FRUGA apresenta o libro “Árbores senlleiras e formacións singulares da provincia de Lugo”

Lugo, 22 de decembro do 2011. Noemí García, coautora da obra, Mario Outeiro, deputado delegado da Área de Cultura de Deputación de Lugo e Lois Martínez, Técnico da FRUGA, presentaron onte na galería Sargadelos de Lugo a guía “Árbores senlleiras e formacións singulares da provincia de Lugo”, obra editada pola FRUGA co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Ler mais

A Plataforma Cidadá de Apoio á Feira de Amio promove unha Mesa Redonda para abordar o futuro da Feira.

Aparte de representantes da própria Plataforma están chamados a participar a Cámara de Comercio, a Asociación de Hostalería, a empresa concesionaria das instalacións de Amio, así como o Alcalde do Concello de Compostela.

A cita é o luns, 26 de decembro, ás 20:15 horas no Centro Social Caixanova situado na Praza de Cervantes, en Compostela.

Compostela, 23 de decembro de 2011.- As actividades da Plataforma Cidadá de Apoio á Feira de Ámio continuan. Se o xoves era unha delegación da Asociacións de Usuários da Feira a que se entrevistaba co máximo mandatário de Compostela, Gerardo Conde Roa, para tratar de desbloquear a posición inmobilista asumida polo Alcalde, este luns son os distintos colectivos e empresas que teñen a ver coa actividade de Ámio e a sua repercusión no Concello, asi como o próprio Alcalde de  Compostela. A continuaciñon reproducimos a Nota de Prensa emitida pola Plataforma:

Ler mais

Grande éxito das VII Xornadas Agrárias entre o sector viticola galego.

Perto de 200 persoas seguiron con grande interese unhas xornadas que xa son referéncia para o sector na Galiza.

O denso programa deixou tempo para o lecer e o intercámbio de opinións no “Tunel do viño”

Pontevedra, 21 de decembro de 2011.- A aposta por adicar en exclusiva esta edición das Xornadas Agrárias, recuperadas por FRUGA no ano pasado logo de anos de inactividade, a un sector tan específico como é o do viño trouxo como resultado un rotundo éxito de asisténcia que estivo perto de rebordar as mais entusiastas das previsións.

Ler mais

Intensa actividade formativa da FRUGA no sector forestal.

FRUGA recorreu toda a xeografia da província de Lugo con catro cursos sobre diversos aproveitamento do monte.

Os cursos, en colaboración coa FORGA, están a achegar a proprietários/as e comuneiros/as outro modelo de xestión forestal mais alá da mera produción de madeira.

Lugo, 20 de decembro de 2011.- A produción de cogumelos, o bioturismo, os pequenos froitos ou a gandeiria extensiva son algunhas das actividades complementares que estes dias proprietários/as e comuneiros/as das comarcas de Sárria, Lugo e A Mariña poideron coñecer de man da FRUGA no marco de catro cursos formativos celebrados nos concellos de Sárria, O Íncio, Lugo e Ribadeo.

Ler mais

FRUGA participou este fin de semana da FEIRACTIVA de Arzua.

FRUGA, CIG, ADEGA e ORGACCMM compartiron mesa para analisar a nova Lei de Montes e as súas consecuéncias.

FRUGA dá voz aos labregos e labregas do País nun frente comun contra unha Lei lesiva para o noso território e os seus habitantes.

Compostela, 19 de decembro de 2011.- Na mañá de onte e no marco da FEIRACTIVA celebrada en Arzua, celebrou-se a mesa redonda que baixo o título “A nova Lei Galega de Montes. Cara onde imos?” serviu para expor à sociedade a nosa visión dunha Lei que pode supor un antes e un despois nas políticas forestais galegas.

Ler mais