A FRUGA inicia unha campaña en defensa do Sector Lácteo Galego

Asembleia na Pastoriza

FRUGA exixe que se repoñan as medidas en política agraria que tan bo resultado deron na anterior lexislatura da Xunta de Galiza ante o claro fracaso das políticas do PP
Lugo, 6 de setembro de 2012.- O sector lácteo galego atópase nunha crise nunca antes coñecida, cunha caída constante nos últimos anos do prezo que receben os productores lácteos e cunha suba dos custos de producción que se viu aínda máis agudizada nos últimos anos. Esta situación, lonxe de correxirse está sendo acentuada nos últimos tempos; serva de exemplo que no último ano o penso encareceuse en torno a un 18% e o leite baixou sobre un 10%.

Ler mais

A Xunta do PP dalle outro mazazo ao rural co desmantelamento do seu sistema educativo

A eliminación de Preescolar na casa, prazas de profesorado e incluso o peche de colexios discrimina ao rural galego e aumenta a desigualdade de oportunidades

Lugo, 24 de agosto de 2012. O sector agrogandeiro galego está padecendo unha grave crise económica que está levando ao peche de explotacións nun goteo constante que parece non ter fin. A actividade agraria, motor económico do rural galego esmorece namentres a Consellería do Medio Rural e do Mar atópase “desaparecida ou morta en combate” desde fai ben tempo, mostrando deste xeito o desinterese da Xunta polo rural galego, e xa que logo dunha parte importante da poboación galega e do 85% do seu territorio.

Ler mais

Concentración no Barco polo lume de Valdeorras

Convocado pola Alianza por un Medio Rural Galego Vivo, na se integran tamén pola CIG, ADEGA e a ORGACCMM

O acto terá lugar o mércores ás 12 horas na Casa Grande de Viloria, no concello de O Barco

Compostela, 14 de agosto de 2012.- No mediodia de mañá terá lugar un acto de protesta organizado desde a Alianza por un Medio Rural Galego Vivo, para condenar a actuación da administración na xestión dos nosos montes e a sua protección, cuxo resultado se fai visíbel en desastres ecolóxicos e humanos como os vividos estes dias na comarca ourensá de Valdeorras.

Ler mais

En Lugo tamén se malla

A iniciativa municipal, que contou coa colaboración da FRUGA, enmárcase dentro da iniciativa “Vellos oficios vivos”, e neste caso serviu para recuperar a memoria histórica produtiva do rural galego, desta volta na cidade de Lugo

Lugo, 14 de agosto de 2012.- No pasado fin de semana a cidade de Lugo acolleu a recreación dunha das tarefas mais importantes no noso rural durante séculos, como é a malla.

Ler mais

A Federación Rural Galega-FRUGA reclama á Xunta de Galiza que deixe de agravar coas súas políticas a crise do sector lácteo galego

A Federación Rural Galega-FRUGA solicitou unha entrevista coa conselleira do Medio Rural e do Mar para buscar solucións á crise do sector
Lugo, 7 de agosto de 2012.– O sector lácteo galego esmorece nunha crise que ameaza con deixar, non só ao rural, senón ao conxunto da sociedade galega sen un dos seus motores económicos. O prezo do leite que receben os produtores continúa a caer en picado namentres os custos de produción continúan a subir nun ascenso que parece non ter fin.
O seguimento de dous dos principais indicadores no vacún de leite no último ano demostran que a rentabilidade das explotacións leiteiras continúa a baixar.

Ler mais