José Luís García Pando, da AGV-FRUGA, Presidente do Consello Regulador da DO Valdeorras

Así o decidiron os recentemente eleitos membros do Consello Regulador Esta elección supón para a FRUGA todo un broche de ouro nuns procesos marcados polo veto a boa parte das nosas candidaturas   Compostela, 19 de xuño de 2012.- Desde onte a AGV-FRUGA preside o Consello Regulador de Valdeorras. Así os decidiron os vogais recentemente … Ler mais

AGV-FRUGA gañou as eleccións na Denominación de Orixe Monterrei no sector productor

A día de hoxe FRUGA ten 3 vogais nos Consellos Reguladores, gañando as eleccións tamén na subzona do Condado-Soutomaior da DO Rías Baixas.

O veto de catro candidaturas de FRUGA a varios Consellos Reguladores impide aumentar a nosa representación

Compostela 4 de xuño de 2012. Celebradas este domingo as eleccións aos Consellos Reguladores da Galiza, que finalmente só se celebraron nas Denominacións de Orixe de Rias Baixas, Ribeiro, Monterrei e Valedoras, FRUGA obtén uns resultados máis que satisfactorios para os obxectivos que nós tiñamos marcados.

Ler mais

A FRUGA concéntrase diante da Xunta para denunciar o veto ás nosas candidaturas no proceso de renovación dos Consellos Reguladores

No trascurso da protesta solicitouse no Rexistro da Xunta unha entrevista co Presidente da Xunta Electoral para coñecer de primeira mao o motivo da nosa exclusión
Nas portas da Xunta os candidatos e candidatas excluídos amosaron a súa indignación con unha decisión que pon en cuestión todo o proceso electoral

Compostela, 23 de maio de 2012.- O pasado dia 28 de febreiro, a Consellería do Medio Rural e do Mar, publicou a Orde de 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario.

Ler mais

FRUGA concorrerá tamén na DO Rias Baixas

Coa presencia da FRUGA nos procesos electorais conséguese non só garantir a presencia da única alternativa sindical de obediencia galega, senón mesmamente que haxa eleccións. Compostela, 10 de maio de 2012.- A FRUGA presentou tamén as súas candidaturas dentro da DO Rias Baixas. Coa presentación destas candidaturas en Pontevedra, a FRUGA convertese na referencia nacionalista … Ler mais

Presentadas as candidaturas aos Consellos Reguladores de Ourense

As distintas denominación s de orixe no viño e na pataca contarán con candidatos e candidatas da FRUGA

Ourense, 8 de maio de 2012.- Nas últimas xornadas estanse a presentar as distintas candidaturas da FRUGA aos procesos electorais abertos nas distintas DOs e IXPs da Galiza. Desta volta tócalle às localizadas en Ourense. Así a FRUGA concorrerá na IXP Pataca da Galiza coa lista encabezada por Xosé Antonio Fernández Fernández, de Xunqueira de Ambia, seguido por  Xosé Manuel Conde Gómez e Anxel Suárez Vázquez, ambos de Xinzo da Lima. Como suplentes figuran Urbano Diaz Quintas, de Sandiás, e Maria del Rosario Fernández Enriquez, de Xinzo de Limia.

Ler mais