Crónicas dunha Xornada Incrible de Gastrosexoloxía na adega de Alan de Val

Monica Novas xunto a Joaquín Sánchez na Adega ALAN. Manu Sánchez

Crónica de Manu Sánchez. O pasado venres 11 de Maio tivo lugar a tan esperada sesión de Gastrosexoloxía na adega Alan de Val. O evento foi dirixido pola sexóloga Mónica Novas e polo bicampeón de Baristas profesionais de Galicia Oscar de Toro. As actividades deron comezo no transcurso da tarde alongándose a xornada ata despois da media noite nun evento cheo de emocións, sorpresas e sensacións.

A sesión foi guiada por Mónica Novas, que expuxo aos asistentes os fundamentos desta doutrina e os suxestivos videos entorno a ela; cores, texturas e sabores asociados a recordos de infancia, os bos momentos e os mecanismos fisiolóxicos e cerebrais que se desencadean a través das nosas propias endorfinas.

Os comensais tiveron a ocasión de ir degustando e experimentado os diversos pratos preparados por Mónica e nos que estiveron presentes os contrastes e os xogos de sabores. Todo iso á vez que se daba detallada explicación en cada un deles e acompañados polos distintos viños da adega.

Suxestión. Manu Sánchez

O momento cumio chegou coa Empanada de Costela, que explicado pola propia Mónica suxire un momento de erotismo polo xeito de comela xa que é necesario abrila antes de levala á boca.Tamén causo entre os participantes un momento especial de intriga cando experimentaron cos ollos vendados a conxunción de sabores formulado por Mónica e que debían de adiviñar.

A gañadora do xogo foi obsequiada co prezado mandil de gastrosexoloxía. Dando continuidade á presentación de Mónica Novas se dió paso a Oscar de Toro, Barista profesional e dúas veces campión dos Baristas de Galicia así como numerosas veces finalista nos campionatos nacionais onde ocupa os primeiros postos desta doutrina que está baseada no café e nos seus combinados máis diversos. Para esta ocasión especial Oscar presentou unha “arriscada” creación baseada nun blended con Mencía da adega que asombrou pola disparidade da súa formulación. O combinado, e a súa integración con nata emulsionada en carbónico, permitiron gozar da arte compositivo de Oscar en torno ao café.

Requeixo con castaña. Oscar e o café. Empada de costrela. Os viños de ALAN. Manu Sánchez
Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario