A FRUGA exixe da Xunta a inmediata paraIización do XXV campionato galego de caza do raposo que se vai celebrar este fin de semana

Terá lugar en áreas afectadas pola proliferación da rata teupa (Arvicola terrestris), animal que tería estragado perto de 1700ha de terreo agrario, e das que o raposo é precisamente o seu principal predador.

Compostela, 16 de xaneiro de 2020.- Este vindeiro sábado 18 terá lugar o XXV Campionato Galego de caza do raposo, organizado pola Federación Galega de Caza, e que se pensa celebrar na zona do Iribio, concretamente entre os concellos de Triacastela e Láncara. Así aparece recollido na publicidade do memo emitida desde a Federación que aglutina ao groso dos cazadores da Galiza.

Ler mais