O ANUNCIO DE ILEGALIZACIÓN DOS FURANCHOS POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA AMOSA GRAVE DESCOÑECEMENTO DA NOSA REALIDADE VITIVINÍCOLA

Pontevedra, 26 de Maio de 2010-. Por parte da FRUGA quere amosar o seu rexeite ao anuncio (desmentido?) da ilegalización dos denominados “furanchos”, énténdese que dito anuncio nega a existencia real de moitos establecementos abertos desde hai moito tempo e segundo usos e costumes da realidade vitivinícola do pais.  Por parte da FRUGA se lle quere facer lembranza ao Sr. Conselleiro de Cultura que xa hai o Decreto 116/2008 das Consellerias de Industria e Innovación e Medio Rural que establece as condicions de recoñecemento lega e que por tanto abre a vía de normalización distas moi arraigadas   entidades.

O recoñecemento dos furanchos debe responder ao recoñecemento da debida estacionalidade e temporalidade da sua apertura así como o control do viño posto á venta como así foi sempre, outras situacions deben acollerse á debida legaliade laboral  e fiscal como calquer outro segmento hosteleiro.  Os furanchos forman parte da realidade  vitivinícola e propia do pais e hai que sinalar que como aconteceu cos viñateiros e colleiteiros nas  Denominacions de Orixe tamé é necesario un periodo de transición para dar cabida ao que existe e existiu desde moito tempo atrás.

E por iso que a FRUGA demanda a vixencia do Decreto 116/2008 e en todo caso calquera modificación debería ser abordada cos distintos protagonistas baixo as premisas de responsabildade e autoregulación que deben sempre imperar nestos casos.

A Axencia Galega para o Desenvolvimento Rural (AGADER), anuncia que se van perder os fondos do Programa Leader da anualidade 2009.

A Consellería do Medio Rural nega-se a pór a parte que lle corresponde para fazer frente ao pagamento da anualidade de 2009.

Compostela, 19 de Maio de 2010.- Nunha reunión celebrada recentemente, unha responsábel da Axencia Galega para o Desenvolvimento Rural (AGADER) ven de anunciar aos e ás xerentes dos Grupos de Desenvolvimento Rural (GDR) que se van a perder os fondos do programa Leader correspondentes coa anualidade de 2009. De ser isto certo todos os proxectos aprobados e non executados nese ano ficarían sen fiananciación.

O programa Leader está incluido dentro do Programa de Desenvolvimento Rural 2007-2013 de Galiza aprobado por Decisión da Comisión Europea. A financiación deste programa corre a cargo da Unión Europea a traves do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvimento Rural (FEADER) na porcentaxen do 57,56%, do Estado Español co 21,42% e coa aportación da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galiza do 21,02 restante.

O argumento empregado por AGADER, para xustificar a imposibilidade de pagar aos GDR esta anualidade  ten a ver coa interpretación que fai do artigo 45 da Lei de Orzamentos de 2009, mas a interpretación desa norma non está clara a decir dos expertos conultados pola Federación Rural Galega (FRUGA). Segundo estes, os fondos do ano 2009 non pagados nese ano non estan perdidos, porque os fondos aportados tanto polo FEADER como polo Estado Español estan na contabilidade da Xunta en situación retención de crédito, para o ano seguinte.

O que deberían ter feito os responsábeis de AGADER, era negociar para que nos orzamentos de 2010 se incluiran os fondos propios necesarios para desbloquear os fondos aportados polo FEADER e polo Estado Español, deste xeito xá se poderían incorporar e dispor dos fondos que non se executaron no ano 2009.

Ao entender de FRUGA este procedimento irresponsábel por parte de AGADER pode obedecer a tres motivos, un deles pode ter a ver coa incompetencia e incapacidade dos responsábeis deste entidade dependente da Consellería do Medio Rural, ou mesmo ao escaso peso político desta Consellería á hora de negociar os orzamentos do ano 2010, ou ao intento por parte de AGADER de dificultar o funcionamento normal dos GDR, facendo recaer sobre estes o axuste orzamentario, aproveitando esta situación para atacar as liñas directrices emanadas do PDR aprobado pola anterior Consellería.

Un dato elocuente sobre este comportamento temo-lo ao analisar os datos sobre a execución orzamentaria do 2009 da Dirección Xeral de Desenvolvimento Rural, da que depende AGADER, que nos dí que a execución foi de 2,11%, unhos 800.000,00 €, frente aos 40 millóns de euros executados no ano 2008, que repesentaron o 97,64% do orzamento desta Dirección Xeral.

POSICIÓN DE FRUGA.

Non é certo que a anualidade correspondente ao 2009 se vaia perder. O que ten que facer AGADER é orzamentar os fondos propios para deste xeito desbloquear os procedentes do FEADER e do Estado Español, que estan en situación de retención de crédito.

Non é certo que os problemas de liquidez dos GDR se deban a problemas legais derivados da Conselleria anterior, senon á incapacidade ou á mala fé dos actuais responsábeis de AGADER, e polo tanto:

Demandamos da Conselleria de Medio Rural que se poña as pillas e proceda a negociar coa Consellería de Facenda o desbloqueo dos fondos correspondentes ao ano 2009.

O DESINTERESE DAS ADMINISTRACIÓNS E A PASIVIDADE DOS SINDICATOS MAIORITÁRIOS POÑEN ÁS EXPLOTACIÓNS LÁCTEAS GALEGAS NO FIO DA NAVALLA.

Cúmprense dez meses da sinatura do “acordo para a estabilidade do sector lácteo.” sen que nen uns nen outros foran capaces de conseguir a súa execución.

Lugo, 18 de Maio de 2010.- Con data 20 de Xullo do ano 2009 asinouse un acordo no cal estaban presentes os principais sindicatos de ámbito estatal, e polo tanto as súas sucursais na Galiza, XXAA e UUAA, ademais da Fenil. Tal acordo foi ratificado polo secretario de Estado de Medio Rural e Auga, Josep Puxeu. Entre as medidas asinadas en dito documento, estaba a fixación dun prezo de referencia para o sector lácteo mediante un sistema de indexación (que tomaba como referencia o prezo francés), algo que debería sustentarse na sinatura de contractos homologados entre o sector produtor e a industria.

Segundo aquel acordo, o prezo medio actual en Galiza roldaría os 0.31 euros litro, tendo en conta que na actualidade o prezo cobrado polos gandeiros franceses esta entre 0.28 euros e 0.29.
A realidade é ben diferente: a día de hoxe os productores e productoras galegos, lonxe de mellorar, estamos a sufrir unha baixada de prezos de 3 céntimos de media en relación co ano 2009. Segundo dados actuais o prezo medio do leite está en 0,28 euros fronte os 0.31 do ano anterior. O sector lácteo atravesa unha forte crise como consecuencia desta baixada de prezos, que pon en perigo a viabilidade de moitas explotacións galegas, que nos últimos anos se viron abocadas ó endebedamento como consecuencia dun proceso de modernización de instalacións, compra de cuota e outros gastos.

Ademais non se viron avances significativos na regularización das relacións comerciais entre as partes (produtores/as e industria), xa que a industria segue reticente á sinatura de contractos que estabilicen o sector.

Por tanto a situación de indefensión do sector é responsabilidade directa tanto dos que asinaron o acordo para deixalo esquecido nun caixón, como de aqueles/as que irresponsabelmente evitan participar na toma de acordos para conseguir un futuro esperanzador para as explotacións leiteiras galegas, postura, que dúbida cabe, cómoda  mais igualmente irresponsábel.

Tamén e mais que criticábel a actitude da Consellaría do Medio Rural, ausente novamente nun intre crucial para o futuro do sector leiteiro galego, esquecendo que ten a responsabilidade de defender o medio de vida de milleiros de familias do medio rural, xa que Galiza segue a ser, malia o descenso da produción na última campaña, o principal produtor de leite do Estado.

POSICIÓN DA FRUGA

Dende a Federación Rural Galega, consideramos positivo todo tipo de acordo destinado a dar unha certa estabilidade a este sector. Mas estes acordos son para seren executados, e ter mais percorrido que a simples autocomplacencia dos seus asinantes. O contrario é rirse dos produtotes e produtoras, e buscar unha fuxida cara adiante cando a presión dos seus afiliados e afiliadas comeza a ser difícil de soportar. Así, tanto XXAA como UUAA deberan obrigar a cumprir dito acordo, do que a proprio Ministerio se apresurou en proclamar “garante” do seu cumprimento. Do contrario de que sirve asinar documentos se despois non hai capacidade para obrigar á súa execución e cumprimento? Outras organizacións prefiren ficar na utopía de demandar prezos de 0,42 ou 0,45 euros, o cal pode quedar moi ben de cara a galería, pero que no fondo delata a incapacidade de participar no debate real do sector, e a incapacidade de aportar solucións reais á grave crise que estamos a padecer.

APONTAMENTOS DE ENXERTA NO ROSAL

A aplicación prática dos coñecementos adquiridos foi seguida con interese polos/as mais de corenta asistentes ao curso

Baixo a dirección de Francisco Rego, Responsable técnico da Estación de Enología de Galicia EVEGA, foron impartidas unhas sesions prácticas sobre enxerta na vide no Rosal. Comenzou cunha charla introductoria no Centro Social e Recreativo de San Miguel de Tabagón para seguir durante dous sábados (28 de marzo e 10 de abril) a realización en viña,  situada nas inmediacions de Ponte Tamuxe no Rosal.

O Rosal, 27 de Abril de 2010.-Os enxertos postos en práctica corresponden aos propios do ano como son os de cuña (inverno-primaveira) e outras variantes como o inglés e o mallorquin. Aparte dos enxertos citados se explicaron todos os demais como os de aproximación, en verde, de xema, etc.

Na demostración práctica foi dividido o persoal asistente para en grupos de 4-5 persoas acometer enxertos na dita viña e con diferentes variantes no que respecta a material de selado (cintas pĺásticas, isolante, pintura especial, etc.) como a utilización da botella de auga como alternativa ao tapado clásico con terra. Primeiramenta se aprendía a
elaborar as puas das variedades a enxertar e logo a cortar os bravos para finalmente acometer a enxerta en sí.

Nestas xornadas tamén se aproveitou para explicar todos os preparativos necesarios para a enxerta como a importancia da escolla das navallas, a conservación da madeira de inverno, etc. Unha das claves que sinalou
Francisco Rego foi a necesaría e debido afiado das navallas, tan sinxelo como iso, xa que os cortes efectuados deben ser rectos e precisos.

Durante a próxima Feira do Viño do Rosal será posible ollar na viña o resultado efectivo das enxertas feitas polos alumnos/as, entón se poderá avaliar o seguimento positivo deste Curso. Para próximas prácticas na Comarca se ten previsto facer algunha enxerta en verde xa que é preciso esperar a finais de maio como mínimo.

Algunha das práticas realizadas.
Algunha das práticas realizadas

NOVO ÉXITO DAS CATAS ORGANIZADAS POLA AGV – FRUGA

Os e as participantes amosaron un coñecemento importante dos nosos viños

No Hotel Méndez Núñez, senlleiro edificio onde saliu o Manifesto da Asamblea Nazonalista en 1918, realizouse unha actividade mais da Campaña de Promoción de Viños Galegos, nesta ocasión  coa colaboración da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo e patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación Provincial de Lugo. O público asistenta compúñano hosteleiros, cociñeiros, sumilleres e algun que outro inicidado/a.

27 de Abril de 2010.- Como en anteriores ocasións Fernando Rodríguez iniciou o coñecemento das etapas da cata coa fase visual, olfativa e gustativa, non faltaron os aromas básicos e finalmente unha cata a cegas de dous viños. Na segunda xornada coa cata dos Xenéricos dos Consellos Reguladores estiveron por parte da DO Ribeiro José Angel Martínez e como catador Roberto Regal. Roberto sinalou a potencia e frescura dos 2008 e 2009 que se seguiron ata un número de 8 viños das 5 Denominacóons de Orixe Galegas.

No último día Roberto Regal voltou a oficiar a cata dos viños de marca nos que comenzou polo Acinus 2008 da adega de colleiteiro Alfredo Pires de Gomariz, na que destacou a frescura que tiña sendo un 2008. Pasouse despois ao Pingadelo Godello 2009 da DO Valdeorras, e que foi introducido polo enólogo da Cooperativa da Rúa Julio Ricarte, este viño é unha aposta renovada  cara un viño branco posicionado na élite, nas palabras de Julio, o Pingadelo Godello é un viño de 3ª xeración na Cooperativa e vai ser vendido nun 80% nos EEUU, de feito os asistintes á cata foron os primeiros en degustar o viño.

Contiunando cos brancos probouse o Gran Novás Albariño 2009 por parte das Rias Baixas, o viño en cuestión é da Adega Gran Novás do Rosal e foi introducido por Jorge Cardoso, un dos socios da dita Adega, o viño destacou a sua procedencia de acreditada fama nos monovarietais como nos “coupages” con caíño branco e loureiro.

Xa cos tintos tivemos o Cividade Mencía 2009 da subzona Amandi da DO Ribeira Sacra, o viño foi introducido por María Xesús López,  e sobre o viño sairon todas as fatigas e esforzos por sacar entre pedras e muras unhas cepas, mesmo centenarias nas palabras de María Jesús. No remate probouse o Ladairo Mencía 2009 da DO Monterrei, que xa é un viño moi coñecido e afamado polas suas distincions e premios recibidos, nesta ocasión contouse coa presencia de Antón Bao, Vicepresidente 1º da Deputación Provincial de Lugo, e que deu clausura ás xornadas.