As covas de Vilamartín e outras festas “báquicas”

Cartaz de "a pequena", evento que antecede á Festa das Covas do sabado

 

A AGV inicia un percurso real polas “outras” festas do viño que aínda que están fora do circuito oficial de eventos de exaltación das zonas incluídas  nas Denominacións de Orixe ou IXP de Viños de Terra, como dicíamos  que non sedo “oficiais” non deixan de ter un significado no que supón tradición e historia ancestral do cultivo das vides e a elaboración do viño, e como non todo moi ben ambientado para unha festividade colectiva e complice do momento, por iso as alcumamos como “báquicas”. Temos este sábado día 6 a “XV Festa das Covas de Vilamartín en Valdeorras”, para a semana seguínte o día sabado día 13 a “Festa das Adegas da Amistade Arraiana” de Mandín (Verín). Este percurso imaxinario se completaría coa “Festa do Tinto de Cabanelas” (O Carballiño), a “Festa do Tinto de Cenlle” (Ribeiro), “A Carrada do Viño” (Verín), o “Camiño das Covas no Castro” (O Barco de Valdeorras), A “Festa das Covas” en Seadur (Larouco), a “Festa do Viño” en Negueira de Muñiz (Lugo), a “Festa da Vendima en Leiro (Ribeiro)” e moitas máis que se poderían citar, e sen incluír romaxes ou eventos de tal tipo onde o viño en certa maneira amosa unha centralidade na socialización festeira.

Fotos da "Festa das Adegas 2010" en Mandín

Mellor que non volo conten e veñades, e se nón a AGV volo contará.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter