A Xunta de Galiza agóchase ante a imposibilidade de dar as altas e baixas nas explotacións gandeiras galegas.

Desde hai máis de tres días a Oficina Agraria Virtual (O.A.V.) non permite dar altas nin baixas que conlevan perdas económicas e risco de recortes nas axuda .

Lugo, 16 de decembro de 2011.- Hai máis dun ano, o conselleiro do Medio Rural anunciaba a “bombo e platillo”, por unha banda, a supresión do sistema de identificación de ruminantes que viña funcionando de xeito eficiente desde facía anos e o conseguinte despedimento de máis de cen veterinarios identificadores, e por outra, a posta en marcha da O.A.V. como medio para que os gandeiros puideran dar as altas e as baixas nas súas explotacións por eles mesmos e ,deste xeito, “axilizar os trámites” e “avanzar nas relacións entre a Administración e os gandeiros”

Ler mais

A FRUGA participa da campaña da FORGA con descontos e ofertas para o nadal.

Asi, entre os produtos ofertados ocupan un lugar preferente os viños e licores dos produtores e produtoras agrupados na AGV-FRUGA.

Todos aqueles/as que participaran dos distintos cursos impartidos pola FRUGA en colaboración con FORGA poden beneficiar-se destas ofertas.

Compostela, 15 de decembro de 2011.- Como xa temos comunicado anteriormente, a FRUGA ten estabelecido un convénio de colaboración coa CIG, a través do cal as nosas organizacións teñen manifestado o seu compromiso no estabelecemento dun marco de relacións preferentes en campos, por exemplo como o da formación. Esta última recae na fundación criada pola CIG, FORGA, grazas à cal moitos e motas labregos e labregas teñen acedido a distintas propostas formativas por todo o País.

Ler mais

Xornadas do Leite en Touro

Continuan os encontros sectoriais preparatórios da Asembleia Xeral da FRUGA que se vai celebrar a primeiros de 2012.

É compromiso de FRUGA revitalizar e reorganizar un sector vital para o noso agro.

Compostela, 15 de decembro de 2011.- Ao longo do sábado celebrará-se en Touro a primeira Xornada de debate e posicionamento do sector leiteiro de FRUGA, preparatória da Asembleia Xeral que se vai celebrar proximamente. Este primeiro encontro terá lugar en Touro. No mesmo, ademais de analisar a dificil situación actual dos gandeiros e gandeiras de vacún de leite na Galiza, definirán-se as posicións estratéxicas da nosa organización nun sectgor vital e fundamental na nosa estructura rural nacional.

Ler mais