Asínase en Poio a Alianza por un Medio Rural Galego Vivo

O documento foi asinado como colofón ás Xornadas celebradas en Poio.

As catro organizacións asinantes (FRUGA, CIG, ADEGA e ORGACCMM) conforman os catro pés nos que se asenta a nova entidade

FRUGA fai así parte dunha ferramenta estratéxica fundamental para a defensa do médio rural da Galiza

 

Compostela, 22 de Abril de 2012.-  Na tarde de onte, e como conclusión ás Xornadas que xuntaron mais dun cento de persoas no concello de Poio, asinouse o manifesto que ven a plasmar e a regularizar unha alianza que de facto se estaba a desenvolve r nos últimos meses. As múltiples agresións que sofre o noso médio rural froito das políticas neoliberais especialmente agresivas que o sistema ten reservado para a Galiza fai hoxe mais que nunca necesaria a unidade de acción entre as organizacións que, desde distintas ópticas e sempre co centro de decisión posto no País, fan da defensa do território a sua razón de ser.

Ler mais

FRUGA alerta da intención de realizar fumigacións aéreas con agrotóxico na comarca da Barbanza

Manuel Castro e Xose Manuel Casal, membros da Xunta Diretiva da FRUGA.

O anuncio da posibilidade de realizar este tipo de fumigacións no concello de Porto do Son puxo en alerta aos apicultores e apicultoras da comarca

Noia, 20 de abril de 2012. No día de hoxe, Xose Manuel Casal, presidente de Montegal e Manuel Castro, os dous membros da Xunta Directiva de FRUGA, celebraron unha rolda de prensa na vila de Noia para dar conta dos riscos que ocasionarían as fumigacións aéreas que contra o gurgullo do eucalipto se intentan desenvolver na comarca da Barbanza.

Sinalaron a perigosidade do produto co que se pretende fumigar por vía aérea, o flufenoxuron, de feito a previsión da UE era que a estas alturas xa estivera prohibido, mais aplicaron un ano de moratoria na súa prohibición, polo que todo parece indicar que as empresas con stocks de este agrotóxico están moi interesadas en colocalo, aínda que sexa a baixo prezo, pois cando remate a moratoria terían que levalo a un xestor autorizado e pagar por elo.

Ler mais

A FRUGA presentarase ás Eleccións aos Consellos Reguladores

Imaxe da reunión celebrada en Lalín

Así se decidiu na  primeira reunión da Xunta Directiva de FRUGA após a I Asemblea Nacional

Garantese así a participación do sindicalismo agrario nacionalista nun proceso eleitoral que comezará en só uns dias

Escolleuse a Comisión Delegada da Xunta Directiva

Compostela, 16 de abril de 2012. O pasado xoves 12 de abril celebrouse en Lalín a primeira xuntanza da Xunta Directiva elixida na pasada Asemblea Nacional de Silleda. Dous foron os asuntos principais tratados nesta xuntanza.

Ler mais

A FRUGA oponse ás fumigacións aereas masivas previstas pola xunta para facerlle fronte ao gurgullo do eucalipto

Estas prácticas, ademais de prohibidas por normativas europeas, supoñen un risco mediambiental enorme para amplas zonas do País.

Compostela, martes 10 de abril de 2012. A Xunta de Galiza acaba de anunciar a utilización na presente primavera de fumigacións aéreas con flufenoxuron para facerlle fronte ao gurgullo do eucalipto, a afectación desta actuación acaba de ser posta de relevo polo anuncio tamén realizado polo concello de Melide no que se fala de fumigacións aéreas masivas e obrigatorias, (enlaces aos dous anuncios no documento anexo).

Ler mais