A Xunta de Galiza proclámase defensora do sector pero en realidade goberna de maneira lesiva para os intereses dos productores/as de leite galegos/as
Lugo, 12 de Xuño de 2012.- A pasada semana, parte dos axentes do sector lácteo galego reuníronse co presidente da Xunta de Galiza Alberto Núñez Feijoo e coa conselleira do Medio Rural e do Mar Rosa Quintana co obxectivo de facer unha posta en común sobre o futuro do sector do vacún de leite.
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA valoramos positivamente que haxa xuntanzas para dar solucións ao sector lácteo galego, iso si, sempre que estean dirixidas para chegar á resolución dos desequilibrios que existen entre o sector produtor por unha banda e o sector da industria e da distribución pola outra.