A AGV no painel de cata Rías Baixas nos Premios Gallaecia 2011

Edgar Perassi, Sumiller do Restaurante "Culler de Pao" en Sanxenxo.

A AGV foi convidada por parte da Asociación de Sumilleres Gallaecia, nomeadamente Xosé Manuel González Vilas que xunto a outros 14 catadores, entre os que se atopaba Mercedes González, Presidenta da Asociación Gallaecia, participaron na valoración de 89 viños da DO Rías Baixas.  Tal evento tivo lugar o 26 de xullo no emblemático Pazo de Mugártegui que é a sede da DO Rías Baixas.

Entre os catadores estiveron persoas da hostelería, consellos reguladores, consultoras enolóxicas, etc. Poderiamos sinalar a Jorge Mazaira do Consello Regulador DO Valdeorras, Felicísimo Pereira de ENOAVIA, Juan Carlos Liste de Canal Hostelería, Edgar Perassi (Sumiller do Restaurante Culler de Pao en Sanxexo), Pablo Franco, Técnico da DO Bierzo… entre outros máis.

O painel se dividiu en dous grupos que cataron 45 e 44 viños respectivamente, deles un tinto, e tiveron sobre duas horas e media para facer as valoracións entre excelente, moi, bo, regular, deficiente, dentro dunha escala de 0-100, onde o promedio dos viños con boa valoración vai enrriba dos 80 puntos para iso se utiliza a ficha OIV. Desta cata sairan os viños finalistas para unha cata a celebrar en datas posteriores.  As partes a avaliar dentro das fases visual, aromática e gustativa  teñen a ver coa intensidade, aspecto, cor, persistencia, calidade, franqueza (tipicidade)  e harmonía. Tamén salientar o anovamento da páxina web da Asociación Gallaecia que podedes consultar. En xeral houbo unha certa igualdade no que ao reparto de virtudes de viños moi bós  aínda que se poido notar algunha tendencia aos toques doces nalgúnhas elaboracións. Destacou algun viño con elaboración especial en barrica que foi do agrado de todos.

Ficha tipo de Cata da OIV

Páxina web de Gallaecia

Dossier de prensa:

Vino Gallego

Voz de Galicia

Blog de Vinos

Noticias Galicia

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter