Na VI Feira do Viño de Monterrei

Amadeo Salgado servindo Souto do Rei. Alfonso Fernández, viticultor de Albarellos, Puri Caldelas, Coordenadora da AGV en Monterrei e Manuel Blanco, Xerente de Tapias Mariñan.
Na esquerda Antonio Méndez, Presidente do Consello Regulador da DO Monterrei. NA dereita  nos extremos José Luís de Casto Lobarzán e Purificación Caldelas
Na esquerda Antonio Méndez, Presidente do Consello Regulador da DO Monterrei xunto a Amadeo Salgado de Pazo de Valdeoconde. Na dereita Puri Caldelas con José Luís Vilela de Ladairo co Ladairo Tinto Barrica

Moito cambiaron as cousas por estos lares, hai 10 anos pouco máis de dunha media ducia de adegas tiraban desta Denominación, e nin Feira tiña, difícil era atopar algunha botella de Monterrei nas cartas da nosa hostalaría, aínda así non dubidabamos o máis mínimo do potencial que atesouraba a comarca tributaria do Támega  e por tanto do Douro , por condicións, terras, saber facer, só se precisaba dun certo ánimo e para adiante. Na VI Feira do Viño xa se puido ver iso e como sempre se dí o mellor esta por chegar.

Vista da Feira. Na dereita nos extremos José Manuel Fernández de Castro de Lobarzán e Puri Caldelas.

Non faltaron os clásicos como Ladairo e Gargalo, tamén houbo recen “chegados” como  Adegas Tabú, Pazo Valdeconde, Tapias Mariñan,etc. As tendencias nas elaboracións asentan os viños polivarietais como brancos con Treixadura-Godello e en tintos Mencía-Tempranillo ou a Arauxa, que aínda precisa de máis arroupe e multiplicación para situar esta caste en primeira liña, desto teremos tempo de falar máis adiante. Sobre a previsión da vendima, en palabras de Cristobo Boo, Técnico, Viticultor e Elaborador do Fragas do Lecer comenta que vai ser moi complicada, con maduracións dispares entre parcelas e cepas, “a sequeira esta complicando todo”.

Novos Señores da Raia, Amadeo Salgado co Souto do Rei, Isaac Dobarrío cos Stibadia e Toño Triay co Triay
Outros elaboradores: Manuel Guerra de Viña Arxentea e Eladio Fernández co Galván

Tamén se aproveitou a Feira para presentar a Coordenadora da AGV en Monterrei, Purificación Caldelas, Enxeñeira Agrícola, natural de Castrelo de Val e que ten un amplio coñecemento destas terras, tamén non debemos esquecer o traballo de Amadeo Salgado, vocal do Consello Regulador da DO Monterrei e Afonso Fernández viticultor de Albarellos (Monterrei) que retornou da Xermania para plantar cepas na súa parroquia viñateira. Entre as previsións das actividades da AGV é realizar un curso de Cata en Outono e programar novas accións de apoio a proxección e comercialización das marcas da DO. Dicir finalmente que a asistencia de público foi fantástica, a pesares do calor arraiano houbo moito movemento xa desde o sábado a tarde, cando a inauguración, polo que se vé esta DO xa non é noviña e pode con orgullo ensinar o bó que ten e que temos de saborear entre todos/as. Tamén aproveitamos para colgar a ligazón no noso blog Vinos de Monterrei” de Javier Rodríguez González.

Cristobo Boo servindo o Fragas do Lecer. Na Dereita, Fiti, Mateo, pai de José Luís Mateo da Quinta de Muradella con Puri

 

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario