FRUGA denuncia maniobras de confusión na DO Rías Baixas e demanda solucións á Xunta de Galiza

Organizacións agrarias “acomodadas” crian confusión para non asumir as suas responsabilidades

Compostela, 28 de xanerio de 2013.- Tras as manifestacións emitidas a semana pasada por dúas organización agrarias, nas que solicitan a petición da reunión da mesa do viño e a solución dos incumprimentos de pago na colleita de uva da pasada campaña, que na opinión da FRUGA ocasionan un estado de confusión sobre a realidade dos problemas que se dan na DO Rías Baixas.

Ler mais

Pola lingua que nos une: tod@s a Compostela!

Mañá, 27 de xaneiro, os galegos e as galegas citámonos en Compostela na defensa da nosa lingua, da nosa identidade e do noso futuro como povo. Durante séculos tentaron exterminar o noso idioma. E durante séculos as nosas verbas foron agarimosamente gardadas, coidadas e conservadas ao pé das lareiras; percorreron as corredoiras do noso País, … Ler mais

Asembleias do leite da FRUGA desmontan o “acordo” entre Xunta e as organizacións agrarias institicionais que serviu para desconvocar a Folga do leite

Manuel Da Cal, Coordenador Xeral da FRUGA, na asemblea celebrada en Mazaricos

Grande expectación nas comarcas produtoras para coñecer un documento que as propias forzas asinantes evitan dar a coñecer

Os gandeiros e gandeiras din sentirse estafados polos sindicatos sistémicos

Alerta polos cambios que propón o Goberno do Estado en relación à data de caducidade de determinados produtos, especialmente os lácteos

 

Compostela, 18 de xaneiro de 2013.- Nas últimas datas a Federación Rural Galega ven de desenvolver unha ampla campaña informativa nas principias comarcas produtoras de leite do País para, entre outras cousas, dar a coñecer o documento asinado pola Xunta e as organizacións agrarias pactistas operantes na Galiza.

Ler mais

O sector leiteiro galego é discriminado na asignación de direitos de de Pagamento Único da Reserva

Elias Somoza, responsábel dos Sectores Gandeiros da FRUGA, na asemblea celebrada en Vilalba

FRUGA denuncia que o criterio do reparto perxudica os intereses do conxunto do sector

A Xunta mira para outro lado e consinte, mais unha vez, que Galiza saia perxudidicada nun novo reparto de fondos públicos

Lugo, 15 de Xaneiro de 2013.- O luns día 14 de xaneiro, publicouse no DOG a asignación de dereitos de pagamento único da reserva estatal, no marco do programa de reestruturación do sector lácteo. Lembremos que o pagamento único cumpre a misión de contribuir á viabilidade das explotacións e á súa pervivencia no medio rural, especialmente nas áreas nas que a produción leiteira é tradicional e ten moi poucas alternativas.

Ler mais

A FRUGA esixe que se manteñan as axudas às explotacións extensivas galegas

Vacas nun pasto de Láncara

A Xunta ven de anunciar que incumprirá o compromiso de cinco anos que tiña adquirido coas granxas galegas acollidas ás axudas de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos

Lugo, 7 de xaneiro de 2013.- En abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) do goberno bipartito, sacaba unha liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea, é dicir, unha aposta por unha produción agraria máis acorde co medio natural e dunha produción gandeira baseada na alimentación dos animais con recursos naturais propios.

Ler mais