Federación Rural Galega
A FRUGA esixe explicacións ao Presidente do “Tenreira Galega” polo veto ás elección do propio Consello Regulador
Manuel Núñez Monxardín, candidato da FRUGA ao CR de "Tenreira Galega"
A FRUGA solicitou unha entrevista co presidente de “Terneira Galega” para que nos explique os argumentos xurídicos do propio veto
Lugo, 11 de maio de 2012. - En febreiro deste ano, publicouse a convocatoria de eleccións para o mes de xuño de 2012 para a renovación dos órganos de dirección dos consellos reguladores de ámbito agroalimentario de Galiza. A Federación Rural Galega-FRUGA como organización constituída para a defensa dos sectores productivos agrarios galegos, presentou, en prazo e forma as súas propias candidaturas nos consellos reguladores máis representativos do País.
Dentro destes consellos reguladores, FRUGA presentou unha candidatura a “Terneira Galega” (TG) a través dunhas das distintas asociacións profesionais agrarias, que están integradas na propia FRUGA. Pois ben, o consello regulador de TG dictou o pasado día dous de maio unha resolución pola cal a candidatura presentada pola FRUGA era vetada no proceso electoral baixo argumentacións moi pouco obxectivas, xa que facía referencia a cuestións ás que nin sequera se mencionan nas propias bases da convocatoria de eleccións.
En base a isto, a FRUGA efectuou as oportunas alegacións e o propio consello regulador, ao non atopar argumentos xurídicos para contrarrestar estas alegacións, e para non permitir a nosa presenza no proceso electoral, na resolución posterior, o consello regulador de “Terneira Galega” declárase agora incompetente para resolver. É dicir, nun primeiro momento posicionouse en contra de que nos presentemos e agora afirma que non é quen de decidir se podemos o non presentarnos.
Debemos ter en conta que a candidatura da FRUGA conta con numerosos apoios e que privar ao preto de 7000 explotacións inscritas en TG que escollan de maneira libre e transparente os seus representantes do censo de productores no consello regulador, por unha banda deslexitima o propio proceso electoral e por outra, obriga aos candidatos da FRUGA e aos gandeiros que nos mostran, cada vez máis o seu apoio, ante estas sospeitas de fraude, a chegar ata as últimas consecuencias.
Por todo iso esperamos que o consello regulador de TG nos reciba e que nos explique os seus argumentos para vetar unha candidatura que cumpre perfectamente cos requisitos necesarios para presentarase á renovación en igualdade de condicións que o resto das candidaturas.
<g:plusone href="http://www.fruga-galiza.org/2012/05/14/a-fruga-esixe-explicacions-ao-presidente-do-tenreira-galega-polo-veto-as-eleccion-do-propio-consello-regulador/"></g:plusone>
Comparte
FRUGA concorrerá tamén na DO Rias Baixas
Coa presencia da FRUGA nos procesos electorais conséguese non só garantir a presencia da única alternativa sindical de obediencia galega, senón mesmamente que haxa eleccións.
Compostela, 10 de maio de 2012.- A FRUGA presentou tamén as súas candidaturas dentro da DO Rias Baixas. Coa presentación destas candidaturas en Pontevedra, a FRUGA convertese na referencia nacionalista nunha eleccións que algúns pretenden converter nun mero reparto de postos nos distintos consellos sen a participación dos labregos e labregas. Asi na DO Rias Baixas, a FRUGA presenta candidatura entre os viticultores/as do Salnés – Ribeiras do Ulla, con Xerman Martínez Novo (Xestvigal SL) e Manuel Troncoso Prieto (Aguiuncho SL), aos que segue Mª Cruz Gómez Chaves como suplente.
Na subzona do Condado – Soutomaior, o cabeza de lista é Antonio Alvarez Suárez (Agromiño SL), seguido de Álvaro Martínez Lobariñas na suplencia.
<g:plusone href="http://www.fruga-galiza.org/2012/05/10/fruga-concorrera-tamen-na-do-rias-baixas/"></g:plusone>
Tweet
Comparte
Presentadas as candidaturas aos Consellos Reguladores de Ourense
As distintas denominación s de orixe no viño e na pataca contarán con candidatos e candidatas da FRUGA
Ourense, 8 de maio de 2012.- Nas últimas xornadas estanse a presentar as distintas candidaturas da FRUGA aos procesos electorais abertos nas distintas DOs e IXPs da Galiza. Desta volta tócalle às localizadas en Ourense. Así a FRUGA concorrerá na IXP Pataca da Galiza coa lista encabezada por Xosé Antonio Fernández Fernández, de Xunqueira de Ambia, seguido por  Xosé Manuel Conde Gómez e Anxel Suárez Vázquez, ambos de Xinzo da Lima. Como suplentes figuran Urbano Diaz Quintas, de Sandiás, e Maria del Rosario Fernández Enriquez, de Xinzo de Limia. Nas denominación vitícolas FRUGA concorre tanto no sectyor produtor como no colleiteiro e adegas pequenas. Deste xeito, no DO Ribeiro, sector produtor, o canditato que encabeza a lista é Xosé Manuel González Vilas, de Ribadavia, seguido de Xosé Pérez Castro, de Cenlle e Ana Paz Vilar, deCastrelo de Miño. Son suplentes Xosé Xaime Gil Garrido e Maria Neves Paz Vilar, os dous de Castrelo de Miño. No sector colleiteiro os candidatos son Francisco Xavier Monsalve Álvarez, de Arnoia, e Benito Eladio Rodríguez Fernández, de Beade.
Na DO Valdeorras presentanse, polo sector produtor, Xoaquín Sánchez Rodríguez, d´A Rua, Maria Teresa Nuñez Veja,de  Petín, e Xosé Luis Rodríguez Pazo, de Rubiá, sendo o suplente Chadeouro Adega SL, d´O Bolo. No sector que agrupa ás adegas pequenas, a candidata é Adega O Casal, SAT, de Rubiá.
Por último, na DO Monterrei, a candidatura da FRUGA está comandada por Alfonso Fernández Fernández, seguido de Xilberto Chaves Justo, Xosé Luis Fernández Fernández, sendo os suplentes Andrés Sanmamed Fernández e Victoriano Rodríguez Carballal polo sector produtor. Nas adegas pequenas o candidato é  Antonio Álvarez Suárez, con Alvaro Martínez Lobariñas na suplencia.
<g:plusone href="http://www.fruga-galiza.org/2012/05/08/presentadas-as-candidaturas-aos-consellos-reguladores-de-ourense/"></g:plusone>
Tweet
Comparte
Presentadas en Lugo as primeiras candidaturas da FRUGA aos Consellos Reguladores
Presentación das candidaturas en Lugo.
Trátase dos primeiros comicios nos que participará a nosa Organización.
Os membros do Consello Regulador de “Terneira Galega” impiden a celebración de eleccións libres para a renovación do propio órgano impugnando a lista da FRUGA
Con esta impugnación en “Terneira Galega”, téntase despexar o camiño para que se repartan os asentos do consello regulador e que tampouco haxa eleccións desta vez.
Lugo, 4 de maio de 2012.-  En febreiro deste ano, publicouse a convocatoria de eleccións para o mes de xuño de 2012 para a renovación dos órganos de dirección dos consellos reguladores de ámbito agroalimentario de Galiza. A Federación Rural Galega-FRUGA, como organización constituída para a defensa dos sectores productivos agrarios galegos, presentou en prazo e forma as súas propias candidaturas nos consellos reguladores máis representativos do País.
Así na xornada do xoves presentáronse en Lugo as candidaturas aos Consellos reguladores de Terneira Galega, Ribeira Sacra, e o CRAEGA, tanto nos sector vexetal como no animal. Da mesma maneira FRUGA participa na candidatura ao Consello Regulador da Ribeira Sacra. A Candidatura ao CRAEGA conta, para o sector productor agrícola, con Maria Cristina Carballais Rosende (A Estrada), Xose Antonio Teiga Pensado (Negreira) e Miguel Maneiro Fraga (Cambados) como titulares, e Iago Garrido Pascual (Cenlle) e David Asper Cereixo (Chantada) como suplentes. No sector productor gandeiro encabeza a lista Pilar Vispo Rodríguez (Vila de Cruces), seguida de Xosé Regueiro Yañez (Lugo) e Xose Inocencio Figueiro Lourenzana, (Chantada) sendo suplentes Xosé Antonio Dacuña Sousa (Lobios) e Fernando Bouzas Ventín (Rois)
Impuganación en “Terneira Galega”
A FRUGA presentou tamén a sua candidatura ao Consello Regulador de “Tenreira Galega”. Estas lista está encabezada por Manuel Nuñez Monxardin, (A Fonsagrada), seguido de Xosé Díaz Losada (O Corgo), Maria Cambeiro Lado (Dumbria) e Xoan Xosé Yañez López (Lancara), sendo os suplentes Rocio González Pérez (Gondomar) e Miguel Blanco Pérez (S. Xoan do Rio).
Contra do que era de esperar, os membros do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida “Terneira Galega” (TG), veñen de acordar o veto, á candidatura que a FRUGA presentou no censo de gandarías incluído no sector produtor. Todo isto baixo argumentacións moi pouco obxectivas, xa que fan referencia a cuestións ás que nen sequera se fan referencia nas propias bases da convocatoria de eleccións.
Temos que lembrar que o consello regulador de TG está formado por 14 membros, repartidos entre representantes do sector industrial (matadoiros, salas de despezamento e tamén maioristas e retallistas) e representantes do sector productor, entre os que se inclúe o censo de gandarías, que é o único dos censos de TG ao que a FRUGA presentou candidatura.
Por outra banda, o artigo 8 da orde que regula a propia convocatoria de eleccións contempla que “se a totalidade das candidaturas correspondentes a un censo chegaran a un acordo na repartición das vogalías, darase por concluído o proceso electoral para ese censo, e os candidatos propostos serán proclamados candidatos pola Xunta Electoral”, é dicir, que a presencia da FRUGA, impediría que se repartiran as prazas correspondentes ao censo de ganderías entre o Sindicato Labrego Galego-COAG, Unións Agrarias-UPA e Xóvenes Agricultores-ASAJA e, deste xeito, obrigaría a celebrar eleccións libres.
Desta maneira, prívaselle aos titulares das en torno de 7000 explotacións inscritas en TG, primeiramente do debate necesario en todo proceso electoral e posteriormente de exercer o seu dereito ao voto, polo tanto, pensamos que de non prosperar o recurso que a FRUGA vai presentar e finalmente a nosa candidatura resulta impugnada, este proceso electoral non vai ter lexitimidade algunha, xa que se convertiría nun proceso de dubidosa legalidade.
Desde a FRUGA insistimos na postura de que a nosa candidatura cumpre coas esixencias legais establecidas nas bases da convocatoria de eleccións e que a falta de contido na impugnación corresponde a criterios pouco obxectivos. Intencións que responden aos intereses dos diferente axentes que teñen responsabilidades no consello regulador de TG, en especial dos sindicatos agrarios que actualmente teñen representación e dos matadoiros, en manter o “status quo” sen ter que someterse, outra convocatoria de eleccións máis, á vontade dos propios gandeiros inscritos a TG.
Por todo o anterior a FRUGA mantén a firme determinación de chegar ata as últimas consecuencias na defensa dos intereses dos gandeiros e gandeiras inscritas en TG defendendo unha candidatura que é garantía de que non se amañen as eleccións a TG.
<g:plusone href="http://www.fruga-galiza.org/2012/05/04/presentadas-en-lugo-as-primeiras-candidaturas-da-fruga-aos-consellos-reguladores/"></g:plusone>
Tweet
Comparte
FRUGA denuncia a mala xestión e improvisación da Xunta ante as perdas causadas pola seca
En lugar de sacar unha liña específica de axudas, publica hoxe uns préstamos bonificados que chegan tarde e que non resolven a situación
Lugo, 27 de abril de 2012.- A situación de escaseza de chuvias provocou importantes perdas económicas ás explotacións gandeiras galegas. Este pasado inverno foi un dos máis secos dos últimos cincuenta anos polo que as explotacións gandeiras tiveron que facerlle fronte a unha nova dificultade que suma ás que xa tiña que superar o sector.
Neste contexto, a Xunta de Galiza optou por establecer estratexias que fuxen do que debería estar facendo tal e demandou a Federación Rural Galega-FRUGA no seu momento: establecer unha liña de axudas específicas para paliar os danos da seca.
Hoxe, nembargantes, publicouse no DOG a posibilidade de subscribir préstamos a un interese bonificado sobre o 90% do valor dos pagos correspondentes ao Réxime de Pagamento Único correspondente ás tramitacións das axudas da Política Agraria Común (PAC) na campaña 2012.
Desde a FRUGA denunciamos que isto corresponde, unha vez máis, ás políticas de improvisación que a Xunta de Galiza ven aplicando no agro galego. As explotacións que teñen falta de liquidez xa asinaron, cando tramitaron a solicitude da PAC, un adianto do importe que lles corresponde sobre a propia PAC coas entidade bancarias. En vistas disto non comprendemos como a Xunta publica esta orde cando xa case a totalidade das tramitacións da PAC están feitas e non antes, xa que o prazo para facer as solicitudes comezou o 1 de febreiro e remata 30 de abril. Resumindo, ás explotacións que lles podía interesar este préstamo bonificado chégalles tarde, dado que xa o tiñan previamente asinado con algunha entidade bancaria.
Temos que lembrar que a Xunta está castigando dobremente ás explotacións gandeiras galegas, por unha parte non establece unha liña de axudas para paliar os danos puntuais a un sector estratéxico para Galiza, tal e como se fai con outros sectores, e por outra banda aplica uns retallamentos que poñen en perigo a súa viabilidade como poden ser os Plans de Mellora, as axudas ás razas autóctonas en réxime extensivo ou o Contrato de Explotación Sustentable (C.E.S.)
Desde a FRUGA demandamos ao Presidente da Xunta de Galiza que estableza medidas encamiñadas ao que os expertos do sector agrario permanentemente fan referencia que é necesario para aumentar a rendabilidade das explotacións: a de reducir os custos de producción a través do aumento da base territorial das explotacións. En lugar diso, a Xunta adícase a desaproveitar ferramentas como o Banco de Terras e a propoñer medidas que principalmente benefician ás entidades bancarias ademais de endebedar máis ás explotacións.
<g:plusone href="http://www.fruga-galiza.org/2012/04/27/fruga-denuncia-a-mala-xestion-e-improvisacion-da-xunta-ante-as-perdas-causadas-pola-seca/"></g:plusone>
Tweet
Comparte
A FRUGA presenta mocións nos Concellos da Costa da Morte en relación coa presunta fraude nas subvencións forestais
Solicita a posición da Cámara Municipal coa veciñanza e o inicio de accións por parte da Goberno da Xunta
Cee, 27 de abril de 2012.-  A Federación Rural Galega está a presentar nos distintos concellos da Costa da Morte unha moción a respecto da presunta fraude detectada en torno á solicitude e concesión de axudas forestais e que está afectar a numerosos veciños e veciñas da Costa da Morte. No texto denunciase a inacción do Goberno malia térselle requerido tanto por parte dos afectados e afectadas como desde o Grupo Parlamentar do BNG unha explicación a respecto do denunciado e a inmediata apertura dunha investigación para que as posíbeis víctimas desta fraude coñezan a sua situación e podan facer valer os seus dereitos. Esta moción xa foi presentada hoxe mesmo nos concellos de Dumbría e Muxía, por ser aqueles nos que hai, a día de hoxe, mais persoas afectadas por esta situación. Ademais desde a FRUGA aproveitamos para denunciar que nestes últimos días numerosas persoas están sendo conducidas a entidades bancarias nas que se terían aberto as contas sen autorización dos seus titulares para o cobro das subvencións, co fin de que asinen un escrito no que din estar conformes coas actuacións e movementos realizados desde esas contas, así como solicitando a súa cancelación. Desde a FRUGA denunciamos a falta de ética, e mesmo se está a estudar a legalidade desta actuación, xa que os directores das entidades que están a realizar esta práctica son loxicamente sabedores, como son e así o teñen recoñecido, de que as contas foron abertas sen a presencia e autorización das persoas que están a denunciar esta trama.
<g:plusone href="http://www.fruga-galiza.org/2012/04/27/a-fruga-presenta-mocions-nos-concellos-da-costa-da-morte-en-relacion-coa-presunta-fraude-nas-subvencions-forestais/"></g:plusone>
Tweet
Comparte
Continuan as accións contra as fumigacións aéreas
O vindeiro domingo, 29 de abril, terá lugar unha concentración no concello de Melide, na Praza do Convento, a partir das 11:00 da mañá.
Compostela, 27 de abril de 2012.- O pasado 24 de abril a Plataforma contra as Fumigacións presentou ante a Fiscalía de Medio Ambiente unha denuncia coa intención de paralizar o proxecto da Xunta de Galiza e a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (ASPAPEL) de realizar fumigacións aéreas con flufenoxuron na loita contra o gurgullo do eucalipto (Gonipterus scutellatus). Lembrar que se trata dun produto en período de moratoria que ficará prohibido a finais deste ano. Trátase dunha substancia altamente tóxica e permanente, con importantes efectos nocivos sobre a saúde e o medio.
Ademais, a Plataforma desenvolverá un acto reivindicativo na localidade de Melide este domingo, 29 de abril, a partir das 11:00 horas desde a Praza do Convento. FRUGA participará activamente neste acto e convida a que se una a maior cantidade de xente posíbel. Realizarase a lectura do manifesto elaborado polas organizacións integradas na Plataforma e procederase ao reparto do mesmo durante o transcurso da feira e da foliada. Máis información aquí: http://fumigacionsnon.org/calendario-de-accions/
<g:plusone href="http://www.fruga-galiza.org/2012/04/27/continuan-as-accions-contra-as-fumigacions-aereas/"></g:plusone>
Tweet
Comparte
A Plataforma contra as Fumigacións presenta unha denuncia na Fiscalia
Mariam Ferreira, responsábel técnica do Sector Forestal da FRUGA, con outros membros da Plataforma, á saida dos xulgados
FRUGA, que fai parte desta Plataforma, ten denunciado nas últimas semanas o proxecto da Xunta para fumigar masivamente o País
Con FRUGA na Plataforma cobra forza a voz dos dos labregos e labregas galegas
Compostela, 26 de abril de 2012.- Hai dous dias presentábase esta denúncia no marco da campaña contra a fumigación masiva da Galiza cun potente e perigoso agrotóxico que a propia Unión Europea ten previsto retirar do mercado en tan só uns meses. Asi o ten denunciado xa con anterioridade a FRUGA, que en rolda de prensa nunha das comarcas afectadas por esta situación, a Barbanza, espuxo as graves consecuencias que para a flora, a fauna, os cursos de auga e as propias persoas,  pode ter este composto químico que as multinacionais  agroquímicas pretenden espallar polo noso território.
Aposta pola acción social
Desde a Federación Rural Galega, membro da recentemente creada Alianza por un Medio Rural Galego Vivo, consideramos que é precisamente desde posicións unitárias e integrando distintos sectores da sociedade que demandas como esta acadan a forza e a dimensión suficiente para que o recoñecimento dos dereitos e liberdades dos habitantes do rural non fiquen no esquecemento e sexan finalmente recoñecidos.
<g:plusone href="http://www.fruga-galiza.org/2012/04/26/a-plaraforma-contra-as-fumigacions-presenta-unha-denuncia-na-fiscalia/"></g:plusone>
Tweet
Comparte
A Xunta de Galiza dinamita o sector lácteo galego
FRUGA xa ten denunciado este tipo de práticas da empresa que prexudican seriamente ao lector lácteo galego.
A Federación Rural Galega-FRUGA denuncia que a empresa Alimentos Lácteos, soportada economicamente pola propia Xunta, está a ofertar leite á distribución por baixo do prezo de mercado
Lugo, 24 de abril de 2012. En 2009, o grupo Pascual puxo en venda a planta láctea de Outeiro de Rei (Lugo), e aínda que existía unha oferta para a súa compra por parte dun grupo de 23 cooperativas onde había algunha que xa tiña experiencia na transformación de leite, finalmente, e tras a intermediación do por aquel entón conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, a Xunta de Galiza conseguíu apartar do proxecto a boa parte desas cooperativas e deixar ao frente a só cinco, lideradas por A Arzuana, e estreitamente ligadas ao Partido Popular.
Xa naquel momento, a Federación Rural Galega-FRUGA advertíu da dubidosa viabilidade deste proxecto e sinalou que a decisión tomada correspondía, máis que a criterios técnicos e económicos, a intereses partidistas. Pois ben, tres anos despois o resultado non pode ser mais desastroso, segundo datos do Rexistro Mercantil correspondentes ao 2010, fixéronse públicas unhas perdas de Alimentos Lácteos de 3 millóns e medio de euros, contía incluso superior ao seu activo circulante co cal se demostra, primeiramente a inviabilidade e a mala xestión do proxecto, a pesar das cantidades que ten inxectado a propia Consellería do Medio Rural.
A estes antecedentes temos que sumar algo do que a FRUGA ten constancia: a empresa Alimentos Lácteos está a ofertar leite á distribución por baixo do prezo de mercado.
Deste xeito, primeiramente afecta ao prezo que reciben os gandeiros que lle subministran leite á propia empresa e finalmente tamén acaba provocando unha baixada no prezo a recibir polo conxunto dos produtores de leite galegos, xa que as outras empresas lácteas vense na obriga de ter tamén que baixar o prezo á hora de ofertar o seu produto á distribución para poder manterse no mercado. Isto dentro dun contexto de prezos do leite onde os gandeiros da Galiza cobran o leite máis baixo do Estado Español, que á súa vez, é onde máis baixo está na Unión Europea.
Deste xeito, a Xunta de Galiza é responsable, por unha banda, de poñer atrancos para a creación do tan necesario Grupo Lácteo Galego e de dilapidar cartos públicos unha e outra vez nunha empresa de dubidosa viabilidade e por outra banda, a Xunta dado que ten unha decisiva participación en Alimentos Lácteos, é tamén responsable da baixada de prezos que están a sufrir as explotacións de leite galegas.
Todo isto acontece nun contexto onde continúa a forte subida dos custos de producción, e onde o Partido Popular, lonxe de ter intención de amañar a crise do sector lácteo galego aínda baralla tomar medidas que prexudicarían aínda máis ao sector como son as pretensións do Goberno de Mariano Rajoy de boicotear a compra de soia arxentina como represalia á nacionalización de YPF, filial de Repsol, por Arxentina,
Se esta ameaza se leva a cabo, a consecuencia disto na Galiza, onde o 70% da soia destinada ao alimento do gando provén de Arxentina, provocaría, como mínimo, un novo incremento de prezo no penso e incluso podería por en perigo o propio abastecemento de materia prima aos fabricantes de penso
<g:plusone href="http://www.fruga-galiza.org/2012/04/24/a-xunta-de-galiza-dinamita-o-sector-lacteo-galego/"></g:plusone>
Tweet
Comparte
Asínase en Poio a Alianza por un Medio Rural Galego Vivo
O documento foi asinado como colofón ás Xornadas celebradas en Poio.
As catro organizacións asinantes (FRUGA, CIG, ADEGA e ORGACCMM) conforman os catro pés nos que se asenta a nova entidade
FRUGA fai así parte dunha ferramenta estratéxica fundamental para a defensa do médio rural da Galiza
Compostela, 22 de Abril de 2012.-  Na tarde de onte, e como conclusión ás Xornadas que xuntaron mais dun cento de persoas no concello de Poio, asinouse o manifesto que ven a plasmar e a regularizar unha alianza que de facto se estaba a desenvolve r nos últimos meses. As múltiples agresións que sofre o noso médio rural froito das políticas neoliberais especialmente agresivas que o sistema ten reservado para a Galiza fai hoxe mais que nunca necesaria a unidade de acción entre as organizacións que, desde distintas ópticas e sempre co centro de decisión posto no País, fan da defensa do território a sua razón de ser.
Unha alianza para outro modelo de rural.
Os últimos anos de Política Agrária Común deixan como resultado um médio rural desertizado, sem capacidade para producir, avellentado e mesmo desprezado por aqueles que teñen a obriga de o defender. Isto tradúcese non xan nun parón no lento proceso de equiparación de servizos entre médio rural e urbano, senon na retirada dos poucos que se foron conquerindo, afondando ainda mais nas diferenzas entre un e outro, e facendo do noso rural um médio cada vez mais inóspito no que viver.
Ademais as catro organizacións, que reunen baixo o mesmo paraugas o ecoloxismo, a propiedade comunal do monte, a loita sindical obreira e a defensa do campesiñado, apostan por outro modelo de médio rural e outro modelo de produción de alimentos sustentábel, multifuncional, baseado no nosso território e no abastecimento de alimentos e servizos ao noso País. Un modelo de agro que vai mais aló do estritamente produtivo e que ten a ver coa conservación do médio e da capacidade produtiva e com ela os postos de traballo, coa dotación de servizos e a oferta tamén destes desde unha interacción plena entre o médio urbán e o rural.
Necesidade de prestixiar o mundo rural e a actividade agrária, tarefa de todos/as.
Vivimos nun país onde onde o rural representa mais do 80% do território. A Alianza, que nace con vontade unitária, estará aberta á incorporación doutros colectivos que asuman a carta onte asinada e que cumplan os requisitos para incorporarse á mesma. É vontade dos asinantes incorporar aqueles colectivos de carácter veciñal, agrario, social, sindical, ambiental e outros que teñan como ámbito de actuación o territorio galego, que sexan de obediencia galega e que compartan com nós a necesidade de dar pasos firmes no xá só na defensa do noso medio rural. Desde logo a FRUGA asume gostosa mais con responsabilidade a sua condición de representante dos produtores e produtoras, dos homes e as mulleres que teñen na actividade rural o seu médio de vida e que ademais teñen a responsabilidade de alimentar o noso pobo, coidar o médio e ser, como asi foi historicamente, depositários dunha cultura, a galega, que tivo no noso rural o seu agocho e também o seu celeiro durante séculos de desprezos e agresións.
A contiunuación podes consultar o texto do documento:
ALIANZA POR UN MEDIO RURAL GALEGO VIVO
A NECESIDADE DUNHA ALIANZA A PROL DO NOSO RURAL
A garantía de futuro para o noso rural é ter orgullo del; polo que está nas nosas mans que creamos nel, o dignifiquemos e apostemos por el. A actual crise supón tamén unha oportunidade, porque detrás das dificultades agóchanse tamén as vías para construír alternativas. Temos que tomar medidas antes de que o abandono e as iniciativas neoliberais desfagan o pouco que nos queda do mundo rural, e nesta liña son fundamentais accións sinérxicas encamiñadas á suma de esforzos na defensa do ben común.
Ate o día de hoxe, as políticas europeas de desenvolvemento rural, non foron políticas multisectoriais e onde a función social foi a gran esquecida. Esta filosofía tradúcese nunha perda de coesión económica, social, ambiental e territorial.
As axudas derivadas desta política de desenvolvemento rural, baseadas case exclusivamente no concepto de rendabilidade económica, significa que os beneficiados destas non sexan nin os territorios, nin as poboacións que viven no territorio.
O fracaso da política de desenvolvemento rural é o reflexo do fracaso da propia Política Agraria Común (PAC) que ten como máximo expoñente a continua perda de activos agrarios e de poboación rural en toda a Unión Europea (UE). E isto non é de agora, senón que ven sendo unha constante desde que a PAC  se orientouorientouse seguindo os criterios mercantilistas e neoliberais en todas e cada unha das reformas a que foi sometida e que se continua na proposta que da nova PAC para o periodo 2014-2020.
O propio documento da Comisión recoñece que a futura PAC será desenvolvida no rescaldo dunha crise económica que afectou seriamente á agricultura ao ligala directamente á evolucións macroeconómicas mais globais que afecta aos custos de produción agrícolas. A maiores admite que os rendementos agrícolas caeran substancialmente no ano 2009, agravando a situación de por si precaria, visto que estes rendementos son significativamente inferiores aos obtidos por outros sectores económicos, e que os rendementos dos habitantes das zonas rurais tamén son inferiores, en cerca preto do 50% aos das zonas non rurais.
Por outra parte a política de desenvolvemento rural do actual goberno da Xunta de Galiza limítase exclusivamente a dinamitar e botar abaixo as bases para acadar un desenvolvemento rural acaído iniciadas na pasada lexislatura e definidas no Programa Leader Galiza 2007-2013. Bases que tiñan como eixos fundamentais a dinamización do sector agro e monte, a política de benestar social e a participación activa do tecido asociativo nos Grupos de Desenvolvemento Rural.
Derivado desta práctica política do Partido Popular, hoxe os Grupos de Desenvolvemento Rural esmorecen. É preciso xa a reivindicación dunha política de desenvolvemento rural dentro dunha política económico-social que defenda os intereses das maiorías sociais da nosa Nación, participada polo tecido asociativo e en beneficio das poboacións que viven, traballan e xestionan o medio rural.
Para acadar esta nova política de desenvolvemento rural, compre que as entidades de carácter agrario, sindical, veciñal, ambiental e de outra índole, que desenvolvan as súas actividades maioritariamente no medio rural, concordemos nun proxecto común. O proxecto de acadar un medio rural multifuncional e sustentábel. Un medio rural galego vivo; é dicer, con poboación adicada a diversas actividades e con calidade de vida.
A preocupación polo actual estado do noso rural e as medidas que os actuais gobernos (autonómico, estatal e europeo) están poñendo en marcha neste eido (reforma da PAC, modificacións normativas, freo de proxectos e axudas para o rural, …) fan necesaria unha actuación conxunta. Para artellar unha resposta conxunta ás numerosas agresións que está a padecer o rural galego e facer propostas viábeis e sustentábeis é necesario constituír unha plataforma que o defenda e coordene os esforzos das distintas organizacións e asociacións galegas que estamos a traballar a prol do noso rural.
PRINCIPIOS E OBXECTIVOS
1. Loitar polo logro de un medio rural multifuncional e sustentábel. Un medio rural con poboación, un medio rural vivo.
2. Responder a todo tipo de agresións (lexislativas, normativas, iniciativas, proxectos, …), contra o medio rural.
3.   Acadar unha calidade de vida digna para as poboacións que viven no medio rural (emprego, servizos, infraestruturas, …)
4.  Formular iniciativas de toda índole que camiñen cara a consecución dun medio rural multifuncional e sustentábel.
5.  Reivindicar a presenza do tecido asociativo do medio rural en todas as institucións públicas do territorio.
6.   Defender un modelo de sociedade e desenvolvemento máis xusto e solidario.
7.   Desenvolver un traballo constante de búsqueda de alternativas e propostas operativas.
8.   Promover todo tipo de iniciativas de ámbito social, cultural, ambiental, asociativo, económico e outras que teñan repercusións positivas no desenvolvemento do medio rural.
9.   Recoñecemento da titularidade veciñal (ou comunitaria) como unha titularidade máis e distinta das outras dúas que existen (a pública e a privada)
10.   Definición de aproveitamentos do monte veciñal, todos aqueles que se dean na súa superficie ou no seu subsolo.
11.   Apostar para que a posta en valor do monte veciñal fágase dende os principios da xestión comunitaria dos recursos.
FUNCIONAMENTO INTERNO
Poderán formar parte da Alianza aquelas entidades e organizacións de carácter veciñal, agrario, social, sindical, ambiental e outras que teñan como ámbito de actuación o territorio galego e que sexan de obediencia galega.
Respectar a vida interna e os principios de cada entidade ou organización que forme parte da Alianza
Funcionamento por maioría simple, mais respectando as opinións minoritarias. Permitindo mesmo a discrepancia pública, sempre que sexa explicativa.
O órgano de goberno da Alianza será unha Coordenadora. A persoa portavoz será a persoa Coordenadora Xeral, que será un cargo rotativo de entre todas as entidades ou organizacións que conforman a Alianza.
Na composición da Coordenadora, haberá un equilibrio entre os distintos grupos de organizacións. Así establécese unha distribución das organizacións en tres grandes grupos ou cámaras: veciñal, ambiental e social.
As decisións estratéxicas serán tomadas en asemblea, onde o voto de cada organización estará ponderado pola súa representatividade no grupo ou cámara.
Galiza, abril de 2012
<g:plusone href="http://www.fruga-galiza.org/2012/04/23/asinase-en-poio-a-alianza-por-un-medio-rural-galego-vivo/"></g:plusone>
Tweet
Comparte