FRUGA denuncia a mala xestión e improvisación da Xunta ante as perdas causadas pola seca

En lugar de sacar unha liña específica de axudas, publica hoxe uns préstamos bonificados que chegan tarde e que non resolven a situación
Lugo, 27 de abril de 2012.– A situación de escaseza de chuvias provocou importantes perdas económicas ás explotacións gandeiras galegas. Este pasado inverno foi un dos máis secos dos últimos cincuenta anos polo que as explotacións gandeiras tiveron que facerlle fronte a unha nova dificultade que suma ás que xa tiña que superar o sector.
Neste contexto, a Xunta de Galiza optou por establecer estratexias que fuxen do que debería estar facendo tal e demandou a Federación Rural Galega-FRUGA no seu momento: establecer unha liña de axudas específicas para paliar os danos da seca.

Ler mais

A FRUGA presenta mocións nos Concellos da Costa da Morte en relación coa presunta fraude nas subvencións forestais

Solicita a posición da Cámara Municipal coa veciñanza e o inicio de accións por parte da Goberno da Xunta

Cee, 27 de abril de 2012.-  A Federación Rural Galega está a presentar nos distintos concellos da Costa da Morte unha moción a respecto da presunta fraude detectada en torno á solicitude e concesión de axudas forestais e que está afectar a numerosos veciños e veciñas da Costa da Morte. No texto denunciase a inacción do Goberno malia térselle requerido tanto por parte dos afectados e afectadas como desde o Grupo Parlamentar do BNG unha explicación a respecto do denunciado e a inmediata apertura dunha investigación para que as posíbeis víctimas desta fraude coñezan a sua situación e podan facer valer os seus dereitos. Esta moción xa foi presentada hoxe mesmo nos concellos de Dumbría e Muxía, por ser aqueles nos que hai, a día de hoxe, mais persoas afectadas por esta situación.

Ler mais

Continuan as accións contra as fumigacións aéreas

O vindeiro domingo, 29 de abril, terá lugar unha concentración no concello de Melide, na Praza do Convento, a partir das 11:00 da mañá.

 Compostela, 27 de abril de 2012.- O pasado 24 de abril a Plataforma contra as Fumigacións presentou ante a Fiscalía de Medio Ambiente unha denuncia coa intención de paralizar o proxecto da Xunta de Galiza e a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (ASPAPEL) de realizar fumigacións aéreas con flufenoxuron na loita contra o gurgullo do eucalipto (Gonipterus scutellatus). Lembrar que se trata dun produto en período de moratoria que ficará prohibido a finais deste ano. Trátase dunha substancia altamente tóxica e permanente, con importantes efectos nocivos sobre a saúde e o medio.

Ler mais

A Plataforma contra as Fumigacións presenta unha denuncia na Fiscalia

Mariam Ferreira, responsábel técnica do Sector Forestal da FRUGA, con outros membros da Plataforma, á saida dos xulgados

FRUGA, que fai parte desta Plataforma, ten denunciado nas últimas semanas o proxecto da Xunta para fumigar masivamente o País

Con FRUGA na Plataforma cobra forza a voz dos dos labregos e labregas galegas

Compostela, 26 de abril de 2012.- Hai dous dias presentábase esta denúncia no marco da campaña contra a fumigación masiva da Galiza cun potente e perigoso agrotóxico que a propia Unión Europea ten previsto retirar do mercado en tan só uns meses.

Ler mais

A Xunta de Galiza dinamita o sector lácteo galego

FRUGA xa ten denunciado este tipo de práticas da empresa que prexudican seriamente ao lector lácteo galego.

A Federación Rural Galega-FRUGA denuncia que a empresa Alimentos Lácteos, soportada economicamente pola propia Xunta, está a ofertar leite á distribución por baixo do prezo de mercado

Lugo, 24 de abril de 2012. En 2009, o grupo Pascual puxo en venda a planta láctea de Outeiro de Rei (Lugo), e aínda que existía unha oferta para a súa compra por parte dun grupo de 23 cooperativas onde había algunha que xa tiña experiencia na transformación de leite, finalmente, e tras a intermediación do por aquel entón conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, a Xunta de Galiza conseguíu apartar do proxecto a boa parte desas cooperativas e deixar ao frente a só cinco, lideradas por A Arzuana, e estreitamente ligadas ao Partido Popular.

Xa naquel momento, a Federación Rural Galega-FRUGA advertíu da dubidosa viabilidade deste proxecto e sinalou que a decisión tomada correspondía, máis que a criterios técnicos e económicos, a intereses partidistas. Pois ben, tres anos despois o resultado non pode ser mais desastroso, segundo datos do Rexistro Mercantil correspondentes ao 2010, fixéronse públicas unhas perdas de Alimentos Lácteos de 3 millóns e medio de euros, contía incluso superior ao seu activo circulante co cal se demostra, primeiramente a inviabilidade e a mala xestión do proxecto, a pesar das cantidades que ten inxectado a propia Consellería do Medio Rural.

Ler mais