As organizacións que facemos parte da “Mesa de Coordinación Nacional contra ALTRI” manifestan a súa postura perante as últimas novas relacionadas con este proxecto.

Convoca-se unha Manifestación Nacional para o próximo día 15 de Dezembro en Santiago de Compostela.

As organizacións da “Mesa de Coordinación Nacional contra ALTRI” manifestan:

1.- O anuncio do Goberno español de non incluir na Planificación eléctrica a 2030 a liña eléctrica e a subestación necesarias para o proxecto Gama, vai no camiño das nosas demandas ás Administracións Públicas para que non sexa autorizado o proxecto de Altri e Smarttia.

Ler mais

A Federación Rural Galega – FRUGA realizará a sua cuarta Asemblea Nacional o próximo dia 23 de novembro en Arzúa.

Abordaran-se diversos relatorios relacionados coa situación actual do medio rural.

Cenlle, 30 de setembro de 2025. Na reunión celebrada o pasado dia 29 de setembro a Junta Directiva da FRUGA acordou levar a cabo a cuarta Asemblea Nacional o próximo dia 23 de novembro, escollendo-se para a sua realización a localidade de Arzúa. En concreto o lugar onde decorreran os traballos desta Asemblea será Centro Multiusos Terra do Queix

Ler mais

Galiza arde. Lumes nunca máis.

Desde a FRUGA reclamamos do Goberno galego mudar a sua política agropecuaria e de monte

Galiza, 25 de agosto de 2025. Un ano máis, e xa van moitos, Galiza arde, de norte a sur e de leste a oeste, cebando-se de maneira especial nas comarcas rurais ourensáns, superando-se as 100.000 hectáreas. Situación que está deixando en evidencia o fracaso, tanto da política de loita contra os incendios como da de montes, levada a cabo pola Xunta de Galiza do PP, fiando o suceso das súas campañas de extinción a que as condicións climáticas sexan favorábeis, caso do ano pasado no que apenas arderan 2.600 hectáreas.

Ler mais

Aumentar os rendimentos de Producción na D.O. “Rias Baixas” até os 15.000 quilos por hectárea non responde á realidade do sector.

A Asociación Galega de Viticultura considera innecesario e perigoso incrementar os rendementos de produción nun contexto de inestabilidade dos mercados.

Pontevedra, 28 de xullo. A Asociación Galega de Viticultura (AGV) manifesta a súa perplexidade ante a proposta de elevar os rendementos de produción máximos na Denominación de Orixe Rías Baixas ata os 15.000 kg/ha para a presente campaña. A proposta baséase en previsións “moi boas” para a colleita, máis non responde ás necesidades reais do sector, nin dende o punto de vista das persoas viticultoras nin das adegas.

Ler mais

A Asociación Galega de Viticultura reclama á Xunta solucións realistas para afrontar a crise da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra non precisa parches, precisa unha estratexia a longo prazo

Pontevedra, 21 de xullo de 2025. A Asociación Galega de Viticultura (AGV) reclama á Xunta de Galiza que se deixe de aplicar medidas curtopracistas e aposte de forma decidida por solucións estruturais que garantan o futuro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. A falta de planificación e a pasividade da Consellería do Medio Rural agravaron unha situación que xa era preocupante, malia os avisos reiterados desde o propio sector.

Ler mais