Visita de viñateiros da zona de Catoira, Valga e Pontecesures, como remate a un programa de xornada técnicas para avaliar as posibilidades de desenvolver a elaboración de viños de calidade na zona co GDR Umia-Ulla-Lérez e a AGV, Monterrei é unha zona moi diferente á bisbarra arousana, o que é interesante e ver que esta DO que naceu no 93 despois de varios titubeos e o fracaso do cooperativismo dos anos 60, foi capáz de ir superando os diferente complexos que limitaban o progreso económico e empresarial, nisto si que a DO Monterrei é un exemplo coas súas máis de 25 adegas que elaboran viños xa recoñecidos mesmo na esfera internacional.
No incio das visitas, organizadas pola coordenadora da AGV en Monterrei, Puri Caldelas, comezamos coa Adega Pazo de Mariñán, situada no lugar e Pazos en Verín, que xa tivemos oportunidade de coñecer anteriormente, outra vez do seu incansable xestor, Manolo Blanco, comentando as súas orixes na Alemaña onde naceu, na cidade de Franckfort, e con vencellos na veciña Laza, para despois de anos de experiencia comercial fundar a adega presente con máis de 20 has de viñedo con castes autóctonas, iso despois de xuntar 200 escrituras e unha vixe a Roma, estamos no corazón de Monterrei, o Albariño e Godello destacancan pero para “miña preferencia a Treixadura”, o mercado do viño noso aínda non está en crise, non damos atendido os pedidos, mesmo de lugares como Arabia Saudí. 2Na nosa empresa non quero xente negativa no meu lado, como Van Gaal sempre positivo”. Case todo o noso viño vai por pedidos por e-mail, logo temos comerciais a comisión. “Sobre as castes a Treixadura ten unha atención especial, ten o problema do corrimento da flor, e non me pudre, o albariño ten máis custes na vendima, se a Treixadura un vendimador trae 1000 quilos por día, no albariño non pasamos de 300. Na terra labramos con 3-4 aradas combinando ganchos, fresa e grada, desde xullo a marzo deixamos a terra en paz. Os nosos viños están na exportación, non podemos admitir fallos e as botellas conteñen un viño sen posibilidades de evolución microbiana, como esterilizados, por iso se pasan os viños por filtros de placas onde quedan as borras e logo de terras, con diatomeas, para finalmente someter o viño a 2º. A elaboración dos tintos demanda moito osíxeno, o problema está nesa reducción que pode chegar a cheirar a podre, traballamos con remontados e microosixenación que controla o enólogo Alvaro Bueno, sobre o uso de barricas prefiro o carballo húngaro, osixena máis de vagar, o carballo americano é máis rápido. Hai unha tendencia nos viños con toque a madeira, eu cambio as barricas cada 3 anos, que de 700 euros pasan a 50″. Despois das explicacións pasamos a probar os viños como o Godello-Treixadura na sala de catas e nas que Manolo e unha colaboradora despachaban con orgullo e sorriso os estuches de viño que demandaron os visitantes.
Pasamos logo ai pobo viñateiro de Vilaza, despois de pasar por Albarellos, a ver a adega familiar de Manuel Guerra, coa marca Vía Arxentea, estaba o seu irmao Basilio e compaña da antropóloga e investigadora Susana de la Gala, colaboradora da AGV. Fumos a viña que tiñan perto coas cepas de Godello e Treixadura, que combinan á metade no viño, “estamos preparando un tinto con castes de Caíño, Brancellao e Sousón que plantamos hai pouco” para poucas botellas. Na viña recén labrada, sen usar a fresa, andaban na “marfolla” que é operación de retirar gromos e folleiros que están de máis, por cade virote (ou cotón) só deixamos dúas varas fructíferas e non máis. Nas sulfatas entre 4-6 voltas, coas necesarias aplicacións de xofre. Na adega das que saen 20.000 botellas puidemos degustar en bo ambiente o viño.
Despois dun xantar na Cortiña no pobo de Pepín en Castrelo de Val, no que xa estivemos noutra ocasión, fumos a visitar a un clásico da comarca, un monumento vivinte ao xeito dos xaponeses, que é José Luís Vaz Vilela, creador da adega Ladairo no Rosal en Oimbra. Adega que atesoura xa unha chea de premios e distincións que case cubren todas as paredes da ampla sala de catas. A tradición destes viños en palabras de José Luís, xa ven desde a época do meu abo, viñan de Padrón uns comerciantes a probar viños por toda a comarca e cando remataban no noso lugar quedaban encantados e pagaban máis que calquera outro. Jose Luís pouco falou da elaboración, a chave está na terra bermella de arxila e pedra que dá ese potencian nos viños tintos, e tamén nos brancos. A finca xa foi visitada polo propietario de Vega Sicilia, apreciando esa combinación única no terroir, José Luís é un convencido dos viños envellecidos en madeira, iso si, coas nosas castes galegas, as probas con syrah ou outras uvas famosas non dan o que procuramos. “Temos que repartir os pedidos, sobre todo co tinto barrica”, pois logo de probar o Mencía Ladairo nos despedimos todos e co boa sensación de ter visto tres adegas diferentes pero cun bo traballo por detrás: a puxanza técnica e comercial na primeira, a adicación familiar e artesán da segunda e a tradición e experiencia da terceira.