Xornada de análise e debate: O valor da terra: mercado, turismo, paisaxe e patrimonio, desta volta en Valdeorras

As Xornadas Técnicas da AGV-FRUGA desplázanse a Valdeorras este xoves, seguindo o seu itinerário polas distintas bisbarras vitivinícolas da Galiza

Compostela, 21 de agosto de 2013.- A Asociación Galega de Viticultura presenta unha Xornada de Análise e Debate sobre o Valor da terra: mercado, turismo, paisaxe e patrimomio, e que forma parte dun ciclo que durante o mes de agosto e que ten tamén lugar en Chantada, Monterrei e a Pobra do Caramiñal. Estas Xornadas abordarán as produccións de calidade diferenciada como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que os ciclos económicos impoñen. A tradición vitícola francesa ten estendido o concepto de terroir, referido a un espazo de aptitude vitícola que xera un potencial de viños direnciado en base a unha dimensión física (xeoloxía, orientación e clima) e unha dimensión cultural (castes, prácticas e tradicións de cultivo). Esta diferenciación da un significado intanxible ás botellas de viño que viaxan polo mundo adiante como potente vector cultural dun territorio ou bisbarra, da súa identidade histórica e cultural, da súa economía, e do seu atractivo turístico.

Ler mais

“Proba e Saborea do Noso” en Vigo, 23 e 24 de agosto

 

PROGRAMA

DÍA 23 VENRES

Coloquio-Cata de viños no Café Bar La Negrita (Rúa Velazquez Moreno 37b)

19:30 horas Coloquio: Diálogos sobre a expansión dos nosos sabores acó e aló

Vitor Vaqueiro. Escritor
Xosé Carballido Funcionario da Consellería do Medio Rural e do Mar e membro da Asociación Galega de Catadores
Raúl Fontán Fontán. Xerente do Centro Comercial Aberto Zona Centro de Vigo
Javier Piñeiro. Xerente da Adega Eidosela en Arbo da DO Rías Baixas

Ler mais

“Proba e Saborea do Noso”: Compostela, 21 de de agosto

Compostela, 21 de agosto de 2013.- A Asociación Galega de Viticultura presenta unhas Xornadas co título de “Proba e Saborea do Noso” que forman parte dun ciclo que, durante o mes de agosto, tamén teñen lugar en Allariz, Vigo, Ribadeo, Lugo e Ferrol. Estas Xornadas abordarán o mundo das nosas producións agroalimentarias con calidade diferenciada como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que impoñen os ciclos económicos actuais. Cada vez hai máis conciencia da dimensión “intanxible” das empresas produtoras e transformadoras do sector primario. Os viños puxeron en escena ás Denominacións de Orixe e que se estenderon ao resto de producións autóctonas; mais que hai detrás dunha botellas de viño ou unha peza de queixo?.. ou que hai detrás dun establecemento de hostalería ou turismo rural?

Ler mais

Proba e Saborea do Noso: Allariz, 13 e 14 de agosto

A Asociación Galega de Viticultura presenta unhas Xornadas co título de “Proba e Saborea do Noso” que forman parte dun ciclo que, durante o mes de agosto, ten continuidade en Ribadeo, Santiago, Lugo, Vigo e Ferrol

Compostela, 12 de agosto de 2013.- Estas Xornadas abordarán o mundo das nosas producións agroalimentarias con calidade diferenciada como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que impoñen os ciclos económicos actuais. Cada vez hai máis conciencia da dimensión “intanxible” das empresas produtoras e transformadoras do sector primario. Os viños puxeron en escena ás Denominacións de Orixe e que se estenderon ao resto de producións autóctonas; mais que hai detrás dunha botellas de viño ou unha peza de queixo?.. ou que hai detrás dun establecemento de hostalería ou turismo rural?

Nos tempos actuais onde a palabra competencia perde sentido, e ao revés, cobra forza as ideas de eficiencia, cooperación e sinerxia; os produtos presenta unha faciana comercial e estética nas súas etiquetaxes, nas presentacións publicitarias multimedia, nas feiras, nos mercados, na nube dixital…mais tamén encarnan o sentido das paisaxes, das pedras, do noso patrimonio milenario, da historias das súas xentes.

Ler mais

A FRUGA acusa á Consellería do Medio Rural e do Mar de favorecerlle a certa parte da Industria prezos da uva á súa conveniencia

 

Desde a entrada do Partido Popular na xestión da Consellería do Medio Rural e do Mar o sector vitivinícola vai perdendo a continuidade dos contratos de compra-venda de uva ata súa práctica desaparición

Despois de varias reunións “infructuosas” onde a Consellería figura como mera espectadora, sen exercer o seu papel político de arbitraxe que lle corresponde para que as diferentes partes cheguen a acordos

Compostela, 12 de agosto de 2013.- Desde a FRUGA considérase que existe un grupo de empresas que teñen posibles “coincidencias” co Partido Popular en permitir que no momento da vendima se entreguen uvas sen calquera garantía e previsión no que respecta aos prezos.

Ler mais