Presentada en Lugo a I Asemblea Nacional da FRUGA

O encontro que se celebra baixo o lema de “Galiza Rural, Orgullosa de Ser” congregará á filiación da FRUGA este sábado en Silleda

Lugo, 14 de marzo de 2012.- Na xornada de onte presentábase en Lugo a I Asemblea Nacional da FRUGA. Ademais de facer un repaso às liñas xerais que marcan as teses a debate na mesma, fíxose fincapé noutras cuestións fundamentais para o futuro do noso agro. Así Xurxo Álvarez, presidente da FRUGA, lembrou a importancia de definir desde a Galiza unha postura clara a respeito da reforma da PAC e a necesidade de obter desde o goberno da Xunta un apoio claro e decidido à actividade agrogandeira na Galiza e unha posición firme na defensa dos homes e mulleres do noso rural.

Ler mais

“Galiza rural, orgullosa de ser”

Imaxen da Asemblea Constituinte.

Este é o noso lema para a primeira Asemblea Nacional da FRUGA

Convocadas as primeiras asembleas comarcais.

Compostela, 28 de febreiro de 2012.- Nestes días dan comezo os debates preasembleares que percorrerán o País par dar a coñecer os textos a debate na nosa Asemblea Nacional. Ademais debateremos sobre a nova reforma da PAC e a posición da FRUGA ao respecto e as nosas propostas. Así se fixo saber as filiados e filiadas da FRUGA que de seguro respostarán coa participación, o debate e innumerábeis aportacións a esta cita que abre unha nova xeira na nosa organización e que parirá non só unhas teses anovadas, realizadas desde a participación direta da filiacián, senón unha organización reforzada e pronta à asunción dos novos retos que a situación que a dificil coxuntura galega e mundial precisan. 

Ler mais

OITENTA MIL PERSOAS CONTRA A REFORMA DAS PENSIÓNS

O sindicalismo nacionalista dá unha resposta contundente ao intento do governo español de impor unha reforma que supón un importante retroceso nos direitos dos traballadores e traballadoras. A FRUGA participou activamente en todas e cada unha das mobilizacións convocadas. Compostela, 28 de xaneiro de 2011.- Malia à oposición e boicote das centrais sindicais españolas, a … Ler mais