Asamblea de Afectad@s da ZEPA na límia: o Pp empeña-se en dificultar a actividade agro-gandeira na comarca, e cambia radicalmente de postura logo de acadar o poder na Xunta.
O dia 2 de Dezembro a FRUGA celebrou o seu primeiro acto público tras a sua constitución, perante unha asamblea de afectad@s pola ZEPA da Límia, constituida por algo mais de 300 persoas. Apenas unhas semanas despois votouse a proposición non de Lei no Parlamento de Galiza sobre a derogación do Decreto de declración Zona Especial de Protección de Aves na Limia (ZEPA).
Ao respeito da resolución adoptada no Parlamento Galego a Federación Rural Galega (FRUGA) quere facer as seguintes consideracions:
- Entendemos que non se pode impor un Decreto que restrinxe as actividades agrogandeiras dunha comarca economicamente tan relevante no contexto da provincia de Ourense como a Limia.
- Se hai un mes se acepta por unanimidade dos grupos representados no Parlamento Galego o acordo de falar con todos os afectados/as antes da publicación do Decreto é polo que non se comprende a urxencia lexislativa ao respecto. No día de hoxe, que se pudo ter solventado a situación, o Grupo Parlamentario do Partido Popular vota en contra dos intereses dos labregos/as da comarca e o grupo do PSOE desinhibirse na mesma liña, o que permite manter en vigor o dito Decreto coas consecuencias que isto vai a ter sobre a realidade agropecuaria da Comarca.
- A postura adoptada polo Partido Popular no Parlamento Galego entra agora aparentemente en contradición co manifestado ao respecto polos seus alcaldes na Comarca da Limia e se non é así entendemos que o PP enganou á cidadanía, pódese interpretar que o apoio expreso e manifesto ás anteriores movilizacions contra a publicación do Decreto supuñan unha mera instrumentalización eleitoralista.
A FRUGA segue mantendo que o Decreto ZEPA debe ser derogado para volta a dialogar coas partes e así consensuar antes o necesario Plan de Usos e Aproveitamentos. Ante a negativa do Partido do Grupo do Goberno, PP, de non derogar o Decreto, FRUGA seguirá en favor da movilización social e ao mesmo tempo esta estudiando a presentación dun contencioso contra o dito Decreto xa que isto ofrece desde o noso punto de vista moitas incertezas para o futuro agropecuario da comarca.