A Alianza Rural Galega inicia unha campaña informativa e mobilizadora contra o proxecto da minaria do ouro na Montaña de Lugo

 

 

A FRUGA apresentou tamén no dia de onte as súas alegacións ao Plano Sectorial de Actividades Extractivas de Galiza, baseadas no Manifesto asinado pola Alianza

Apresentadas tamén alegacións ao proxecto “Julia 2” en Bergatiños

Na noite do xoves celebrouse unha xuntanza informativa en Becerreá, un dos catro concellos afectados

Lugo, 15 de xuño de 2013.- Galiza está a sufrir as embestidas dunha das vertentes máis salvaxes do capitalismo: a da minaría a gran escala, contaminante e destructiva. Esta actividade sostense baixo unha relación colonial: o beneficio marcha cara grupos de inversión foraneos namentres no territorio queda a desfeita e a contaminación que lastra o seu desenvolvemento do propio territorio durante xeracións.

Ler mais

A sociedade galega di non à minaria colonial e contaminante

Milleiros de persoas ateigan as ruas de Compostela pedindo a paralisación dos proxectos

A FRUGA participa activamente na manifestación e considera prioritario na organización a oposición a este modelo mineiro

Compostela, 3 de xuño de 20132.- O pasado domingo a sociedade galega manifestou o seu rotundo rexeitamento ao modelo colonial e contaminante de minaria que o PP ten reservado para Galiza.

Ler mais

A Alianza Rural Galega, da que fai parte FRUGA, chama à participación cidadá contra a minaria contaminante

FRUGA xa participou o pasado 15 de maio nas Xornadas organizadas en Bruselas polo BNG, dando voz aos labregos e labregas deste País que loitan contra a destrución do território e pola defensa do noso medio de vida

O Manifesto da ARG, pedra angular para artellar unha resposta galega e popular à agresión colonial que supón a ofensiva mineira

Compostela, 1 de xuño de 2013.- Este vindeiro domingo 2 de xuño, unha manchea de organizacións ecoloxistas, sociais e plataformas veciñais imos manifestarnos en Compostela en defensa da vida e da terra e contra a megaminaría contaminante. Dende a Alianza Rural Galega, integrada por ADEGA, a CIG, a FRUGA e a ORGACCMM convocamos a toda a cidadanía a dar ungha resposta contundente contra as ducias de de proxectos mineiros pairan sobre o noso ambiente, agardando para arramplar cos nosos recursos e deixarnos contaminación e desfeitas ecolóxicas, coa conivencia do PP.

Ler mais

FRUGA exixe unha investigación sobre a quebra de Alimentos Lácteos

As contas da empresa deben ser auditadas para depurar posibles responsabilidades.
Lugo, 28 de maio de 2013.- A empresa Alimentos Lácteos (AALL) presentou recentemente nos Xulgados de Lugo o concurso de acredores. Deste xeito vense a confirmar o que FRUGA ven denunciando desde fai anos: o proxecto de AALL obedece a intereses partidistas do Partido Popular e non a intereses empresariais.
Cando en 2009 Pascual se desfacía da planta de Outeiro de Rei e comezaba a planificación dun proxecto integrado por 23 cooperativas galegas, algunha delas con experiencia na comercialización de leite, e que debía culminar na creación do tan necesario Grupo Lácteo Galego, entrou en escena Romay Beccaría, sucesor no cargo de Bárcenas como tesoureiro do PP, dinamitando o proxecto cando estaba practicamente pechado.
Nese momento, vetouse a entrada á maioría das cooperativas deixándose ao mando a dúas persoas que tiñan cargos públicos da man do PP e que dirixían as cooperativas de Gancobre e A Arzuana, e que presuntamente obedecerían as directrices que desde a rúa Xénova lles ditaban; así foi como se constituíu a empresa Alimentos Lácteos. O comportamento do PP no que era unha nova oportunidade para a creación do Grupo Lácteo Galego foi en todo momento enganoso e fraudulento.

Ler mais

Primeiras detencións da “Operación Forest”: a FRUGA segue a exixir a investigación “a fondo” na Administración Autonómica para depurar calquera responsabilidade

 

As detencións confirman o denunciado polos viciños e viciñas que levan mais de un ano denunciando unha fraude agora por fin recoñecida pola Xunta

Cee, 24 de abril de 2013.- Desde a Federación Rural Galega queremos, en primeiro lugar, felicitar a perseverancia e a firmeza dos e das vítimas dunha fraude que, a dia de hoxe, ten nome, e que coas primeiras intervencións e detencións agardamos sexa o primeiro paso cara a desmadexar unha trama da hoxe ainda descoñecemos o alcance real, mais podemos intuilo.

Ler mais