Viño

CURSO DE VITICULTURA NO BAIXO MIÑO:

A FRUGA APOSTA POLA FORMACIÓN DE CALIDADE

O Rosal, Decembro de 2009

O pasado sábado día 12 de Decembro tivo lugar unha xornada práctica formativa con
viticultores do Baixo Miño, Condado e Bueu, tomando como exemplo práctico os viñedos de Joaquin Álvarez Martínez “QUIN” en Goian e a finca das Eiras da Adega Terras Gauda foron analizadas diversas técnicas de poda, conducción e atado de videiras, para dita tarefa contouse coa participación do enxeñeiro da EVEGA (Estación de Viticultura e Enología de Galicia) Francisco Rego Martínez que na sua condición de técnico, investigador e divulgador atesoura mais de 30 anos de experiencia en viticultura.
Dende moi cedo, xa que a climatoloxía era inmellorable, foise a un
viñedo situado na mesma ribeira miñota de Goian onde co propio
propietario Joaquin Álvarez, que é todo un alma mater da viticultura na subzona do Rosal, e a presencia oportuna de outro viticultor de grande experiencia nas Rias Baixas como Antonio Álvarez, titular da finca Morgadío de Crecente  na subzona do Condado, entre corte e corte da tesoura de Francisco Rego foise analizando a razón das solucions adoptadas no viñedo, así como unha mala poda condiciona o potencial productivo das videiras.
Francisco Rego resaltou a singularidade das conduccions adoptadas nesta comarca do Rosal onde se ten que conciliar unha viticultura de alto vigor e unha alta calidade que demandan os mercados, así foron
analizadas as estructuras de cordón alto co sistema de “torna e vara”
que o mais común nesta zona miñota. Francisco Rego apuntou que deberian ser implantados fincas de experimentación na zona para analizar outros sistemas como os clásicos cordons baixos ou en espaldeira, ou como xa se ten ensaiado en Portugal o sistama “Lis”.

Tanto Joaquin Alvarez e Antonio Alvarez comentaron os problemas
derivados da disponibilidade de viticultores debidamente adestrados, a
disponibilidade de tempo e a remuneración da producción por parte das
adegas elaboradoras, a consecuencia é que non sempre o mellor é posible, fundamentalmente a poda debe asegurar a sostenibilidade no tempo da producción frente a tentación de obter altos rendementos a curto prazo.

Posteriormente a comitiva de viticultores trasladouse a Finca d’As Eiras
en Terras Gauda onde se contou coa presencia da Técnica Responsable do viñedo Rosa Mª Miguez, neste caso as conduccions analizadas eran diferentes, o viñedo esta en doble cortina con sistema Guyot, de “torna e vara” e Sylvoz.
Neste caso foi discutido as alternativas técnicas que se tiveron que por
en marcha neste emblemático viñedo, como un didáctico exercicio teórico, tamén foron formuladas posibilidades de futuro.

Esta xornada técnica esta encadrada nun Curso sobre Fertilización e poda na viña que se esta impartindo no Centro Social de S. Miguel de Tabagon (O ROSAL) asistindo  25 persoas  no que se  impartiran 30 horas totais de curso, este mesmo curso se imparte  en Bueu tamen pola  CIG-FORGA, e que tamén supuxo o comenzo das actividades por parte da recen creada Asociación Galega de Viticultura que esta integrada na Federación Rural Galega FRUGA.

Todas as novas do sector do viño