FRUGA, CIG, ADEGA E ORGACCMM CONTRA A NOVA LEI DE MONTES

Instante da Rolda de Prensa celebrada en Lugo

As catro organizacións apresentaran xá as correspondentes alegacións a unha lei que afonda na forestación da Galiza con espécies pirófitas.

Lugo, 20 de outubro de 2011.- Nesta nova presentación pública do noso rexeitamento à política forestal que se pretende facer desde o Partido Popular fixo-se especial fincapé nas corenta e tres importantes modificacións na la Lei de Prevención de Incendios Forestais de Galiza, destinadas a favorecer a forestación irracional do territorio.

Ler mais

FRUGA SÚMASE Á CONVOCATORIA DA CIG DE MANIFESTACIÓN O 23 DE OUTUBRO EN DEFENSA DO EMPREGO E DOS SERVIZOS PÚBLICOS.

Fruga concorda en que “Si, existen alternativas” ás postas en marcha para sair da crise . Compostela, 20 de outubro do 2011.-  A Federación Rural Galega, Fruga, quere amosar a súa intención de participar na manifestación que a CIG ten convocada para este domingo 23 de outubro baixo o lema: “Si, existen alternativas. En defensa … Ler mais

A PROPOSTA DE REFORMA DA PAC SERÁ ESPECIALMENTE NEGATIVA PARA GALIZA POR CULPA DA ACCIÓN POLÍTICA DO GOBERNO DA XUNTA DO SR. NÚÑEZ FEIJOO.

O Comisario Europeo de Agricultura e Desenrolo Rural ven de apresentar as propostas lexislativas para a reforma da PAC.

Unha das orientacións que parecen claras na nova PAC é a de vencellar as axudas á superficie. O actual goberno da Xunta desmontou e inhabilitou todas as medidas postas en marcha para facerlle fronte ao problema da pequena dimensión das explotacións galegas.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2011.- O caso paradigmático é o desmantelamento do Banco de Terras, a mellor ferramenta coa que contaban ás explotacións galegas para aumentar a súa base territorial e, no caso específico das explotacións gandeiras, a mellor formar de conseguir explotacións menos dependentes de insumos externos para a alimentación e, polo tanto, lograr explotacións máis rendíbeis economicamente pero tamén máis sostíbeis ambientalmente.

Ler mais

FRUGA impulsa unha plataforma en defensa do Mercado de Ámio

FRUGA, ASTRAGAL e Rede galega de Empresas, asi como outros colectivos profesionais e sociais de Compostela coinciden en criticar a medida adoptada polo Concello de Compostela de clausurar a feira gandeira mais importante do norte do Estado.

O sábado 15 convoca-se unha asemblea aberta a todos os colectivos sociais, sindicais e politicos para recabar a sua opinión e o apoio à continuidade da feira.

Compostela, 14 de outubro de 2011.- Na mañá de onte celebrou-se na capital da Galiza unha rolda de prensa para denunciar a decisión unilateral do Governo Municipal de Compostela de clausurar a feira de gando que se ven celebrando na cidade desde hai mais de un século. Esta decisión, xa criticada por FRUGA, amosa o desprezo que desde o Partido Popular e particularmente o mandatário local Gerardo Conde Roa, senten polo rural galego.

Ler mais

XA ESTÁ NA RUA O Nº 5 DE “INFORMACIÓN RURAL”

Compostela, 11 de outubro de 2011.- O número 5 da revista da FRUGA, “Información Rural”, está a chegar estes dias às casas dos afiliados e afiliadas de FRUGA, asi como aos distintos colaboradores/as e outros centros de interese sindical e agrário. Neste novo número recolle un resumo da actividade da Organización no último trimestre nos … Ler mais