Comprimiso nacionalista na defensa do noso medio rural

FRUGA e BNG reúnense en Compostela para analisar conxuntamente a situación do medio rural e reforzar a alianza na defensa dun agro galego vivo e con futuro

Compostela, 24 de abril de 2013.- Na mañá de onte, a delegación da FRUGA, encabezada polo seu presidente, Xurxo Álvarez, ao que acompañaba o responsábel dos sectores gandeiros, Elias Somoza, reuníase con Portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e a Secretaria de defensa do territorio da Executiva do BNG, e membro da Dirección Nacional da FRUGA, Mar Vila López.

Ler mais

FRUGA aposta pola produción de forraxes en sistemas gandeiros sostibles cunha xornada formativa en Mabegondo

 

 

Gandeiros/as e persoal de FRUGA avaliaron no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (C.I.A.M.) as novidades forraxeiras na redución de custos de produción


Lugo, 22 de abril de 2013.-
As granxas de vacún galegas amosaron nas últimas décadas unha grande capacidade de adaptación, aí é onde se atopa a súa principal fortaleza, e por iso é un sector con futuro.
O encarecemento dos custos de produción, principalmente o derivado da suba dos cereais, sumado á próxima reforma da PAC, que enfocará as axudas en base á superficie, fai que a extensificación e o aumento da produtividade da terra sexan dúas cuestións nas debamos afondar.

Ler mais

A Xunta de Galiza vese obrigada a rectificar e reactiva as axudas às Razas Autóctonas en réxime extensivo do ano 2012

Os recursos presentados por gandeiros/as afectados/as dentro da campaña realizada pola Federación Rural Galega-FRUGA ve os seus froitos


Lugo, 17 de abril de 2013.-  En abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) no goberno bipartito, sacaba unha liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos,

Ler mais

Secretario Xeral da Conselleria do medio Rural, Tomás Fernandez Couto, recibe afectados/as pola fraude nas axudas forestais na Costa da Morte

 

Foi a iniciativa da Comisión agraria do Parlamento galego, e na mesma participaron representantes de todas as forzas políticas parlamentares

Compostela, 18 de abril de 2013.- Na mañá de hoxe unha delegación de afectados e afectadas pola presunta fraude organizada na Costa da Morte entorno à xestión de axudas forestais ,

Ler mais

Xornada de forraxes coa FRUGA en Mabegondo

A Federación Rural Galega-FRUGA, en colaboración co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-CIAM, iniciou no 2012 un programa formativo co obxectivo de dar a coñecer ós/ás profesionais da agricultura e da gandería o traballo que se realiza nos propios centros de investigación

A visita realizarase o 16 de abril, polo que cómpre anotarse no local da FRUGA mais próximo à tua localidade, ou contactando por telefone con nós

Compostela, 9 de abril de 2013.- O sector de vacún experimentou na Galiza unha grande capacidade de adaptación nas últimas décadas, aí é onde está a súa principal fortaleza e por iso é un sector con futuro.

Ler mais