A AGV participa na Emoción dos Viños 2ª edición e no SALIMAT 2012

Desde aquela visita que se fixo na Emoción dos Viños, case coincidindo co aniversario do noso blog e da inauguración da sede de Ribadavia voltamos, nesta vez desde a presencia no evento cos viños especiais que elaboramos nas zonas de Negueira de Muñiz e Catoira na ribeira arousán. Tamén estará a AGV coa presencia de 10 adegas no Salón de Alimentación do Atlántico, certame asociado á celebración da Semana Verde na Feira Internacional de Galicia en Silleda. Por partes, en Tui a Asociación Galega de Sumilleres AGASU, celebrou o ano pasado por estas datas unha excepcional mostra de adegas e marcas da gama de autoría de diferenciación, lóxicamente non se pode pretender estar todos-as os que pensamos estarían, pero os que están teñen consolidado un recoñecemento. Ribeiras de prestixo como o Salnés, Condado do Tea, Amandi, Val do Támega, Terras do Bolo, Ribeiros do Avia e Arnoia, etc. etc.; as nosas castes manexadas e castigadas ata os límites dunha expresión inacabada, mesmo en abas que aseguran quentura máxima en longas maduracións que se tornan angustiantes entre xabrego, pedra xista e arxila, en definitiva o triunfo do terroir. A AGV leva algunha sorpresa xa coñecida, como foi a das elaboracións especiais do Val do Navia, levadas polo profesor Antonio Meixide e que xa foron catadas en Negueira de Muñiz e Valga con valoracións inesperadas, neste caso destaca a branca lexítima, ou branca do país, o albarín blanco dos asturianos, tamén chamada raposo no Barbanza ou temperá na Baixa Limia, e que tamén está perdida nos socalcos de Lobios nas terras de Amandi. Desta variedade xa temos falado moito e seguiremos falando, aporta un perfil aromático novedoso para o coñecemento común e que co favor das súas maduracións de cedo acabará ocupando un lugar distinguido coa constelación de brancas da antiga Gallaecia.

No Salón Salimat que vai pola súa 16 edición se presentan elaboración de 10 adegas nas que están o Grupo Bouciña de Vilanova de Arousa (Rías Baixas) co Pazo da Bouciña, Boo Rivero de Motnerrei co Fragas de Lecer, Vitivinícola Arousana de Meaño (Rías Baixas) co Paco & Lola, Pazo de Valdeconde de Verín (Monterrei) co Souto do Rei, Roberto Regal autor do Toalde na Ribeira Sacra, Tapias Mariñán co Pazo Mariñan, Entreosrios da Pobra de Caramiñal (Barbanza-Iria), a primicia de Manuel Cancio co Panchín de Negueira de Muñiz, Adegas Abeledos de Verín co Abeledos e ALAN de A Rúa (Valderras) cos Alan de Val entre outros. Estos eventos nos anuncian un próximo que teremos na capital ourensana na que cos amigos da AGASU organizaremos en Ourense, haberá agradables novidades e algunn sorpresa…

Print Friendly, PDF & Email
  • email
  • Meneame
  • Chuza
  • Facebook
  • LinkedIn
  • Twitter

Deixa un comentario