Curso de Cata de Viños en Melide

José Luís Fernández

Tras a vemdima recomezamos a andaina de Cursos de Cata, e temos xa programados 8 ata fins de ano dentro da oferta de CIG-FORGA, e anunciamos un en especial en Melide, que coa colaboración da Casa Alongos, en especial da súa responsable Conchi Casares, e o Concello de Melide que nos cede o uso do Centro Multiusos,  podremos difundir os nosos viños nun punto importante do Camiño de Santiago e que sempre destacou polo consumo vínico ao ser un sitio tradicional de polbeiras e churrasquerías. O curso vai ser impartido por José Luís Fernández, experto enotécnico e elaborador do Ribeiro e que xa ten participado en outros eventos da AGV. O curso se divide en iniciación, viños brancos e viños tintos, hai unh avaliación final teórica e práctica, en xeral seran catados sobre 18 viños das diferentes DO galegas e que pertencen a adegas da AGV.  Temos que falar tamén da Casa Alongos e o que representa na difusión dos viños galegos, esta empresa familiar nace no ano 1952, comercializando daquela viño do Ribeiro, a partires da que foron acollendo novas referencias relacionada co mundo

Centro Multiusos de Melide

ecolóxico, como outros viños galegos con Denominación de Orixe: Ribeira Sacra, Valdeorras e Rías Baixas; legumes ecolóxicas, conservas vexetais, zumes ecolóxicos e infusións.  Casa Alongos non só vende productos ecolóxicos, senón que tamén difunde un siste

Conchi Casares

ma de consumo responsable, baseado nun compromiso co entorno no que vive, actuando como dinamizador de produtores e consumidores, non existindo máis intermediarios que encarezan o produto.

Froito do anterior foi a organización dun evento especial no que foi convidada a AGV, que foron os “Viños y Sentidos 2011”, e que tiveron lugar o pasado 6 de xuño nas instalacións de Casa Alongos, foron degustados unha escolma de viños do país, e tamén unha degustación de creacións gastrónomícas de vangarda con Mónica Novas, e o acompañamento musical de Cardigan Bridge. Participou no evento entre outros Roberto Rivas como Presidente da AGV, Todd Blomberg como afamado viticultor ecolóxico do Salnés e Roberto Regal que é enólogo e viticultor da Ribeira Sacra.

Momentos do "Vinos y Sentidos 2011"

Video do programa  A Solaina que falou do evento e onde aparece Roberto Rivas, Presidente da AGV.

 

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario