FRUGA AFIRMA QUE O CACIQUISMO PARTIDISTA SE INSTALA NA CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
A Conselleria do PP torpedea o Grupo Lácteo Galego, de novo volve aplicar a vella receita que utilizou Fraga con LARSA.
FRUGA vaticina unha operación similar coa planta de PULEVA en Lugo.
Recentemente coñeceu-se a noticia de que o propietario da planta transformadora de leite ubicada en Outeiro de Rei, pertencente ao “Grupo Leche Pascual”, decantou-se por conceder, en rexime de aluguer con opción de compra, dita planta a unha presunta sociedade, chamada “Alimentos Lácteos”, liderada pola cooperativa “La Arzuana” e da que tamén fan parte outras catro cooperativas.
Para FRUGA o primeiro que chama a atención desta decisión é que se opta pola oferta mais debil de todas as que sairon á luz, ademais de ser coñecidas, por todo o mundo no sector, as dificuldates de liquidez que arrastran estas cooperativas, especialmente “La Arzuana” e “Perpetuo Socorro”, que por outra parte, na practica, son a mesma cooperativa, xá que a primeira dedica-se a recollida de leite e a segunda a vender a alimentación que consumen as vacas que dan o leite que recolle a primeira.
Resulta mais que chamativo par FRUGA que os directivos da maioría destas cooperativas sexan destacados militantes do PP. O presidente da cooperativa, que presuntamente, lidera a operación é o teniente-alcalde (alcalde na sombra) do concello de Touro e por outra parte home de Romay Beccaría. Ligado a todo esto hai que lembrar que a decisión toma-se despois dunha entrevista do Sr. Conselleiro co Sr. Tomas Pascual un dia antes de se dar a coñecer a noticia, cando parece ser que xá existía un preacordo asinado entre a opción liderada por FEIRACO e “Leche Pascual”.
É de destacar que o designado como xerente da sociedade receptora da planta é unha persoa que estivo ligada ao holding de empresas “Nueva Rumasa”. Non se debe esquencer, e resulta sospeitoso, que este holding tamén optaba a facer-se con esta planta. Desconfiamos que volva a pasar agora o que xá pasou no seu momento con LARSA, entregada ao capital frances contra dos intereses do sector lácteo galego, e que a planta de Outeiro acabe caendo nas maos de “Nueva Rumasa” previo paso pola sociedade “Alimentos Lácteos”, en detrimento da proposta apresentada pola maioría das cooperativas galegas e que poderia constituir o núcleo base do tan ansiado e necesitado Grupo Lacteo Galego.
Con todos estes datos, e alguns mais que teñen saído publicamente, podemos concluir que o Sr. Conselleiro actou de intermediario entre as cooperativas ligadas ao PP e o propietario da planta de Outeiro de Rei, que actuou de parte para favorecer os interses partidarios de certos sectores do PP, e por último que esta operación ainda non está pechada e a planta ainda pode acabar en maos de empresarios alleos a Galiza. Para FRUGA a política da Conselleria só se pode definir como caciquil, anti-galega e anti-sectorial.