A AGV no Festigal 2011

Posto da AGV no Festigal

No día da Patria en Compostela a AGV participou no Festigal 2011 nun posto incluído no stand da FRUGA onde se deu a coñecer a Campaña de Promoción dos Viños Galegos “Beber do País” coa instalación dunha viñoteca na Carballeira de San Lourenzo xunto aos postos de restauración e bebidas. Foi así que se puxo a andar un experimento sobre a receptividade dos asistentes ao evento ante a posibilidade de levar un bó viño e a bó prezo (entre 8-13 € a botella). Puxéronse 17 referencias das 5 DOs galegas e a IXP Viños da Terra de Barbanza, e o éxito ampliou as nosas expectativas, xa que se venderon máis de 150 botellas. Aproveitouse tamén para expor material didáctico e de divulgación das actividades da AGV e a FRUGA e tamén o lanzamento da camisola co Carrabouxo da Campaña Beber do País, tamén se contou coa participación das “Galeguesas” feitas a base de carne de vacún da Facenda O Agro  na Comarda da Baixa Limia. Durante todo o 25 foron numerosísimas as persoas que se achegaron e conversaron connosco diante dun botella ou cun chupito de “licor-cafe”, e xa case na noite acabou o día e acabou a romería.

Viños ofertados no posto da AGV

 

Servíndose un Godello Valdeorras. Xurxo Álvarez, Presidente da FRUGA co Deputado Fernando Blanco e o Senador Xosé Manuel Bouza.

 

Mulleres tomando un viño. A camisola do Carrabouxo.
Practicando maridaxe de Ribeiro e Polbo. A xente ateigando o posto na tarde.
E que non falte viño!
Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter