LACTALIS RESCINDE CONTRATOS NO DEZA E DEIXA ÁS EXPLOTACIÓNS DESPROTEXIDAS E SEN GARANTIA DE RECOLLIDA.

Estanse a violar os acordos acadados en Madrid e Galiza para a xeralización dos contractos homologados.

Os contratos homologados son a única defensa e garantía de recollida e prezo dos que goza o sector leiteiro.

Descóbrese e confirmase  a manobra denunciada por FRUGA coa venda de PULEVA: a LACTALIS só lle interesa a planta de Nadela para procesar leite procedente doutras localizacións (Francia), abandonando as recollidas no País.

Lalin, 17 de Marzo de 2010.- No Outono do ano pasado, a empresa Lactalis comezou a asinar contractos homologados con unha duración determinada de tres meses cós produtores/as de leite socios da Cooperativa “Gandeiros do Deza”. Ese primeiro contracto foi rescindido posteriormente, rescisión que vén acompañada da apresentación dun novo contracto que contemplaba unha cláusula que permitía a rescisión do mesmo por calquer das partes. Ao longo desta semana, gandeiros e gandeiras socios da cooperativa  están sendo chamados por esta para proceder à anulación e rescisión do contrato estabelecido entre os primeiros e a empresa Lactalis. É significativo que nengun dos afectados e afectadas tivera aínda a día de hoxe copia dos contratos anteriores. Xá na sede da cooperativa, os e as convocados asinaran a rescisión do contracto en vigor, rescisión da que, novamente, non teñen copia, e no que, ao parecer, consta que é un acordo adoptado entre as partes (mutuo acordo), cando se trata dunha decisión unilateral da empresa en cuestión.

Desde a FRUGA denunciamos esta grave situación xa que o contracto é a única garantia de recollida da que gozan as explotacións de leite.

QUE AGOCHA LACTALIS

Desde a FRUGA estamos a detectar nos últimos días perigosos movementos no sector lácteo que están a levar à desprotección a un importante número de explotacións leiteiras da comarca do Deza e limítrofes, mesmo da provincia de Lugo, precisamente recén asinado o acordo de compravenda da división láctea de Ebro- PULEVA por parte de Lactalis.

Como xá denunciamos ao facerse pública esta operación, o sector leiteiro galego fica rendido a mans do capital trasnacional, o que podía ter como consecuencia precisamente o que agora parece que está a suceder: que esta empresa, de capital francés, utilice as plantas recén adquiridas para procesar leite barato excedentário das explotacións francesas, suspendendo así as recollidas na Galiza ou, no caso de mantelas, rebaixando significativamente os prezos pagados ao produtores/as utilizando como referencia o valor no mercado desde excedentes., todo isto diante da pasividade da Administración autonómica e central.

Desde a FRUGA recomendamos aos gandeiros e gandeiras chamados/as asinar estas rescisións contractuais a actuar da seguinte maneira: primeiro, solicitar copia do contracto en vigor que se pretende anular, xá que a día de hoxe carecen dela. Despois, a solicitar copia do documento de rescisión do contracto que, loxicamente, non se corresponde a unha decisión de “mutuo acordo” polo que non debe ser asinado de ningunha maneira. Con estes dous documentos a Federación pon à disposición dos afectados e afectadas as súas instalacións e o seu persoal para comprobar a legalidade da actuación e iniciar as accións necesarias para garantir o cumprimento do contracto e evitar este tipo de prácticas mafiosas que queren levar ao noso sector a unha situación de indefensión e desamparo de dramáticas consecuencias.

A Deputación de Ourense apoia as demandas dos agricultores da Limia sobre a ZEPA

A Limia, 17 de Marzo de 2010. -Agricultores da comarca da Limia, encabezados por Xurxo Álvarez mantiveron o pasado día 16 de marzo unha xuntanza co Presidente da Deputación de Ourense. En dita reunión reiterouse, unha vez mais, o rexeite contra a declaración ZEPA polos perxuizos ás actividades agrarias como limitacions a investimentos en infraestructuras rurais previstas. Xurxo Alvarez comentou ao Presidente da Deputación, Xosé Luis Baltar, que a Unión Europea non obriga en nengun sitio que a ZEPA da Limia teñan que estar onde se decretou e que se pode procurar alternativas de localización. O Presidente da Deputación recoñeceu que actual partido no Governo da Xunta “enganou” a cidadanía cando se afirmara que non habería ZEPA, é por iso que para tentar paliar a impostura se solicitou unha reunión co Director Xeral de Conservación da Natureza para a semana seguinte e que parte da Deputación porase todos os medios económicos e humanos para calquera dictámen ou informe técnico que se precise, mesmo “se hai que ir a Bruxelas”. Entre os asistintes á reunión concordaron en que as actuais actividades agropecuarias da Limia non teñen atinxido ás poboacions de aves que niñifican na zona, mais ben ao contrario medraron, e tamén en que hai posibilidades de ubicar unha ZEPA en areas circundantes onde a intensificación agrícola é menor. Por parte da FRUGA se recollerá o apoio da Deputación de Ourense e non aforrará nengun esforzo para que se paralize o actual Decreto de ZEPA e se negocie unha alternativa consensuada na comarca, xa foi por parte da FRUGA anunciado a interposición dun contenciso administrativo contra a decisión da Xunta. A FRUGA oponse áos “remendos” que propoñen desde a Xunta do Partido Popular como é a elaboración de salvagardas no Plan Director da ZEPA, xa que en palabras do Presidente da FRUGA, “o Plan Director ten que someterse a Leis de maior rango”, a única alternativa viable é a derogación da ZEPA actual e plantexar outra.

A XUNTA DEBE ESTABLECER COMPENSACIONS ECONÓMICAS POLOS ESTRAGOS DOS TEMPORAIS NA LIMIA

A Consellería de Medio Rural  non ten posto en marcha ata agora nengunha liña de actuación “positiva” para a economía da  Comarca agropecuaria mais dinámica do Sur do Pais.

A Limia, 10 de Marzo de 2010. Desde a FRUGA, que mantivo unha reunión con Presidentes das Comunidades de Regantes da comarca, úrxese á Consellería de Medio Rural a que estableza un plan de compensacions dos estragos calamitosos que a sucesion de temporais ten derramado o 80% do cereal de inverno (segundo estimacions as perdas cuantificadas sumarian mais de medio miilón de euros nas 8000 Has atinxidas) e danos numeros en infraestructuras agropecuarias. Aos danos referidos habería que sumar os problemas para acometer traballos nas parcelas para resementar cereal e preparación das parcelas para pataca.

FRUGA recolle a sensación de desamparo, por parte da  Administración Autonómica, que hai entre os lavradores da Limia, xa que “chove sobre mollado”, se sumamos aos danos recentes a grave situación dos prezos da pataca e a declaración da ZEPA, polo que non se entende esta actitude de desleixo reiterado contra a comarca.

Dada a confluencia de problemas no tempo a FRUGA demanda compensacions económicas que palien as perdas por lucro cesante das colleitas perdidas e gastos nos traballos de resementeira, así mesmo recordar a Consellería de Medio Rural que habilite mecanismos interprofesionais de interlocución para a pataca e  se revoque inmediatamente o Decreto de declaración de ZEPA para proceder a negociar alternativas ao respecto.

LACTALIS ADQUIRE PULEVA E GALIZA PERDE UNHA NOVA OPORTUNIDADE .


A Xunta mira para outro lado e deixa pasar unha nova oportunidade de estructurar o sector na Galiza

O capital francés segue a marcar o ritmo nun sector estratéxico para o agro galego.

PULEVA lucrouse con importantes axudas públicas para agora facer caixa coa venda das suas instalacións.
Lugo, 9 de Marzo de 2010.– No dia de hoxe consumouse a venda da division láctea do grupo empresarial Ebro-Puleva, implantado na Galiza através da planta transformadora de  Nadela (Lugo), desde a que recollía o leite dun importante grupo de produtores e produtoras da Galiza. A beneficiária desta operación  é a multinacional francesa Lactalis, propietaria xa de unha planta na provincia de Lugo, concretamente en Vilalba , e de outras repartidas por todo o Estado, como Central Leiteira Vallisoletana (Lauki), Prabasa e Forlasa, esta última adquirida recentemente. Na actualidade o grupo Lactalis é un dos catro grupos de maior tamaño do sector transformador no estado español, posición que se verá reforzada pola compra de Puleva.
Con esta operación aumenta ainda mais a inxerencia do capital francés no leite galego. Na actualidade xa unha parte importante da distribución (cun importante peso na fixación de prezos) está en mans do capital francés, agora o sector transformador leva o mesmo camiño. Hai que lembrar que o estado francés é amplamente excedentario na producción de leite. A cuota de Francia supera os 24 millós de toneladas, multiplicando por catro a do estado español. Ademais cumple un papel determinante no estabelecimento dos prezos pagados ás explotacións, xa que é habitual que se utilice como referencia para fixar o prezo da produción. Con esta operación estanse ademais adquirindo novas vias de comercialización dos seus excendentes, principal razón para a expansión dos grupos franceses fóra do seu território, toda vez que, como xa temos indicado, a capacidade produtiva francesa non precisa de importar leite, todo o contrario.

A FEDERACIÓN RURAL GALEGA TACHA DE IRRESPONSABEIS  AO CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL E AO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALIZA.

A venda de PULEVA é unha nova oportunidade perdida para conformar o tan demandado Grupo Lácteo Galego, reivindicación histórica do sector.

Unha das principais eivas do sector lácteo galego é precisamente a carencia dun grupo lácteo forte con capacidade de incidencia nos mercados.

A Xunta de Galicia non dixo nin fixo absolutamente nada para impedir a venda desta industria ao capital francés. Con este comportamento, a Consellaria do Medio Rural volta a demostrar publicamente o seu desinterese e desprezo polo sector lácteo, como ven de facer no proceso de compra-venda da factoria de Pascual en Lugo, apeando as principais cooperativas lácteas galegas.

No caso de Ebro-Puleva estamos a falar dunha industria que no seu momento recibiu diñeiro público (e, polo tanto, de todos e todas nós) e que con esta operación vai parar a un dos principais competidores que ten a producción de leite en Galiza.
Estamos diante dun duro golpe para un sector que está a atravesar unha das principais crises da súa historia, motivada polos prezos máis baixos existentes desde a decada dos 90, sen que nen tan sequer o Ministerio de Agricultura fora quen de facer respeitar os acordos por el mesmo propiciados. Crise que se ten levando por diante 1000 explotacións lácteas na Galiza no ano 2009.

Cursos de benestar animal

FRUGA NO DEZA OFERTA DOUS CURSOS RELACIONADOS CO BENESTAR ANIMAL:
1. Curso para obter o carné en materia de Benestar Animal
do 3 ao 10 de marzo (20 horas) en horario de mañá de 11 a 14:30 horas
2. Curso para obter o certificado en materia de Benestar animal para conductores e transportistas de animais vivos.
do 15 ao 17 de marzo (10 horas) en horario de mañá de 11a 14:30 horas.
Para facer o de transportistas será obrigatorio cursar antes o modulo básico.
Interesados: anotarse chamando ao telefono 986 18 18 61

Prazo de inscrición nos cursos aberto ate o día anterior ao comenzo do mesmo