FRUGA CO-RESPONSABILIZA ÀS ORGANIZACIÓNS AGRÁRIAS DOS BAIXOS PREZOS DO LEITE

En Xullo de 2009 assinouse un acordo sobre os contratos homologados no sector lácteo, por parte, entre outros, de UU.AA., XX.AA. AGACA, FENIL e Ministerio de Ambiente, y Medio Rural y Marino, que a dia de hoxe ainda non se cumpliu.

FRUGA anima ás labregas e labregos a participar nas movilizacións do 29 de Setembro convocadas pola CIG en defensa dos seus direitos.

Santiago de Compostela, 26 de Agosto de 2010.- O punto 1 do acordo establecía que “en cada contrato individual que se suscreba figurará, cando menos, obligatoriamente:”

“a) O prezo acordado entre gandeiro/suministrador e industria/comprador, a partir dun sistema de indexación que terá en conta, a falta de referenca nacional (estatal), a media anual dos prezos practicados en outros Estado membros, principais suministradores de leite a España, en particular Francia, neste caso referenciarase ao publicado por l´Office de l´Élevage xunto co custe medio dos servizos de transporte”

O punto 6 do acordo estabelecia un Comité de Seguimento onde estan presentes as partes asinantes co fin de “ impulsar a súa aplicación entre os asociados das organizacións asinantes, coñecer a súa evolución e realizar, no seu caso, propostas para a súa mellora. Dito Comité, para cumprir este cometido, elaborará, coa periocidade que se estableza, informes que serán elevados aos órgaos directivos das organizacións asinantes. O Comité de Seguimento, estará formado por representantes de cada unha das organizacións asinantes, designados a tal efecto polos órgaos directivos, e será presidido por un representante da Secretaría de Estado de Meio Rural e Auga do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.. .”

A dia de hoxe observamos como no Estado francés se ten estabelecido um prezo mínimo que supera em 7 céntimos ao prezo meio que se está a pagar na Galiza, onde temos o prezo mais baixo de todo o Estado. Este é o resultado dun acordo anunciado “a bombo e platillo” mas que ningun dos asinantes, desde os sindicatos ao Ministério do Médio Rural (auto-proclamado garante do seu cumplimento) fixo nada pólo seu cumplimento.

Perante deste panorama desde FRUGA temos de nos fazer unhas cantas preguntas: Por qué non se está a respectar o subapartado a) do punto 1 do acordo asinado en Xullo de 2009?. Está a funcionar o Comité de Seguimento?, e si é así, con que regularidade e que informes e propostas fixo para mellorar o acordo que non se está a cumplir?, que papel está a cumplir o Ministerio de Medio Rural?, neste sentido FRUGA ten solicitada unha xuntanza co señor Conselleiro.

Tendo de conta o acordo asinado no Estado Francés, desde FRUGA, consideramos que é o momento oportuno para fazer cumplir o acordado, e non debemos esquencer que hai un documento asinado polas partes e que o Ministerio, como diciamos, puxose como o garante para fazelo cumplir.

Ademais temos de denunciar novamente a inactividade da Conselleria do Medio Rural que, nestes momentos, tiña que estar facendo uso das suas competencias e demandar perante o Ministerio de Medio Rural o cumplimento do acordo.

Algunha organización deberia preocuparse mais por facer cumplir o que asina que preocuparse polo peche dos cuarteis da garda civil no rural, por que o futuro do rural galego depende mais da viabilidade das nosas explotacións leiteiras que da presencia ou non da garda civil.

Mención aparte merecen os anúncios de folga de entregas feitos no dia de onte, precisamente desde posicións que deixaron ao sector tocado de morte na Galiza tras das mobilizacións levadas a cabo a fins do ano pasado, logo da sua incapacidade para xestionar unha saída digna a um conflicto que mobilizou centos de tractores de todo o País. Lembrar que xá daquela anunciaran o comezo dunha folga de entregas que non foi secundada nen pólos seus próprios dirixentes. Na practica o que conseguiron foi reforzar as posicións da industria, votarlle balons fora à Xunta, propiciando o actual estado de desánimo e desmovilización no sector produtor.

Para facer frente a esta situación, é polo que FRUGA fai un chamamenteo ás labregas e labregos deste País a sumarse ás movilizacións convocada pola CIG con motivo da folga xeral do 29 de Setembro, en defensa das nosas producións e dos nosos direitos, e por unha vida digna para a xente do rural galego.

A Consellaría do Medio Rural suprime as políticas de prevención dos incendios forestais.

Compostela, 19 de agosto de 2010. Un ano máis, Galiza enfróntase á lacra dos incendios forestais. Despois dun inverno e unha primavera húmidos con temperaturas suaves, a biomasa
forestal presente no monte experimentou un elevado crecemento. As altas temperaturas e a falta de precipitacións rexistradas nas últimas semanas, xunto coa biomasa presente e a non realización de actuacións preventivas, contribúen a que o risco de incendio forestal sexa moi elevado. Se engadimos o despoboamento e abandono do medio rural o problema acada dimensións catastróficas.
Desgrazadamente nesta campaña temos que lamentar a perda de vidas humanas en relación aos incendios forestais. MONTEGAL súmase ás mostras de condolencia expresadas ás familias nos últimos días.
Mais o problema dos incendios forestais non se amaña tan só coa organización dun dispositivo de extinción nas épocas de alto risco. Os labores de prevención resultan imprescindibeis a par que de maior eficacia na erradicación dos lumes.
Ferramentas legais xa en vigor como a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza ou a Lei 7/2007 de medidas administrativas e tributarias para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galiza non están sendo aplicadas pola Administración galega. Tal normativa incide na ordenación do territorio en xeral e dos aproveitamentos forestais en particular, facendo especial fincapé en solucionar o abandono dos predios agrarios. Unha mostra de deixadez política é a renuncia da actual Consellaría do Medio Rural a asinar convenios cos concellos para labores de limpeza co obxectivo principal da protección dos núcleos rurais.
Cómpre destacar a derrogación da figura das unidades de xestión forestal por parte da Administración. Poñer en valor o monte, elaborar un instrumento de xestión que inclúa un plan preventivo contra incendios e promover a xestión en común das propiedades constitúen os obxectivos principais das uxfor; aspectos que inciden positivamente na loita contra os incendios forestais.Aparellado á eliminación de medidas de carácter estrutural como as uxfor, e apoiándose nunha presunta política de austeridade orzamentaria, redúcense e denéganse as axudas a liñas preventivas, tales como a realización de rozas, podas, claras, que teñen unha influencia directa e clara na redución do número e intensidade dos incendios forestais. Suprímese a liña de subvención para a contratación de brigadas polas comunidades de montes veciñais en man común para a realización de coidados culturais. Que os proxectos de silvopastoreo deixen de ser auxiliabeis na política de desenvolvemento rural non fai máis que confirmar a cegueira do Goberno Galego cara á prevención dos lumes no monte.
O problema dos incendios forestais afecta a toda a sociedade galega e non pode ser solucionado sen a implicación activa e participativa desta. Programas como a creación de agrupacións veciñais de vixilancia forestal, nos que a poboación do rural organizada realizaba labores de vixilancia nos seus montes, ou a posta en marcha do Voluntariado en defensa do monte galego, máis orientado cara a poboación urbana, incidían de xeito positivo na concienciación social.
Unha vez máis asistimos ao desmantelamento por parte da actual Consellaría do Medio Rural do tecido de implicación social no monte. É máis, ocultando a realidade dos incendios forestais, tal e como decreta o Goberno Galego coa súa política informativa, non só se nega o problema, senón que ademais se impide a toma de conciencia social.

A CONSELLERIA DE MEDIO RURAL DENEGOU AOS GANDEIROS A MAIORÍA DAS SOLICITUDES PRESENTADAS NA CONVOCATORIA DE 2010 DAS AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DE ATAQUES DO LOBO.

FRUGA denuncia a falta de apoio desta conselleria de medio rural aos gandeir@s.

Lalin, 17 de Agosto de 2010.- A principios deste mes de Agosto a Consellería de Medio Rural ven de comunicar aos gandeiros a denegación das axudas que solitaran para a prevención de ataques do lobo ao gando. Segundo a Orden que se publicara no Diario Oficial de Galicia o pasado 5 de xaneiro de 2010, foron varias as medidas subvencionables: electrificación de peches, adquisición de cans mastíns, mallas ovelleiras e a compra de pastores eléctricos. Para a concesión destas axudas estableceronse uns criterios de valoración, por orden de preferencia:

a) Existencia de ataques de lobos e reincidencia destes ataques.

b) Presencia e densidade de lobo no concello segundo o mapa de zonificación do Plan de Xestión do Lobo.

c) Nº de cabezas de gando segundo a última folla de saneamento gandeiro.

A suma de puntos para obter a subvención veu determinada por este baremo e puntuación mínima establecida finalmente foi de 44 puntos.

Dende FRUGA, Federación Rural Galega poñemos de manifesto que a denegación da maioría das solicitudes debéuse a dous motivos:

1º.- Non se ampliou a dotación orzamentaria para estas axudas, demostrando así unha vez máis dende esta consellería  a pouca vontade de apoio aos gandeiros e gandeiras e a pouca conciencia dos problemas que lles están afectando; máis se cabe nestes tempos de crise, motivados pola subida dos insumos e gastos que teñen as explotacións agrogandeiras e a baixada continuada dos prezos.

2º.-  O cambio na política de medio rural sobre a prevención de ataques de lobo, determinou a supresión e baixa do teléfono que estaba habilitado para a súa comunicación e non se  informou correctamente do novo número de teléfono. Neste periodo moitos gandeiros non pudieron dar parte dos ataques de lobo sufrifos polo seu gando para que quedara constancia na administración.

Neste periodo de cambio do número de teléfono xa se denunciara a inoperatividade  deste servizo e foron moitas as queixas dos gandeiros ante a imposibilidade de dar parte dos ataques do lobo, co cal esta circunstancia acabou por influír na convocatoria de 2010 destas axudas. Na zona do Deza a maioría das gandeiras e dos gandeiros  quedaron ás portas de conseguir esta subvención, con puntuacións entre os 37 e 40 puntos. Recordar as protestas de gandeiros de Rodeiro e outras zonas nas que se viron afectados por estes ataques e non poideron dar parte a tempo. Co cal as incidencias de ataques de lobo tivo que ser maior que as sinaladas nas actuais estadisticas oficiais, polo mencionado feito da inoperatividade do servizo de comunicación de ataques do lobo ao gando.

FRUGA PÍDELLE AO CONSELLEIRO DE MEDIO RURAL QUE SE IMPLIQUE EN BUSCAR UNHA SAÍDA AOS BAIXOS PREZOS DO LEITE GALEGO.

Consideramos que son necesarias políticas activas desde e para Galiza como a constitución dunha interprofesional láctea galega, na medida en que somos a primeira potencia produtora de leite de todo o Estado Español.

Compostela 6 de agosto de 2010.- Desde hai xá mais dun ano as explotacións galegas de leite están a sufrir enormes dificultades derivadas dos baixos prezos que están a percebir. A dia de hoxe o prezo medio percibido é inferior aos 30 centimos de euro, prezo inferior ao que cobran as explotacións leiteiras situadas en Asturias, Cantabria …., e inferior à media do Estado Español tomado no seu conxunto. Podemos afirmar sen medo a equivocarmonos que se estan cobrando prezos similares aos que se cobraban no ano 1994. Esta situación está pondo en perigo o futuro da maioria das 11.700 explotacións lácteas existentes na Galiza

Con este pano de fondo durante as últimas semanas vimos asistindo a un cruce de declaracións por parte de distintos actores presentes e actuantes no sector leiteiro galego a respeito dos baixos prezos que estan a cobrar a nosas explotacións leiteiras.

Por un lado temos certas organizacións que foron incapaces de facer cumplir os acordos que elas mesmas asinaron o verao do ano pasado, culpando de pagar baixo prezos a unha serie de empresas esquencendo se, non sabemos si intencionadamente, de outras que aplican a mesma política, e que agora veñen lainado se.

Temos, ademais, à Sra Ministra do ramo facendo declaracións nas que nos ven a dicer algo que xá sabe todo o sector, como que a situación do mesmo na Galiza é “complicada e difícil”. Para chegar a esa conclusión non fai falta ser Ministra. Mas non lle chegando con esta declarción acrescenta que a media dos prezos na UE é inferior á do Estado Español, como queira que os prezos das explotacións galegas xá son inferiores aos do Estado; a señora ministra estanos a dicer que as esplotacións galegas son as mais europeas do Estado Español?, esquencera se esta ministra que a estrutura de custes de produción son enormemente diferentes, en contra nosa, entre as explotacións galegas e as da UE?, e para rematar con este apartado fazemonos outra pregunta; para que nos serve esta Ministra?.

Mas o que realmente nos preocupa desde FRUGA é a actitude do Sr. Conselleiro de Medio Rural facendo declaracións día si e día tamén nas que se dedica a botar balóns fora como se a cousa non forá con ele, como si non tivera responsabilidades políticas, mas esquence se propositadamente que ele é o Conselleiro do Medio Rural e que o que lle pase ao sector leiteiro galego é responsabilidade directa del, polo que a súa obriga é a de ser o seu primeiro valedor. Non chega con que faga declaracións onde denuncie practicas habituais por parte das industrias como pode ser a de pactar o prezo a pagar ás explotacións ou á hora de impor dificultades as mesmas para que podan cambiar de empresa, senon que ten de escomenzar por pór en marcha políticas activas utilizando as súas capacidades lexislativas.

Non se pode admitir que nun País onde se produze mais do 40% do total do Estado Español o responsabel directo do mesmo diga que este probelam non vai con ele, que todo depende de Bruxelas. Iste argumento é radicalmente falso. O que precisa o sector leiteiro galego é a posta en marcha dunha interprofisional lactea galega con capacidade normativa para facer lle frente os problemas que estamos a padecer e que teña como obxectivo conseguir un grande pacto que consiga acordos capaces de darlle saída a esta situación.

Desde FRUGA estamos a favor dunha política agraria galega activa e de intervención directa e radicalmente en contra do neoliberalismo, basado no “lesair faire” que practica esta Conselleria