Xornada técnica sobre viticultura: Enoturismo e desenvolvemento sostíbel

Será este o 10 de agosto en Chantada, mas terá continuidade noutras xornadas a desenvolver polo País adiante

Compostela, 8 de agosto de 2013.-  A Asociación Galega de Viticultura presenta unha Xornada de Análise e Debate sobre Enoturismo e Desenvolvemento Sostible que baixo o Epígrafe de Xornadas Técnicas de Viticultura como parte dun ciclo que, durante o mes de agosto, ten continuidade en Monterrei, A Rúa de Valdeorras e a Pobra do Caramiñal. Estas Xornadas abordarán as produccións como un todo global e holístico, contrapunto dunha excesiva fragmentación que os ciclos económicos impoñen. O desenvolvemento sostible xurde como concepto teórico nos anos 90, palabras que soaban ben na percepción intranquila dunha crise ecolóxica que sumou logo unha crise económica e tamén social, se callar a mesma crise con diferentes nomes. As Denominacións de Orixe puxeron as produccións autóctonas en destaque, mais que hai detrás dunha botellas de viño ou unha peza de queixo?.. ou que hai detras dun establecemento de turismo rural?

Ler mais

A FRUGA considera infundadas as argumentacións da Consellería do Medio Rural para non incluír un prezo mínimo no contrato homologado do Ribeiro

Hoxe mesmo reúnese o CR “Rias baixas”, onde a FRUGA insistirá na inclusión dos prezos nos contratos desta DO

 

Compostela, 30 de xullo de 2013.- Diante das reiteradas apelacións por parte de responsables da Consellería de Medio Rural e do Mar sobre unha suposta prohibición por parte da lexislación sobre “Competencia”, (referida á “Comisión Nacional de la Competencia, ou na propia “Ley 15/2007, de 3 de julio, de Defensa de la Competencia”), a FRUGA considera totalmente carentes de base xurídica as ditas afirmacións que se empregan para xustificaren a eliminación do prezo mínimo na proposta de contrato homologado para a uva do Ribeiro.

O Secretario Xeral de Ms exercita unha clara manobra de deturpación da lexislación estatal e comunitaria sobre competencia ao negar a posibilidade da existencia dun acordo concertado entre empresas e viticultores para fixar un prezo nunha Denominación que limita significativamente a orixe e características da materia prima, e que supón na práctica un acordo de “importancia menor”. A lexislación comunitaria e estatal sobre competencia establece claramente exclusións do ámbito de prohibicións e limitacións aos ámbitos que pola súa dimensión, o Ribeiro supón menos do 0,2% da produción de uva do Estado, resultan totalmente insignificante a súa influencia no ámbito do mercado dentro do Estado.

Ler mais

FRUGA denuncia maniobras de confusión na DO Rías Baixas e demanda solucións á Xunta de Galiza

Organizacións agrarias “acomodadas” crian confusión para non asumir as suas responsabilidades

Compostela, 28 de xanerio de 2013.- Tras as manifestacións emitidas a semana pasada por dúas organización agrarias, nas que solicitan a petición da reunión da mesa do viño e a solución dos incumprimentos de pago na colleita de uva da pasada campaña, que na opinión da FRUGA ocasionan un estado de confusión sobre a realidade dos problemas que se dan na DO Rías Baixas.

Ler mais

Beber do País, tamén en nadal

A Asociación Galega de Viticultura – FRUGA lanza unha campaña de promoción e venda direta de viños galegos das distintas DOs e IXPs

Se ainda non sabías que perdirlle ao Apalpador…

Compostela, 14 de decembro de 2012.- A AGV- FRUGA lanza unha campaña para que nos fogares galegos non falte o viño do País nunhas festas nas que é habitual que se consuman viños doutras latitudes. Asi nos distintos lotes ofertados que podes consultar no seguinte catálogo actualizado está incluida unha garrafa de viño escumoso do País.

Ler mais