Presentada en Lugo a I Asemblea Nacional da FRUGA

O encontro que se celebra baixo o lema de “Galiza Rural, Orgullosa de Ser” congregará á filiación da FRUGA este sábado en Silleda

Lugo, 14 de marzo de 2012.- Na xornada de onte presentábase en Lugo a I Asemblea Nacional da FRUGA. Ademais de facer un repaso às liñas xerais que marcan as teses a debate na mesma, fíxose fincapé noutras cuestións fundamentais para o futuro do noso agro. Así Xurxo Álvarez, presidente da FRUGA, lembrou a importancia de definir desde a Galiza unha postura clara a respeito da reforma da PAC e a necesidade de obter desde o goberno da Xunta un apoio claro e decidido à actividade agrogandeira na Galiza e unha posición firme na defensa dos homes e mulleres do noso rural.

Ler mais

FRUGA demanda unha liña de axudas específica para paliar os danos da seca na actividade gandeira

As últimas declaracións de Feijoo semellan máis unha burla que intención de axudar ao sector gandeiro galego
Lugo, 9 de marzo de 2012.- A situación de escaseza de chuvias está provocando importantes perdas económicas ás
explotacións gandeiras galegas. Este está sendo un dos invernos máis secos dos últimos cincuenta anos polo que xa comeza a ser alarmante e, á espera do que poida acontecer na primavera, a falta de chuvias está sendo a día de hoxe unha nova dificultade que suma o sector.

Ler mais

A FRUGA organiza aos afectados e afectadas pola presunta fraude de “Maceiras e Esmorís”

A solicitude irregular de subvencións forestais afectaría a centos de habitantes da Costa da Morte, e, probabelmente, estenderíase a outras zonas da Galiza.

Logo das distintas denuncias apresentadas o empresário Manuel Maceiras está imputado por fraude.

Cee, 7 de marzo de 2012.- Os até agora 14 expedentes presuntamente irregulares dos que ten coñecimento a FRUGA poden ser tan só a punta do iceberg dun entramado moito mais extenso que ocultaria o cobro de subvencións dirixidas a propietario e propietárias forestais, e que beneficiarian directamente à empresa Maceiras & Esmoris, domiciliada en Vimianzo. Todos estes expedientes coinciden no uso de documentación e dados persoais de distintos veciños e veciñas da Comarca, asi como na presunta falsificación das suas sinaturas en distintos documentos, tanto relativos às ditas subvencións como bancários, entre outros.

Ler mais