FRUGA PÍDELLE AO CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL QUE SE IMPLIQUE EN BUSCAR UNHA SAÍDA AOS BAIXOS PREZOS DO LEITE GALEGO.

Consideramos que son necesarias políticas activas desde e para Galiza como a constitución dunha interprofesional láctea galega, na medida en que somos a primeira potencia produtora de leite de todo o Estado Español. Compostela 6 de agosto de 2010.- Desde hai xá mais dun ano as explotacións galegas de leite están a sufrir enormes dificultades … Ler mais

Co borrador da Lei de Montes, o Medio Rural e os montes veciñais, sen futuro

Autor: Xosé Alfredo Pereira Martínez.  Para o Partido Popular, o medio rural non ten futuro. Non terá futuro para aquela poboación, que aínda se resiste a abandonalo e que reivindica un medio rural multifuncional sustentable, desenvolvendo diversas actividades. É dicir, xestionando o territorio. Mais, si terá futuro para as élites da sociedade, que non viven no rural senón que van ao rural nos fins de semana ou nas vacacións para practicar golf, para desfrutar da paisaxe en residencias de luxo, ou para divertirse practicando caza en grandes coutos.

Ler mais

A política florestal da Xunta de Galiza e os lumes no monte

Autor: Manuel Da Cal Vásques.  Faz aproximadamente um mês e médio (o 9 de Junho) o senhor Presidente da Junta da Galiza comparecia perante os meios de comunicação para dar a conhecer o rascunho do anteprojeto de Lei de Montes da Galiza, Lei, que segundo ele, persegue a consecução de três objetivos: acrescentar a consciência da sociedade sobre a importância dos montes e a necessidade da sua ordenação, superar o tradicional minifúndio do monte galego, e por último regular os usos florestais com o fim de fazer mais rentável a atividade florestar e deste jeito ajudar a travar o abandono do rural. 

Ler mais