FRUGA apoia aos afectados e afectadas pola crise de Alimentos Lácteos nas súas mobilizacións

Máis unha vez, exixíronselle a Núñez Feijoo explicacións polo fracaso político e económico do proxecto.
Lugo, 8 de abril de 2013.-  Este pasado venres, afectad@s pola situación de extrema gravidade da empresa Alimentos Lácteos (AALL) concentráronse diante da delegación da Xunta de Galiza en Lugo. Despois da concentración da semana pasada convocada por FRUGA e protagonizada por gandeiro/as afectados/as polos impagos de AALL, desta volta foron os traballadores da planta de Outeiro de Rei os que piden exactamente o mesmo: solucións e responsabilidades ao presidente Nuñez Feijoo.

Ler mais

Coa veciñanza de Bergantiños, contra a mina de ouro, polo futuro da comarca

FRUGA apoiou aos colectivos veciñais que no dia de onte protestaron contra o proxecto mineiro de Corocoesto

Carballo, 8 de abril de 2013.- A Federación Rural Galega – FRUGA, quer manifestar o seu incondicional apoio às Asociacions Veciñais de Cereo e Valenza, principais actores na loita contra a instalación da mina de ouro que pretende arrasar a comarca bergantiñá no que ven a ser un novo intento de expólio das riquezas naturais e minerais do País, auspiciadas por un Partido Popular decidido a pór o territorio aos pés das grandes compañías trasnacionais.

Ler mais

Xornadas Agrarias en Allariz coa presencia da FRUGA

As Xornadas, que se desenvolverán os dias 6 e 7 de abril, darán un repaso ao despoboamento do medio rural

Participa: o prazo de inscripción está xá aberto

Compostela, 27 de marzo de 2013.- Estas Xornadas, organizadas desde o GDR Avinza, e das que FRUGA participa activamente, servirán tanto para diagnosticar as causas do despoboamento como para aportar algo de luz sobre un fenómeno que leva décadas ameazando o futuro do noso medio rural. O despoboamento do medio rural galego é un feito incontestábel que ameaza o futuro de moitas comarcas galegas. Son multiples as causas que orixinan esta situación e que determinan unha realidade que moitos e moitas queremos combatir. Fronte a quen da por inevitábel a situación queremos debatir e

Ler mais

Curso para a obtención do carné de Aplicador/a manipulador/a de productos fitosanitarios

Esta e outras ofertas formativas que podedes consultar a continuación teñen aberto o prazo de inscripción

Lalín, 27 de marzo de 2013.- Continuando coa actividade formativa da FRUGA, aqui tendes unha nova convocatoria para obter o carné de aplicador/a de fitosanitarios.

Trátase do curso de nivel básico. Celebrarase en Marcón, Pontevedra. As datas son as seguintes: 4,5,8,9,10,11,de Abril de 17:30 a 22:00 e o dia 12 de Abril pola mañá (exame).

Ler mais