Coa veciñanza de Bergantiños, contra a mina de ouro, polo futuro da comarca

FRUGA apoiou aos colectivos veciñais que no dia de onte protestaron contra o proxecto mineiro de Corocoesto

Carballo, 8 de abril de 2013.- A Federación Rural Galega – FRUGA, quer manifestar o seu incondicional apoio às Asociacions Veciñais de Cereo e Valenza, principais actores na loita contra a instalación da mina de ouro que pretende arrasar a comarca bergantiñá no que ven a ser un novo intento de expólio das riquezas naturais e minerais do País, auspiciadas por un Partido Popular decidido a pór o territorio aos pés das grandes compañías trasnacionais.

Ler mais

Xornadas Agrarias en Allariz coa presencia da FRUGA

As Xornadas, que se desenvolverán os dias 6 e 7 de abril, darán un repaso ao despoboamento do medio rural

Participa: o prazo de inscripción está xá aberto

Compostela, 27 de marzo de 2013.- Estas Xornadas, organizadas desde o GDR Avinza, e das que FRUGA participa activamente, servirán tanto para diagnosticar as causas do despoboamento como para aportar algo de luz sobre un fenómeno que leva décadas ameazando o futuro do noso medio rural. O despoboamento do medio rural galego é un feito incontestábel que ameaza o futuro de moitas comarcas galegas. Son multiples as causas que orixinan esta situación e que determinan unha realidade que moitos e moitas queremos combatir. Fronte a quen da por inevitábel a situación queremos debatir e

Ler mais

Curso para a obtención do carné de Aplicador/a manipulador/a de productos fitosanitarios

Esta e outras ofertas formativas que podedes consultar a continuación teñen aberto o prazo de inscripción

Lalín, 27 de marzo de 2013.- Continuando coa actividade formativa da FRUGA, aqui tendes unha nova convocatoria para obter o carné de aplicador/a de fitosanitarios.

Trátase do curso de nivel básico. Celebrarase en Marcón, Pontevedra. As datas son as seguintes: 4,5,8,9,10,11,de Abril de 17:30 a 22:00 e o dia 12 de Abril pola mañá (exame).

Ler mais

FRUGA propon a devolución do texto do Proxecto de Lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentar

Por ser un Proxecto de Lei centralista e ultra-neoliberal

Nega à Galiza calquer capacidade de negociación

Compostela, 26 de marzo de 2013.- Nestes días está de actualidade o “Proxecto de Lei de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentar”, tanto polo posicionamento unánime dos grupos parlamentares do Parlamento Galego ao respecto do mesmo, como polos debates que están tendo lugar nas Cortes de España.

O Partido Popular continuando coa súa campaña recentralizadora e uniformadora, a todos os niveis e en todos os sectores, presenta esta Lei co fin de ir apropiándose das exiguas competencias que en agricultura, neste momento, teñen as comunidades autónomas, entre elas Galiza.

Ler mais

Gandeir@s afectad@s polos impagos de Alimentos Lácteos concéntranse diante da Xunta en Lugo exixindo solucións

Unha delegación de afectados/as solicitou unha entrevista coa conselleira de Medio Rural e do Mar pedindo explicacións e que se se depuren responsabilidades
Lugo, 22 de Marzo de 2013.- Hoxe pola mañá celebrouse diante do edificio administrativo de Lugo unha concentración de gandeiros/as afectados polos impagos derivados da “quebra técnica” da empresa Alimentos Lácteos (AALL).
Dos 15 millóns de euros que débedas que recoñece ter Alimentos Lácteos, unha parte corresponde ao leite que se lles adebeda aos produtores/as que subministraban leite ás cooperativas que forman parte de AALL, impagos que pode chegar aos catro meses.

Ler mais