FRUGA presenta bateria de alegacións ao proxecto mineiro de Xinzo da Limia

O proxecto denominado “Faramontaos nº5089.1” está situado xusto sobre os terreos da comunidade de regantes “Corno do Monte”

Obvia que os terreos afectados están cualificados como de Especial Interese Agrario

Xinzo, 23 de febreiro de 2013.- Se hai uns dias tocáballes aos veciños e veciñas de Bergantiños manifestarense contra o proxecto mineiro de Corcoesto, a febre mineira que parez ten contraido o governo do PP desata as alarmas na comarca da Limia. Así e tras a Resolución da Direción Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 30 de novembro do ano pasado,  o 17 de xaneiro procediase á publicación no DOG do dito proxecto para a sua información pública.

Ler mais

O sindicalismo agrario nacionalista posiciónase contra o proxecto mineiro de Corcoesto

 

Asemblea veciñal n´O Couto, Ponteceso

A FRUGA denuncia un modelo mineiro “colonial  e devastador” que pretende aproveitarse da desesperación provocada pola crise económica, e que rematará co expólio de millons de euros que xacen no subsolo

A FRUGA chama aparticipar na manifestación que terá lugar o vindeiro domingo, en Coristanco, organizada polos/as veciños/as de Valenza e Cereo

 

Carballo, 15 de febreiro de 2013.- Desde a Federación Rural Galega – FRUGA ollamos con preocupación esta especie de “febre do ouro” que parez percorrer o país de cabo a rabo, con declaracións tan gráficas como que “Galiza é unha mina”, en boca do propio Presidente da Xunta de Galiza.

Ler mais

FRUGA presenta os primeiros recursos solicitando que se manteñan as axudas às explotacións extensivas galegas

Despois dunha campaña levada a cabo nas principais comarcas afectadas, os afectados e afectadas exixen con estes recursos que se pague a anualidade do 2012
Lugo, 6 de febreiro de 2013.-  En abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) gobernada polo nacionalismo, sacaba unha liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea: unha aposta por unha produción de alimentos sans e de calidade, tamén fomentábase unha produción agraria máis respectuosa co medio natural e unha mellor xestión do territorio rural, e, consecuentemente, traducíase nunha potenciación á fixación de poboación no rural e na prevención de incendios forestais.

Ler mais

FRUGA reúnese co BNG para transmitirlle a necesidade de mudar os orzamentos da xunta para o 2013 porque afondarán na crise do medio rural

O nacionalismo cifra en 10.000.000 Euros o orzamento necesario para dar forma ao Grupo Lácteo

Con este encontró inicia-se a rolda de contactos coas formacións políticas representadas no Parlamento

Compostela, 31 de xaneiro de 2013.-  FRUGA e o BNG mantiveron unha reunión, no Grupo parlamentar nacionalista, ao fin de analizar as diferentes partidas e recortes recollidos nos orzamentos do 2013 presentados pola Xunta no que respecta ao mundo rural.

Ler mais

FRUGA exixe á Xunta de Galiza responsabilidades e unha solución a Alimentos Lácteos

Lois Martinez e Elias Somoza, no trascurso da comparecencia cos medios

Alimentos Lácteos, impulsada pola Xunta, converte a Núñez Feijoo en cómplice da situación actual

 FRUGA segue a apostar un verdadeiro Grupo Lácteo Galego de base cooperativa e con participación pública

Lugo, 30 de Xaneiro de 2013.–  A empresa Alimentos Lácteos (AALL) ven de solicitar un preconcurso de acredores, deste xeito vanse confirmando as voces que denunciaban que este proxecto no foi proxectado nen dirixido dun xeito responsable.

Ler mais