Falando con Luis Anxo Rodríguez e o novo Regulamento no Ribeiro

Luis Anxo Rodríguez Presidente do Consello Regulador da DO Ribeiro

Falamos de varias temas con Luis Anxo Rodríguez, colleiteiro do Ribeiro e Presidente do Consello Regulador da Denominación. Asumiu o reto no ano 2008 de levar cambios no xeito de facer cousas que apenas se  actualizaron desde a orixe da Denominación, como é un novo regulamento que xa foi aprobado o pasado 18 de xullo por amplia maioría.

AGV: Que consecuencias terá para a Denominación este novo Regulamento que se aprobou?

LUIS ANXO: Hai como varias cuestións básicas: A inclusión de novas variedades como o Lado e e Caiño Branco, definindo como preferentes exclusivamente a todas as castes autóctonas frente as outras como autorizadas (Palomino, Albilla, etc); A correción dos rendementos máximos que había antes e que darán unha mensaxe positiva á opinión pública, ter en conta que tiñamos os rendementos autorizados máis altos de España; Novos tipos de viños como escumosos e viños en barrica e que se suman aos brancos e tintos con mención de castes autóctonas, brancos e tintos sen mención de castes autóctonas, e viños tostados; A nova regulación do etiquetado que será máis estricta na verificación da información  que aparece na  botella e así evitar confusións ao consumidor/a; E finalmente o novo deseño no Organo de Control que conta con atribucións e funcións indepedentes e na que participarán todos os operadores.

AGV: Moitos cambios necesarios

LUIS ANXO: Efectivamente, ao final é homologarnos a outras denominacions con regulamentos vixentes e os novos procedementos institucionais.

AGV: Como valoras o apoio recibido por parte dos integrantes do Pleno do Consello Regulador.

LUIS ANXO: Ao final había a sensación de que istes cambios eran tan evidentes que as pequenas e lóxicas discordancias quedaron aparte. Non podiamos ter un Regulamento de hai 50 anos coas actuais esixencias que nos estamos poñendo cara a calidade. E un regulamento do que ninguén se pode sentir fora e supón unha mellora para todos con indepencia de que haxa algún punto concreto non que non se poida estar de acordo. E un avance cara a calidade e por tanto un beneficio para todos.

AGV: Cando se porá en vigor este novo regulamento?

LUIS ANXO: Estamos pendentes da súa publicación no DOG. Canto antes mellor.

AGV: Falabas antes da opinión pública, xa que o que tiñamos antes causaba confusión?

LUIS ANXO: Non podíamos ter credibilidade se non adoptabamos unhas normas moi estrictas en consonancia co que publicitamos no mercado, “iso se caía” xa que a xente se extrañaba, así non era posible seguir mantendo o status de “viño de alta calidade”. A función de promocionar ten que ir coa de controlar.

AGV: Despois de 4 anos na Presidencia do Consello Regulador queda moito do que tiñas pensado facer?.

LUIS ANXO: Abriuse un proceso que non esta cerrado, hai que seguir mellorando nos mecanismos de control con máis medios, máis colaboración e maís mentalización. Esta melloras nos teñen que levar no longo prazo á mellora das nosas rendas. Ter en conta que dar a coñecer os nosos viños en España e o mundo é unha tarefa lenta, o mellor estivo no ámbito da produción pero hai que seguir.

AGV: Falas de dar a coñecer os viños en tempos de fortes recortes.

LUIS ANXO: Se se detraeron diñeiro das subvencións temos que revisar a política de cotas aos adegueiros e viticultores, xa que están voluntariamente na Denominación e hai que contribuir en función da superficie e os quilos de uva. Teremos lóxicamente que revisar á alza os ingresos por contraetiquetas. E no que respecta a gastos hai que restrinxir ou eliminar cousas importantes pero que non son fundamentais e quedar co máis rendible.

AGV: Que máis cousas pides da Administración?

LUIS ANXO: O Rexistro Vitícola é básico, o que temos ten moitos fallos e o Consello Regulador non pode arranxar outro que este ben feito, “caéseche os ánimos”, xa que é un instrumento fundamental que debe acometer a Xunta de Galicia, hai que actualizalo.

AGV: Un balance.

LUIS ANXO: Unha sensación misturada de certa satisfación e outra de que isto ten que continuar, sen autocomplacencia, queda moito, moito, nada esta acabado.

 

Principais novidades do novo Regulamento da Denominación de Orixe Ribeiro e seu Consello Regulador

– O Manuel de Calide recollerá as normas relativas ao proceso de control e certificación e que será aprobado pola Consellería de Medio Rural a proposta do Consello Regulador

– As variedades de uva prefererentes son para as brancas: Treixadura, Torrontés, Godello, Lado, Albariño, Loureira e Caiño Branco; Para as preferentes tintas: Caiño Tinto, Caiño Longo, Caiño Bravo, Sousón, Ferrón, Brancellao e Mencía.

O Caíño Branco e o Lado entran no Regulamento do Ribeiro

– A densidade mínima das plantacións é de 3000 plantas/ha.

– A condución e poda poderá ser en Guyot, Cordón, Vaso alto Tradicional ou a Cotón.

– Non se permitirá a utilización de organismos tranxénicos.

– As produción máximas quedan en trece mil quilos por hectárea en variedades brancas preferentes e doce mil quilos por hectárea en variedades tintas preferentes.  Queda en dezanove mil quilos por hectárea para as variedades autorizadas.

– O rendemento en mosto das uvas de variedades preferentes queda en 72 litros por 100 quilos de uva.

– O tostado se obterá por sobremaduración das uvas por pasificación en condicións de ventilación natural. O mosto terá un mínimo de 350 gramos por litro e o rendemento máximo é de 40 litros por 100 quilos de uva pasa. Tras a maduración o viño pasará a maduración en cubas de carballo ou cerdeira durante un mínimo de 6 meses (incluíndo fermentación) e logo 3 un mínimo de 3 meses en botella.

– Haberá viños brancos e tintos con mención de variedades preferentes na etiquetaxe.  Seran elaborados exclusivamente con variedades preferetnes e cun grado mínimo de 11º

– Viños brancos e tintos que non mencionen as variedades preferentes na etiquetaxe. Poderan ser elaborados con variedades preferentes, prerentes ou a mistura delas cun grado mínimo de 9,5º.

– Viños con Barrica: en caquera momento da elaboración teñen que estar contidos na barrica un mínimo de tres meses nos brancos e seis meses nos tintos, exclusivamente con variedades preferentes e cun grado mínimo de 12º.

– Viños Escumosos: Elaborados con  variedades preferentes co método tradiconal , nos seus tipos Brut e Brut Nature.

– Haberá un rexistro de viñas, adegas e locais de pasificiación.

– O pleno do Consello Regulador esta constituído por : 4 vogais en representación dos viticultores non cooperativistas ou adegueiro, os que teñen máis dunha hectárea teñen un representante e o resto  tres; 4 vogais por parte do sector elaborador excepto as cooperativas e adegas de coleiteiro, as adegas cunha produción media inferior ao 3% da DO (media dos últimos 3 anos) terán dous vogais e as adegas cunha produción maior corresponde 2 vogais; 4 vogais por parte dos viticultores cooperativistas; 1 vogal en representación das adegas de colleiteiro.

– Haberá un Organo de Control  que é autónomo con respecto administración do Consello Regulador e que constará dun Comité de Certificación e Calidade, un Director Técnico, Vedores e persoal técnico, e un Comité de Control de Calidade Organoeléptica.

– O Comité de Certificación e Calidade estará composto por representantes dos sectores de viticultores, adegas, cooperativas, colleiteiros/as, representantes da administración, sector comercializador e asociacións de consumidores/as.

– As precintas do Consello Regulador será diferentes alomenos para viños branco e tinto.

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario