A FRUGA considera infundadas as argumentacións da Consellería do Medio Rural para non incluír un prezo mínimo no contrato homologado do Ribeiro

Hoxe mesmo reúnese o CR “Rias baixas”, onde a FRUGA insistirá na inclusión dos prezos nos contratos desta DO

 

Compostela, 30 de xullo de 2013.- Diante das reiteradas apelacións por parte de responsables da Consellería de Medio Rural e do Mar sobre unha suposta prohibición por parte da lexislación sobre “Competencia”, (referida á “Comisión Nacional de la Competencia, ou na propia “Ley 15/2007, de 3 de julio, de Defensa de la Competencia”), a FRUGA considera totalmente carentes de base xurídica as ditas afirmacións que se empregan para xustificaren a eliminación do prezo mínimo na proposta de contrato homologado para a uva do Ribeiro.

O Secretario Xeral de Ms exercita unha clara manobra de deturpación da lexislación estatal e comunitaria sobre competencia ao negar a posibilidade da existencia dun acordo concertado entre empresas e viticultores para fixar un prezo nunha Denominación que limita significativamente a orixe e características da materia prima, e que supón na práctica un acordo de “importancia menor”. A lexislación comunitaria e estatal sobre competencia establece claramente exclusións do ámbito de prohibicións e limitacións aos ámbitos que pola súa dimensión, o Ribeiro supón menos do 0,2% da produción de uva do Estado, resultan totalmente insignificante a súa influencia no ámbito do mercado dentro do Estado.

Ler mais

A FRUGA celebrou a Xornada de Traballo “Construíndo a posición galega perante a nova PAC””

 

Elaborouse un documento que recolle as demandas do rural galego e que deben ser defendidas na negociación da reforma da PAC a nivel estatal.

Lugo, 20 de xullo de 2013.- Unha vez que se ten chegado a un acordo a nivel europeo sobre a reforma da Política Agraria Común (PAC), agora é o turno de que cada Estado membro da Unión Europea (UE), desenvolva esta norma segundo os seus criterios.

A Federación Rural Galega-FRUGA, desenvolveu este sábado en Lugo a xornada de traballo “Construíndo a posición galega ante a nova PAC” de cara aos debates que se van producir para fixar definitivamente a norma en cada estado. É evidente que o mundo rural galego ten que elaborar unha proposta clara e concreta para defender os nosos intereses como pobo neste debate tan fundamental para o noso futuro.

Ler mais

FRUGA exixe o mantemento das axudas para a contratación de seguros agrarios por parte da Xunta de Galiza

O custe da mesma póliza pasa a multiplicarse por 3 ou por catro con respecto ao ano pasado

Ademais de chegar con retraso, a orde que regula as axudas continua a retallar o seu orzamento, e xa van 1,3 millons de euros menos desde que o PP chegou ao Governo

Lugo, 19 de xuño de 2013. – Na aprobación do Plan de Seguros Agrarios Combinados para o exercicio 2013 e a Resolución da Subsecretaria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 27 de marzo polo que se aproba una modificación do Plan, ponse de manifesto un importante recorte das subvenciones por parte do estado que se sitúa no entorno do 20% (pásase de 246,13 millóns de euros no 2012 a 199,18 millóns de euros no 2013 no seu computo xeral, e que en casos como o da recollida de cadáveres, cunha especial incidencia na Galiza,

Ler mais

FRUGA denuncia a campaña do Partido Popular de criminalización das persoas discrepantes

 

Fruga amosa o seu apoio ao Manifesto Cidadán de Solidariedade cos Independentistas Xulgados en Madrid

Compostela, 14 de xuño de 2013.- Cada día que pasa resulta máis evidente que o Partido Popular e os intereses da dereita máis reaccionaria que o sustentan e a quen representa, están desenvolvendo unha campaña de criminalización e represión de todas as persoas e colectivos que fan fronte ás súas medidas. Medidas que visan defender os seus intereses de clase ao tempo que atacar os intereses da maioría social deste País.

Ler mais