FRUGA desenvolve unha campaña para dar a coñecer a proposta de reforma da PAC 2014-2020

Máis dunha ducia de asembleas nas comarcas agrarias de Galiza nas que tamén se falará das novidades da tramitación das axudas neste ano 2013 e da situación xeral do sector lácteo.

Compostela, 14 de marzo de 2013.- Neste momento estase a debater na Unión Europea as bases que definirán as axudas da PAC para o período 2014-2020, isto, unido ás decisións que tamén vai tomar o Ministerio de Agricultura, decidirá as axudas que cobrarán as granxas galegas nos vindeiros anos.

As propostas dominantes son, de maneira xeral, as de continuar cuns prezos agrarios sen regulación pública que favorecerían os prezos baixos e o afondamento nas axudas sen ter en conta a produción. No concreto, eliminaranse as cotas no leite, seguirán cobrando axudas xente que non vive da agricultura e o cálculo dos pagos da maior parte das axudas farase en función da superficie.

Ler mais

Curso de benestar animal en Lalín

Lalin, 12 de marzo de 2013.- Nova actividade formativa da FRUGA, outravolta de Benestar animal, concretamente no transporte. Dirixido aos/às afiliad@s da FRUGA na comarca, non é o primeiro que se fai destas características debido á grande demanda que hai deste tipo de cursos, toda vez que resultan obrigatorios para mover animais fóra da explotación … Ler mais

FRUGA, contra a corrupción, pola soberanía nacional

A nosa Organización participou, xunto co resto de forzas nacionalistas e soberanistas deste País, na manifestación que o pasado domingo percorreu as rúas de Compostela denunciando a corrupción, a destrución social e cultural da Galiza e reclamando o noso direito a decidir: soberanía nacional. Ainda que supomos que a día de hoxe xa case todo o mundo treriades acedido a el, aqui tendes o Manifesto asinado polas forzas convocantes:

Ler mais