“Galiza rural, orgullosa de ser”

Imaxen da Asemblea Constituinte.

Este é o noso lema para a primeira Asemblea Nacional da FRUGA

Convocadas as primeiras asembleas comarcais.

Compostela, 28 de febreiro de 2012.- Nestes días dan comezo os debates preasembleares que percorrerán o País par dar a coñecer os textos a debate na nosa Asemblea Nacional. Ademais debateremos sobre a nova reforma da PAC e a posición da FRUGA ao respecto e as nosas propostas. Así se fixo saber as filiados e filiadas da FRUGA que de seguro respostarán coa participación, o debate e innumerábeis aportacións a esta cita que abre unha nova xeira na nosa organización e que parirá non só unhas teses anovadas, realizadas desde a participación direta da filiacián, senón unha organización reforzada e pronta à asunción dos novos retos que a situación que a dificil coxuntura galega e mundial precisan. 

Ler mais

A FRUGA sumarase à convocatoria de Folga Xeral feita pola CIG

A convocatoria de Folga Xeral para o 29 de marzo contará co apoio do sindicalismo agrario nacionalista, encarnado na FRUGA

Compostela, 27 de febreiro de 2012.- A Federación Rural Galega asistiu ao encontro auspiciado pola CIG co gallo de dar a coñecer às organizacións sociais e políticas da Galiza as motivacións que levan à central nacionalista à convocatoria dunha folga xeral para a xornada do 29 de marzo. No trascurso da mesma apresentouse o manifesto que agora estudan as organizacións asistentes, aberto às nosas achegas co obxectivo de acadar unha contestación social ampla e contundente à reforma proposta polo Partido Popular.

Ler mais

A FRUGA demanda asunción de responsabilidades á Presidencia actual do Consello Regulador da DO Monterrei

Antonio A. Méndez, Presidente da DO Monterrei

Quebrou seriamente a necesaria confianza á súa máxima representación pública dentro do sector vitivinícola de Monterrei

A actuación ética e responsábel pasaría pola súa dimisión inmediata.

Monterrei, 27 de febreiro de 2012.- Recentemente tense informado do arquivamento por parte da Consellería de Medio Rural e Mar dun procedemento por “suposta actuación fraudulenta” na DO Monterrei. En todo este tempo é sabida a existencia de graves fallas no que respecta aos procedementos legais que se establecen para o propio Consello Regulador e seu Organo de Control.

Ler mais

FRUGA prepara a súa Asemblea Nacional

Clausura da Asemblea Constituinte coa Direción Nacional eleita.

Terá lugar o 17 de marzo en Silleda.

En breve iniciará-se o debate das teses nas comarcas.

Compostela, 16 de febreiro de 2012.- Logo da celebración de distintos encontros sectoriais preparatorios da mesma, a Asemblea Nacional da Federación Rural Galega xa ten data. Así a partir da semana que ven comezará a apresentación pública e o debate das teses, logo de que a Dirección da FRUGA acordara convocar a Asemblea Nacional para o 17 de marzo.

Ademais dos relatorios sectoriais (vacún de carne, vacún de leite, monte, horta e fruta, pataca e viño) apresentarase para o debate nas comarcas o relatorio marco que estabelecerá as liñas básicas da nosa Organización para o novo período que abre esta Asemblea.

Ler mais

FRUGA, CIG, ADEGA e OGCMVMC amosan públicamente o seu rexeitamento ao anteproxecto de Lei de Caza

O anteproxecto, elaborado por unha empresa externa à própria Administración, pon en cuestión a titularidade dos térreos agrícolas e forestais onde se desenvolve esta actividade.

Deixa en maos dos cazadores a xestión da fauna salvaxe na Galiza e o pagamento polos danos que puidera ocasionar.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2012.- Durante a comparecencia perante os médios de comunicación celebrada onte, Xose Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, lembrou que o cinexético é un dos moitos usos que se lle poden dar ao monte, e que non pode de ningunha maneira priorizar sobre outras actividades que  pode acoller. Ademais amosouse especialmente crítico co estebelecemento do chamado “direito de aproveitamento cinexético” que a Lei pretende outorgar aos cazadores a às súas entidades societárias sobre terreos que non son da súa propiedade, chegando a ser cedidos mesmo por tempo indefinido.

Ler mais