A Federación Rural Galega – FRUGA oponse á construción dunha nova planta incineradora na Galiza, esta vez no Concello do Irixo.

A que alguns/has xá deron en chamar a “SOGAMA do Sur” recunca nun modelo caduco, contaminante e seriamente agresivo co entorno e os seus habitantes, como é a incineración.

O Irixo, 2 de Xaneiro 2012.- No Parlamento, a Xunta de Galiza admitiu, no mes de abril de 2011,  a existencia dun proxecto da empresa Estela  Eólica S.L. para a construcción dunha planta incineradora de residuos sólidos urbanos que podería ter a súa ubicación no concello de Dozón, con cinco plantas de transferencia  en: Agolada, Mazaricos, O Incio, Baralla e Chandrexa de Queixa e capacidade para 900.000 T./Ano (o dobre da actual planta de Sogama en Cerceda). 

Ler mais

A Federación Rural Galega-FRUGA exixe a demisión de Juárez logo do seu estrepitoso fracaso no sector lácteo galego.

O Coordenador Xeral da FRUGA, Manuel Da Cal, e o Responsábel de Sectores Gandeiros, Elias Somoza, no decorrer da rolda de prensa.

As últimas declaracións do presidente de Alimentos Lácteos, Eugenio Montero, desmarcándose do futuro desta empresa deixa en evidencia ao propio Conselleiro do Medio Rural.

 Lugo, 2 de xaneiro de 2012.- En 2009, estando en venda a planta láctea de Outeiro de Rei (Lugo), un total de 23 cooperativas leiteiras, lideradas por FEIRACO, que era a única cooperativa galega que tiña experiencia na transformación de leite, presentaron un proxecto para facerse cargo da planta e así transformar parte do leite que xestionan.

Ler mais

O Alcalde de Compostela non quer debater coa Plataforma Cidadá de Apoio á Feira de Ámio.

Onte celebrou-se a Mesa Redonda coa auséncia do Alcalde de Compostela, a Cámara de Comercio e a Asociación de Hostalería.

Tanto a Cámara como a Asociación que agrupa a hostalaria compostelá desaproveitaron unha boa oportunidade para argumentar a sua oposición à continuidade da Feira.

Compostela, 27 de decembro de 2011.- O que teria que ser un foro no que as distintas partes argumentaran a respeito da continuidade ou non da Feira de Gando, logo da emisión de distintas notas de prensa por parte de colectivos mercantis e hostaleiros da cidade, asi como desde a própria alcaldia compostelá, ficou nun acto ao que só asistiron os e as integrantes da Plataforma.

Ler mais

FRUGA apresenta o libro “Árbores senlleiras e formacións singulares da provincia de Lugo”

Lugo, 22 de decembro do 2011. Noemí García, coautora da obra, Mario Outeiro, deputado delegado da Área de Cultura de Deputación de Lugo e Lois Martínez, Técnico da FRUGA, presentaron onte na galería Sargadelos de Lugo a guía “Árbores senlleiras e formacións singulares da provincia de Lugo”, obra editada pola FRUGA co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Ler mais