VITICULTURA GALEGA.

Desde a Xunta de Galiza fomenta-se o desembarco de grandes grupos empresariais na viticultura galega en prexuízo das adegas propias.

Pontevedra, 13 de decembro de 2024.

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galiza vén de publica unha Orde de Axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo de Garantía Agraria (FEAGA). Comeza, no seu obxecto, con boas intencións, que moi pronto decaen. A finalidade de mellorar o rendemento global das empresas do sector vitivinícola galego pouco ou nada ten que ver con que os beneficiarios destas axudas poidan ser grandes grupos empresariais foráneos que teñan como proxecto instalarse en Galiza.

Ler mais